As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta arte contemporáneo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte contemporáneo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de marzo de 2009

"Modigliani" de Mick Davis (2004)


Ano 1919. A Gran Guerra acabara e o café Rotonde convertérase no refuxio da elite artística: Picasso, Rivera, Soutine, Modigliani, etc. "Modigliani"é a historia xamás contada da ácida rivalidade entre Picasso e Modigliani, marcada pola xenialidade, a arrogancia e as pasións. Jeanne Hébuterne é unha bela católica, cuxo error foi namorarse de Modigliani, un xudeu. O pai desta, levado polo fervor relixioso, envía secretamente ó fillo de Modigliani e Jeanne, a un convento . Modigliani, tratando de sacar á súa familia da pobreza, inscríbese no certamen anual de arte e Picasso, guiado por esa rivalidade, inscríbese tamén...

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

martes, 13 de mayo de 2008

"Le mystere Picasso" de Henry Georges Clouzot (1956)

Estamos diante dunha auténtica maravilla: a creación de arte por parte do xenial Picasso. Certo que non é de todo espontáneo (e polo tanto "real") xa que Picasso sabe que o están a filmar, o que xuntado ó seu "narcisismo" fai que a película teña unha parte importante de lucimento do artista, pero... Pero esquezámonos disto e disfrutemos: estamos diante dun xenio e podemos observar en directo a súa forma de pintar.
A película fíxose con dúas cámaras que seguen o seu traballo, unha cámara que nos amosa a Picasso traballando (de costas, de lado,...) e outra cámara que enfoca ó papel no qe está a pintar Picasso dende atrás, o cal produce o efecto "máxico" de que as liñas aparecen sen que ninguén as pinte. Segue o fio para ver un fragmento ou observa este ...


CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"Pollock" de Ed Harris (2000)

O ascenso á fama do controvertido pintor Jackson Pollock, quen a mediados do século XX convertiuse no artista de maior impacto e influencia nos Estados Unidos no marco do denominado expresionismo abstracto.
Pero este eventual éxito non o liberou dos seus problemas co alcoholismo e dos seus frecuentes desvaríos emocionais próximos á esquizofrenia, o que puxo en perigo a súa vida, a súa carreira e a relación coa súa esposa, a prestixiosa pintora Lee Krasner.
Mira a Pollock (Ed Harris) traballando de acordo á técnica de action painting.


FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"El loco del pelo rojo" de Vincente Minnelli (1956)

Vincent Van Gogh, despois de fracasar coma predicador nunha mísera zona mineira, retoma a súa vocación polo debuxo e a arte en xeral.
Dende A Haya trasladase a París onde descobre o Impresionismo e entra en contacto con outros aaristas: Seurat, Monet e o seu mellor amigo, Gauguin.
Xunto ó desenvolvemento da súa obra pictórica, seguimos as súas inestables relacións amorosas, as dificultades económicas e o especial vínculo afectivo co seu irmán Theo.
Disfruta das súas obras escoitando un tema dedicado a él

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

domingo, 6 de abril de 2008

"Remando al viento" de Gonzalo Suárez (1988)

Dous poetas ingleses, Mary Shelley e Lord Byron, vense obrigados a marchar de Inglaterra...
Mary Shelley lembra como coñeceu na casa do seu pai adoptivo ao xoven apaixoado poeta Percy Bysse Shelley e como namorouse e fugouse con el. Tamén lembra que seguindo o consello da súa irmanastra, xuntouse con Lord Byron en Suiza... Pero sobre todo lembra aquela noite do mes de novembro de 1816, cando todos reunidos puxéronse a contar historias de terror e ela deu a luz á Criatura, o lexendario monstruo de Frankenstain.. E así a historia volve á búsqueda da Criatura e de si mesma, de Mary Shelley, porque ... ¿quen pode estar seguro que non foi ela mesma A Criatura?

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Moulin rouge" de John Huston (1952)

A película amósanos a vida de Henri de Toulouse-Lautrec, o pintor postimpresionista do século XIX, un dos máis xeniales pintores de tódolos tempos, o primeiro artista que en vida puido expor a súa obra no Louvre.No cabaret Moulin Rouge o pintor atópase como na súa propia casa, rodeado de artistas que lle fan esquecer as súas propias desgracias, ofrecéndolle afecto e comprensión.
Esta película de John Huston tivo 7 nominacións ós Óscar.
¿Queres ver algún dos cadros deste xenial artista?
Ficha técnica
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos