As nosas pelis

domingo, 6 de abril de 2008

"Leni Riefenstahl: El triunfo de la voluntad (1934) / Olympiada (1938)" de Leni Riefenstahl

Leni Riefenstahl é unha das cineastas europeas máis importantes por ser a creadora de varias obras tecnicamente xeniais. Estas dúas obras son as máis importantes, espectaculares e rozan case a perfección técnica a pesar da súa temática.
"El triunfo de la voluntad" (1934) é unha película propagandista nazi sobre o congreso do Partido Nacionalsocialista en 1934 en Núremberg que trata sobre o retorno de Alemania á categoría de potencia mundial, con Hitler como unha especie de mesías que devolverá a gloria á nación. As técnicas utilizadas por Riefenstahl (cámaras en movemento, uso de teleobxectivos para crear una perspectiva distorsionada, fotografía aérea e un revolucionario enfoque no uso da música e a cinematografía), elevaron este film á categoría de documental político artístico mellor consumado na historia do cine.
"Olimpiada" (1938) reflicte a exaltación do ideal da raza nos Xogos Olímpicos de 1936 e, ao igual que a anterior, sorprende tecnicamente polos seus planos, enfoques e encadres, polo conxunto da montaxe, polo acople da banda sonora...
Riefenstahl gañou varios premios en Alemania, Estados Unidos, Francia, Suecia e outros países grazas a perfección técnica destas películas que, a pesar de glorificar o réximen nazi responsable de millóns de mortes, se seguirán estudando nas escolas de cine.
CUALIFICAICÓN: Tódolos públicos

No hay comentarios: