As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de abril de 2008

"El perro del hortelano" de Pilar Miró (1995)

A acción transcorre no século XVI. Diana, condesa de Belfor, namórase de Teodoro (o seu secretario), quen á súa vez está prometido con Marcela, dama ó servicio da condesa. Diana, celosa da súa dama, xoga coa ambición de Teodoro, dicíndolle a este ás veces que sí e ás veces que non ás súas propostas de amores, de aí o título "El perro del Hortelano", nin come, nin deixa comer.
A directora Pilar Miró recrea a obra de Lope de Vega dunha forma espectacular, tanto nos decorados e no aspecto técnico como no propio sentido dunha obra escrita fai catro séculos. Debido ós seus dialogos en verso, vaticinóuselle un gran fracaso, pero o público acolleu moi ben esta película, que chegou a coñecer un gran éxito.
Ficha ténica e fotos
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos

sábado, 29 de marzo de 2008

"Shakespeare in love" de John Madden (1998)

Historia de ficción a cerca da xuventude de Shakespeare, un autor teatral desesperado por atopar a inspiración que necesita para seguir escribindo a obra que lle prometera o director do "Teatro da Rosa", para quen traballa. A chegada á súa vida da noble Lady Viola, da cal se enamora , soluciona o problema: apasionado, comeza a escribir "Romeo e Xulieta". Para satisfacer a súa pasión polo teatro e estar máis cerca do seu amado, Viola disfrazarase de home co fin de intepretar o papel de Romeo, xa que ás mulleres lles estaba prohibido ser actrices. Pero este segredo pronto será descuberto...
Acción, enredo, amor e humor son parte importante desta película ganadora de sete Óscars.

Se queres ver imaxes da película.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos