As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta Stalin. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Stalin. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de mayo de 2008

"Rebelión en la granja" de John Stephenson ( 1999)

Baseada de novo na novela de George Orwell temos esta segunda versión rodada con animais reais e que trata dun xeito moi fiel a novela de Orwell.
A historia é unha metáfora da Revolución Rusa traballada a través dunha revolución semellante nunha granxa, a granxa Manor.
O granxeiro facilmente recoñecible no zar, é expulsado da granxa polos seus animais debido á súa dureza e mala xestión. A revolución encabézana os porcos (comunistas), dirixidos polo Vello Maior (Lenin) que pronto morrerá, sendo sustituido por Napoleón (Stalin) que expulsará da granxa ó outro porco que lle supón competencia, Snowball (Trotski).
De como a granxa Manor se transforma do posible paraíso dos animais a unha nova cadea, dirixida esta vez polos porco é do que trata esta maravillosa historia.
Lembremos que o autor da novela, Orwell, era membro do Partido comunista británico e que esta obra xurde como unha crítica terrible ó que estaba a facer Stalin na URSS con esa revolución obreira que para os comunistas do resto do mundo abría tantas portas... e que se converteu nunha tan grande decepción apra todos eles.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

domingo, 6 de abril de 2008

"Rebelión en la granja" de Joy Batchelor e John Hals (1954)

Película de animación baseada na célebre novela homónima de George Orwell, satirizando o réximen comunista de Stalin. Estamos na Granxa Manor, na Inglaterra dos años cincuenta. Fartos dos maltratos que lles da o brutal granxeiro Jones, tódolos animais se unen nunha violenta rebelión que exclue aos humáns: nace a Granxa Animal. Pero o entusiasmo vóltase en decepción cando os cerdos, co dictatorial Napoleón á cabeza, asuman o control da revolución e, amparados por un fanatizado exército de cans asasinos, instauren a tiranía e o terror na nacente mini-república...
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN : Tódolos públicos