As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta Revolución francesa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revolución francesa. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de abril de 2008

"El pacto de los lobos" de Cristopher Gens (2001)

Francia, século XVIII, vintacinco anos antes da Revolución. Unha estraña criatura aterroriza ós campesiños, deixanso os seus cadáveres mutilados. Grégoire de Fronsac é enviado polo rei Luís XV para encontrar a fera e identificala. Vai acompañado dun misterioso indio. Fronsac non manifesta entusiasmo e mostrase abertamente escéptico diante da verdadeira existencia dun monstro. Pero non tardará en encontrar indicios dunha besta similar a un lobo, que lles adentrarán nunha historia que vai camiño de socavar a autoridade do monarca.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

domingo, 6 de abril de 2008

"Danton" de Andrej Wajda (1983)

Tras a declaración dos dereitos do home, en setembro de 1793, o Comité de Saúde Pública, instigado por Robespierre, instaura o réxime do terror. É a paradoxa da revolución francesa, que en teoría predica ‘liberté, egalité, fraternité’, pero deixa tras de si un regueiro de sangue e cabezas cortadas. O film describe a época de dominio de Robespierre e o seu choque con Danton, interpretados maxistralmente por Wojciech Pszoniak y Gérard Depardieu. Trátase dunha parábola nada velada do movemento Solidaridade e o seu choque co comunismo.

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 13 ANOS

FICHA TÉCNICA

"La marsellesa" de Jean Renoir (1937)

A Revolución Francesa vista a través dos ollos de aqueles que participaron nela, desde ciudadáns de Marsella ós campesiños pasando por Luis XVI. A película intenta ser un fresco de dita época, fixándose sobre todo na xente dos estratos máis humildes, todos aqueles que non saen nos libros de Historia. Os grandes personaxes revolucionarios non aparecen máis que como nomes en boca dos protagonistas.
Renoir rodou esta película nuns tempos en que Francia era un dos poucos países europeos que aínda conservaban un goberno democrático nunha época de retorno das dictaduras. O film é, polo tanto, unha homenaxe ós inicios da futura democracia.
"A marsellesa" é hoxe o himno francés. ¿Queres escoitalo?
Ficha técnica
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Mi Napoleón" de Alan Taylor (2001)

Illa de Santa Helena, 1821. Unha rede secreta de leais a Bonaparte está preparada para levar de regreso a París ó destronado Emperador mentres un dobre se fará pasar por el na illa. Cando o emperador chegue a París o seu dobre confesará ser un impostor e Napoleón recuperará o trono. Facéndose pasar por mariñeiro, o Emperador parte a Francia mentres o seu dobre desperta na súa cama .
Interesante película que narra unha fábula histórica ¿Como sería a Historia actual se o Emperador na realidade tivera fuxido de Santa Helena como xa anteriormente fuxira da illa de Elba?
Curiosidade. Napoleón morreu na illa de Santa Helena ¿Cales foron as causas da súa morte?
Ficha técnica
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos

"Historia de dos ciudades" de Jack Conway (1935)

Adaptación dunha novela de Charles Dickens ambientada durante a Revolución Francesa . Unha rapaza inglesa , Lucía , orfa de nai e que pensa que o seu pai tamén falecera , recibe noticia de que este está vivo e escapara da Bastilla, atopandose agora agochado nunha taberna de Paris que rexenta un matrimonio que está a preparar unha rebelión popular contra a nobreza. Lucía viaxará ata Francia para rescatar ó seu pai.
Aquí tedes algunhas frases do famoso escritor Charles Dickens
Ficha técnica
CUALIFICACIÓN : Tódolos públidos