As nosas pelis

domingo, 6 de abril de 2008

"La reina de África" de John Huston

Mentras en Europa se inicia a Primeira Guerra Mundial, Charlie Allnut , un veterano e alcohólico mariñeiro, abastece os poboados do este de África co seu pequeno barco de vapor "A Raíña de Africa". Cando o reverendo Samuel é asasinado, Allnut ofrecerá á irmá de este, Rose, levala a un lugar máis seguro na súa barca. A viaxe será perigosa e estará chea de riscos ós que haberá que sumar o divertido enfrontamento entre os dous protagonistas polo oposto dos seus carácteres, especialmente cando Rose intente convencer ó seu compañeiro da necesidade de afundir un torpedeiro alemán que navega por esas augas...
película de aventuras cunha irresistible parella protagonista, Katherine Hepburn e Humphrey Bogart, (Oscar á mellor interpreatción), dous dos mellores actores clásicos de Hollywood.
¿Queres coñecer algunhas anécdotas da rodaxe da película?

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

No hay comentarios: