As nosas pelis

domingo, 6 de abril de 2008

"La marsellesa" de Jean Renoir (1937)

A Revolución Francesa vista a través dos ollos de aqueles que participaron nela, desde ciudadáns de Marsella ós campesiños pasando por Luis XVI. A película intenta ser un fresco de dita época, fixándose sobre todo na xente dos estratos máis humildes, todos aqueles que non saen nos libros de Historia. Os grandes personaxes revolucionarios non aparecen máis que como nomes en boca dos protagonistas.
Renoir rodou esta película nuns tempos en que Francia era un dos poucos países europeos que aínda conservaban un goberno democrático nunha época de retorno das dictaduras. O film é, polo tanto, unha homenaxe ós inicios da futura democracia.
"A marsellesa" é hoxe o himno francés. ¿Queres escoitalo?
Ficha técnica
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

No hay comentarios: