As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta Gran Bretaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gran Bretaña. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de marzo de 2009

"Emma" de Douglas McGrath 1996)

A película narra a historia de Emma, unha xoven que tras considerarse artífice da boda da súa mellor amiga, a señorita Taylor, decide emparellar ós solteiros da cidade de Highbury, unha pequena e pacífica localidade inglesa. Non obstante, pronto comprobará que os seus conñecementos acerca dos sentimentos do próximo son tan escasos como os que ela ten do seu propio corazón. A historia baséase nun libro da escritora Jane Austen.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN Todos os públicos

miércoles, 18 de febrero de 2009

"The Queen (La reina)" de Stephen Frears (2006)

1 de Septiembre de 1997. O mundo esperta coa tráxica noticia de que a Princesa Diana, ex-muller do herdeiro ó trono británico, ademais da muller máis famosa en ese momento, morrera en un accidente de coche. Ó día seguinte, as portas doPalacio de Buckingham aparecen cheas de flores como tributo á princesa.
Pero Buckingham Palace está vacio. A familia real, aposentada no Castelo de Balmoral, permanece estoica na súa resposta á traxedia. O seu é un mundo de tradición, onde o protocolo chega a ser o máis importante e as mostras públicas de emocións non están ben vistas. A familia chorará en privado.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"El león en invierno" de Andrei Konchalovsky (2003)

As intrigas en torno da sucesión de Enrique II quen, dono de Gran Bretaña e da metade de Francia, non puido nunca controlar a súa familia.
Cando nas Navidades de 1183 coa presencia da súa esposa Leonor de Aquitania, encarcerada por conspirar contra el, pretende nomear herdeiro entre os tres fillos: o valente Ricardo, o oportunista Godofredo e o inútili Juan, espertan os odios, as intrigas, as loitas e as chantaxes entre os seus parentes.
Afondar no papel da muller medieval
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Oliver Twist" de Roman Polanski (2005)

As difíciles condicións de vida nun orfanato no Londres do século XIX forzan a fuxida do pequeno Oliver. A partir de entón, o rapaz entra en contacto con toda unha serie de personaxes dos baixos fondos da cidade ata formar parte dun grupo de pequenos rateiros dirixidos polo malvado Fagin.
Basada na obra de Charles Dickens
Máis detalles: ficha técnica, Londres no XIX, os personaxes, trailer,..
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Campanadas a medianoche" de Orson Welles (1965)

En Inglaterra, o conde de Northumberland consigue que lord Bolinbroke sexa elixido rei co nome de Enrique IV. Os rumores da sua participación na morte de Ricardo II dividen ao país.
Unha das películas máis sobrecolledoras visualmente de Orson Welles e unha amarga reflexión sobre a decadencia, rodada en España e galardonada co Gran Premio do Aniversario no festival de Cannes de 1966.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Cromwell" de Ken Hughes (1970)

O monarca Carlos I de Inglaterra decide se aliar cos católicos de Irlanda ante a ameaza dun conflicto con Escocia. Oliver Cromwell, avogado protestante contrario á política relixiosa do monarca e defensor da liberdade, enfréntase ao rei inglés, á opresión política e á corrupción imperante, desencadenándose unha guerra civil.
A película foi gañadora dun Oscar ao mellor vestiario

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

domingo, 6 de abril de 2008

"El rey Arturo" de Anthony Fuqua (2004)

Arturo é un romano que desexa retornar á súa cidade natal para disfrutar da anhelada tranquilidade. Este desexo verase truncado cando el e os cabaleiros da Taboa Redonda teñen que enfrontarse ós saxóns para impedir a invasión de Inglaterra. No súa loita contarán coa axuda de Merlín e a valerosa Xenebra.
Unha nova visión do lexendario rei Arturo, cunha moi coidada aposta visua.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El hombre elefante" de David Lynch (1980)

Gran Bretaña, finais do século XIX. Jonh Merrick está severamente deformado dende o seu nacemento debido a unha rara enfermidade: a súa cara mostra os rasgos du elefante, polo que é vendido a un espectaculo ambulante de criaturas deformes. Un cirurxán novo, o doctro Treves, rescátao. Pouco a pouco, o doctor decátase de que trala faciana dun ser monstruoso agóchase un home amable e apacible.
Para coñecer un pouco mellor a enfermidade do protagonista

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

sábado, 29 de marzo de 2008

"Elizabeth" de Shekar Kapur (2007)

Historia da cruzada que levou a cabo unha muller, Elizabeth I, para controlar o amor, aplastarós seus inimigos e asegurara súa posición hexemónica no mundo occidental. María Estuardo, prima de Isabel de Inglaterra, conspira con Felipe IV para facerse co trono. Sir Francis Walsigham, o fiel conselleiro de Isabel, traballa sen descanso para protexela das numerosas conspiracións. A punto de iniciar unha guerra para defender o seu imperio, Isabel loita para manter o equilibrio entre o seu deber e a súa crecente vulnerabilidade causada pola atracción que sinte por Raleigh.
De factura británica, este feito é unha garantía dunha excelente ambientación histórica.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Lagaan, érase una vez en la India" de Ashutosh Gowariker (2001)

Ano 1893: India atópase baixo a dominación británica. Os raxás perderon gradualmente poder e son só gobernadores nominais. En canto ós británicos, teñen adoptada unha política dual poa que protexen os territorios dos raxás de calquera invasión e, ademais, administran a lei . En contrapartida, recadan un imposto que deben pagar todos os campesiños do país: o lagaan . A crise chega ata a aldea de Champaner, situada no centro dea India cando os raxás anuncian que van recaudar un imposto doble. Nese momento, a rexión atravesa unha gran sequía. Será entón cando o xoven campesino Bhuvan encabece unha revolta contra a imposición do lagaan. Coa axuda da súa prometida Gauri e a inglesa Elizabeth promoverán unha loita sen derramamentos de sangue. Entre todos idean un curioso sistema mediante o que poderán decidir quén ten razón: trátase dun partido de cricket que enfrentará ós agricultores de Champaner contra os británicos, entre os que se conta o Capitán Russell. Unha historia divertida que axuda a comprender un pouco mellor o imperialismo europeo do século XIX.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Master & Commander" de Peter Weir

A HISTORIA

Estamos durante a guerra entre Francia e Gran Bretaña no ano 1805. A batalla no continente se traslada ó mar.

O capitán Aubrey ten como misión seguir e controlar ó barco francés ”Aucheron” na costa de América do Sur. Sorprendentemente este barco os ataca provocándolle graves desperfectos e algunhas baixas. Decide perseguilo pola Patagonia ata que o alcanza nas illas Galápagos.


CUALIFICACIÓN:Tódolos públicos

AS GUERRAS NAPOLEÓNICAS

Despois da Revolución francesa a maior parte das potencias europeas deciden combatir contra Francia. A pesar da desigualdade das forzas en combate, o exército francés ten grandes éxitos ó mando de sobresaintes militares como Napoleón Bonaparte.

Pero o éxito en terra se convirte en máis dificil no mar. A frota británica amósase como moito máis poderosa que a francesa.

Cando España se convirte en aliada de Francia parece que Napoleón vai ser capaz de vencer ó seu gran enemigo, pero as derrotas na batalla de Finisterre e sobre todo en Trafalgar fará que os franceses teñan que abandonar o seu soño de desembarcar nas Illas Británicas.

A película centrase no momento anterior a esas grandes batallas francoespañolas contra os británicos e vai ser un símbolo do que serán os acontecementos posteriores: o dominio británico dos mares.

O NATURALISTA

Hai unha figura que destaca na película, a do médico e naturalista do barco, Stephen Maturin, o amigo do capitán Aubrey. Non é complicado ver neste personaxe unha prefiguración do que fará algo máis tarde Darwin a bordo do Beagle, na famosa expedición na que asentou as bases da súa famosa teoría da evolución. A súa paixón pola naturaleza, o seu papel de confesor e amigo do capitán e porque non o remate da historia nas Illas Galápagos, todo esto nos recorda o que foi a expedición de Darwin, probablemente a máis famosa viaxe de exploración da historia.

Algúns datos...

¡Só é un xogo!