As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta idade media. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta idade media. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de febrero de 2009

"El intendente Sansho" de Kenji Mizogouchi (1954)


A finais da Era Heian no sécul XII, o gobernador dun p0bo é enviado ó exilio. A pesar de que a súa familia quere ir con el, ninguén poderá acompañalo, pois, enganados por unha villa que se fai pasar por sacerdotisa, son vendidos como escravos por separado: a nai por un lado e os fillos por outro.

FICHA TÉCNICA


CUALIFICACIÓN: Non recomendada menores de 13 anos

"El manantial de la doncella" de Ingmar Bergmann (1960)

Suecia, século XIV. Como cada verán, unha doncela debe facer a ofrenda das velas no altar da Virxe. O rei Töre envía a Karin, filla do propio rei e da raína Mareta, acompañada de Ingrid, unha muchacha acollida en casa de Töre que odia a Karin secretamente. Antes de cruzar o bosque, Ingrid detense e deixa a Karin soa. Karin prosigue o seu camino atopándo uns pastores, aparentemente afables, que a invitan a compartir a súa comida. A moza é violada e asasinada. Pronto xurdirá alí unha fonte, que din milagreira...

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Non recomendada menores de 13 anos

jueves, 10 de julio de 2008

"El león de invierno" de Anthony Harvey (1968)

A raiña Leonor de Aquitania sae despois dun encerro de 10 anos polas desavenencias co seu home, o rei de Inglaterra Enrique II Plantagenet. Reúnese con este e cos seus tres fillos e pronto xurdirán as liortas entre todos eles.
É un drama teatral no que os personaxes se van manipulando entre sí para acadar os seus obxectivos. Nestas intrigas pacegas destaca a importancia real dos protagonistas e o trasfondo de verdade que na historia existe. Así foi certo o complot de Leonor e os seus tres fillos para derrocar ó rei o que levou a que este os desherdara.
Os protagonistas:
Enrique II cecáis non sexa moi coñecido pero si a súa muller Leonor de Aquitania, primeiro casada co rei de Francia Luis VII e logo có de Inglaterra, e gran protectora das artes na forma sobre todo dos trovadores provenzais dos que sempre se rodeo e patrocinou. Parece que o ciclo artúrico se transmitiu ata nós grazas ó seu patrocinio.
Dos seus fillos evidentemente todos coñecemos a Ricardo Corazón de León, o rei ausente nas historias de Robin Hood, un rei ben tratado pola novela pero que como gobernante deixou moito que desexar xa que pronto se embarcou na 3ª cruzada. Tamén é famoso o seu irmán Xoan I ou Xoán sen terra o déspota monarca de Robin Hood pero que pasou á historia por asinar ó documento máis importante da historia medieval de Inglaterra e de maior trascendencia no futuro, a "Carta Magna", unha sorte de constitución onde se limita por primeira vez en Europa o poder dos monarcas...
Créditos:
Por certo, na biblioteca temos outra versión.

martes, 22 de abril de 2008

"Los siete samurais" de Akira Kurosawa (1954)

No Xapón feudal do século XVI, un grupo de campesiños decide rebelarse contra o que parece imposible de evitar, o constante saqueo que os bandidos fan das súas propiedades. A solución pensan pasa por gastar todos os seus aforros para contratar a uns samurais que os defendan.
Permítenos apreciar como sería unha aldea xaponesa medieval e as actitudes e comportamentos de samurais e campesiños.
Nesta película baseouse o clásico western "Los site magníficos".
FICHA TÉCNICA
CUALIFICIÓN: Todos os públicos

miércoles, 9 de abril de 2008

"El señor de la guerra" de Franklin J. Schaffner (1965)

Na Idade Media, no século XI, o guerreiro normando Chrysagon, tras loitar durante moitos años por Europa, é nomeado polo duque señor dun territorio case inhóspito, permanentemente acosado polos Frisios. Xunto a él, viaxa o seu leal servidor Bors e o seu irmán menor Draco. Un día de cacería enamoraráse dunha fermosa xoven, que está a punto de casar cun dos seus súbditos.
O poder e a lealtade, a superstición, a maxia, a relixiosidade e os códigos de comportamento feudal, aquí exemplificado no dereito de pernada, que causará a rebelión popular, son os puntos fortes desta historia centrada na búsqueda do espíritu e sentimento medieval individual.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Juana de Arco" de Luc Besson (2000)

Século XV, Guerra dos Cen Anos. Unha xoven chamada Juana afirma ser a elixida por Deus para liderar o exército francés contra as tropas inglesas a fin de coroar o delfín de Francia (Carlos VII).
Tras a victoria en Orleans, Juana será declarada bruxa pola Inquisición e condenada a morrer na fogueira.
Foi elevada ós altares no 1921.


FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"El león en invierno" de Andrei Konchalovsky (2003)

As intrigas en torno da sucesión de Enrique II quen, dono de Gran Bretaña e da metade de Francia, non puido nunca controlar a súa familia.
Cando nas Navidades de 1183 coa presencia da súa esposa Leonor de Aquitania, encarcerada por conspirar contra el, pretende nomear herdeiro entre os tres fillos: o valente Ricardo, o oportunista Godofredo e o inútili Juan, espertan os odios, as intrigas, as loitas e as chantaxes entre os seus parentes.
Afondar no papel da muller medieval
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Campanadas a medianoche" de Orson Welles (1965)

En Inglaterra, o conde de Northumberland consigue que lord Bolinbroke sexa elixido rei co nome de Enrique IV. Os rumores da sua participación na morte de Ricardo II dividen ao país.
Unha das películas máis sobrecolledoras visualmente de Orson Welles e unha amarga reflexión sobre a decadencia, rodada en España e galardonada co Gran Premio do Aniversario no festival de Cannes de 1966.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Ran" de Akira Kurosawa (1985)

No Xapón feudal da Era Sengoku ten lugar a caída do poderoso clan Ichimonji despois de que o seu patriarca, dono de moitas terras e castelos, decida repartir a súa herdanza entre os seus tres fillos. O castelo que recibirá cada un deles non colma as súas ambicións. O reino desíntegrase como culminación da vinganza e a traizón.
Translación da obra teatral O rei Lear de W. Shakespeare á que se suman antigas lendas xaponesas. Ran en xaponés significa caos.
Algunhas curiosidades da rodaxe

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

domingo, 6 de abril de 2008

"Paseo por el amor y la muerte" de John Huston (1969)

Adaptación da novela de Hans Koningsberger, ambientada na Guerra dos Cen Anos entre Francia e Inglaterra. Heron de Foix, un xoven parisino, emprende un periplo polo país galo coa intención de abanderar unha revolta contra os latifundistas que someten aos campesinos ao seu libre albedrío. Para Heron, poeta vocacional, o seu encontro con Claudia, a filla adolescente dun destes nobles terratenientes, relega a un segundo termo a súa voluntade de loita e búsqueda da xustiza, e prima o seu desexo amoroso ata o punto de se convertir nun firme defensor da paz. Para tratar de evitar a acción dos soldados, Claudia e Heron se refuxian nun castelo medieval. A narración sigue as aventuras da xoven parella a través dunha Europa devastada pola guerra.
A película representou o debut como actriz de Anjelica Huston, filla do realizador John Huston, con 18 años.
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

FICHA TÉCNICA

"El rey Arturo" de Anthony Fuqua (2004)

Arturo é un romano que desexa retornar á súa cidade natal para disfrutar da anhelada tranquilidade. Este desexo verase truncado cando el e os cabaleiros da Taboa Redonda teñen que enfrontarse ós saxóns para impedir a invasión de Inglaterra. No súa loita contarán coa axuda de Merlín e a valerosa Xenebra.
Unha nova visión do lexendario rei Arturo, cunha moi coidada aposta visua.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El reino de los cielos" de Ridley Scott (2005)

Tempo das Cruzadas, século XII. En Francia o xoven ferreiro Balian, que ven de perder a súa muller e o seu fillo, recibe a visita do nobre cabaleiro cruzado Godofredo de Ibelin, de quen é fillo iléxitimo. Superando a dor, únese ó seu pai e marcha a Terra Santa. Alí ha tomar partido entre os partidarios de chegar a aordos e manter a paz (Reino dos Ceos) ou loitar ó grito de ¡Deus o quere!
Mestura de feitos e personaxes históricos(Balduino IV o Leproso, Saladino) e fabulación que enaltece as virtudes e defectos do periodo. En todo caso constitúe unha vigorosa defensa da honradez persoal e da tolerancia entre as relixións
Rodada en Marruecos e España: castelo de Loarre, catedral de Ávila, Alcázar de Sevilla, ...
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Enrique V" de Kenneth Brannagh (1989)

Enrique V, recén proclamado rei de Inglaterra, non é máis que un títere dos poderosos: convencido para invadir Francia, decídese a entrar en guerra para reivindicar o trono do país veciño. A guerra culmina na sanguenta batalla de Agincourt y, pouco a pouco, o rei debe loitar contra a moral cada vez máis baixa das súas tropas e contra as súas propias dúbidas.A película amósanos a brutalidade dos conflictos medievais e as complexas reaccións dos homes que en ocasións non están seguros nin tan sequera da xustiza da súa propia causa.
É tamén intresante ver a magnífica adaptación que o gran actor e director teatral, Kenneth Branagh fai da inmortal obra de Shakespeare.
Para saber un poco máis da guerra durante a Idade Media
Ficha técnica
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos

sábado, 29 de marzo de 2008

"Los vikingos" de Richard Fleischer (1958)

Todo un clásico do cine de aventuras de Hollywwod. a acción está ambientada no século X. Durante a guerra que nantén cos ingleses para conquistar as súas terras, , Einar, fillo do rei vikingo Ragnar, intenta conquistar á fermosa princesa Morgana. Tamén namora dela o fillos ilexítimo de Ragnar. Os dous irmásn, que descoñecen o seu parentesco, enfrontaranse entre sí polo amor desta muller.
¿Sabias que as Illas Británicas estiveron gobernadas polos daneses durante décadas? Se queres coñecer esta historia

FICHA TÉCNICA

CALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Excalibur" de John Boorman (1981)

Cando Uther Pendragon seduce á prometida do Duque de Cornualles, conciben a Arturo. Dezaoito anos despois, o cabaleiro Arturo saca accidentalmente a espada encantada, Excalibur, da pedra na que fora introducida trala muerte de Uther. Proclamado o Arturo como rei, disponse a unificar o país levando a Merlín como conselleiro místico.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos
Por se queres ver o tráiler...

"El Cid" de Anthony Mann

Na segunda mitade do século XI, Rodrigo Díaz de Vivar, máis tarde coñecido como "El Cid Campeador", alzouse sobre as disensións de dúas culturas para facer frente a un enemigo que ameazaba con as destruir. O primeiro encontro do xoven Rodrigo cos moros ten lugar durante unha excursión as posesións da familia da súa prometida. Moitas e moi diversas aventuras esperan ao Cid: as intrigas co conde García Ordóñez, o desafio do rei Ramiro de Aragón, os seus amores co Jimena e a morte do rei Fernando I, entre outras. É 1110, cando Castilla era un diminuto condado, o xoven Rodrigo Díaz de Vivar tamén fai súa unha afrenta ao seu pai. A súa fama prospera aínda máis cando fai xurar ao futuro rei Alfonso que non é responsable da morte do seu irmán...
Una gran película de Anthony Mann, dotada dunha heroicidade extraordinaria que envolve a lenda histórica do personaxe do Cid, nunha descrición da Idade Media realmente atractiva e interesante onde se abordan temas como a lealtade, a ambición, o amor, a codicia ou a honestidade.
Luxosa producción con espectacular emprego dos escenarios, épica partitura e boas actuacións en xeral para este percorrido sobre a vida e obra de Rodrigo Díaz de Vivar. A súa rodaxe realizouse en España.
Podedes atopar unha información máis completa sobre a relación entre a historia real do Cid e a película no seguinte documento realizado pola universidade de Alicante:
El Cid, de Anthony Mann, a través del cine histórico y la Edad Media.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN:Tódolos públicos

"El nombre de la rosa" de Jean-Jacques Annaud (1986)

Uns monxes asasinados nun remoto mosteiro ...
Un famoso detective e o seu xove axudante...
Un debate que pode cambiar á historia da cristiandade...
Unha estrana biblioteca e o seu misterioso contido...
A Inquisición disposta a actuar... Segue o fío e observa os métodos inquisitoriais empregados en distintos países.
Se queres saber máis
Baseada na novela do mesmo nome do famoso escritor italiano Umberto Eco.
FICHA TÉCNICA

Disfruta dun fragmento da película
CUALIFICACIÓN: maiores de 13 anos