As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta periodismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta periodismo. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de abril de 2008

"Ciudadano Kane" de Orson Welles (1941)

Charles F. Kane, multimillonario e magnate da prensa, morre e as súas últimas palabras son "Rosebud". A un periodista mándanlle que descobra o misterio desa derradeira palabra, en que pensaba antes de morrer un hombre tan poderoso. O periodista investigará entrevistando a algunhas das persoas máis importantes da súa vida, como o seu secretario , o seu mellor amigo e a súa ex muller. Cada un dará unha visión a cerca do falecido , pero a investigación fracasará. Soamente o espectador coñecerá o significado do enigma.
Orson Welles dirixiu e protagonizou esta película baseada na vida do magnate da prensa Willian Hearst, quen tentou impedir o seu estreno. Está considerada unha das mellores películas da historia do cine, pola orixinalidade dos seus plantexamentos técnicos e narrativos.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

sábado, 29 de marzo de 2008

"Nixon" de Oliver Stone (1995)

Richard Nixon foi un dos presidentes máis controvertidos dos EE UU. Mentres que para uns representou todo o peor da democracia americana, a raíz do escándalo Watergate, para outros foi un sabio incomprendido que instaurou unha nova era nun mundo dividido pola Guerra Fría. Este film tivo 4 nominacións ós Oscar.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"JFK, caso abierto" de Oliver Stone (1991)

Recreación do asasinato do presidente dos EEUU, John Fitzgerald Kennedy, a raiz das investigacións do fiscal de Nova Orleans, Jim Garison, o único que presentou cargos contra algunha persoa polo magnicidio. Na película mantense a tese dunha conspiración na que poderían ter intervenido o FBI, a CIA e o propio vicepresidente Lindon B. Johnson.
Gañadora de 5 Óscar. Película intresante paara os espectadores amantes do cine de intriga política.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

Alghuna das frases máis famosas do famoso presidente Kennedy