As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta 1ª Guerra Mundial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ª Guerra Mundial. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de abril de 2008

"Senderos de gloria" de Stanley Kubrik (1957)

Baseada nun feito real a película de Kubrik chegou a estar prohibida en Francia debido ó seu durísimo alegato contra a guerra e en concreto (aínda que esto fora o de menos) contra a actitude dos altos mandos franceses cós seus soldados durante a 1ª Guerra Mundial.
O tema central é o xuizo militar a uns soldados franceses por cobardía ante o enemigo, despois duna salto infructuoso a unha posición alemana durante a "guerra das trincheiras".
Ademáis da evidente crítica ás guerras e sobre todo ó rixido e cruel sistema militar, a película ofrécenso unha esplendida visión do que debeu ser o horror das trincheiras durante a guerra de posicións.
Para traballar con esta película na aula dispoñemos en rede deste dossier ou deste outro.
Ficha técnica.
Que quen é Kubrik?
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"Regeneration" de Gillies Mckinnon (1997)

Durante a I Guerra Mundial, un hospital militar acolle catro homes:
O Doctor William Rivers, que comezou a explorar os tráxicos resultados da contienda nos seus xóvenes pacientes.
O eminente poeta Siegfried Sassoon, brillante e heróico soldado non afectado mentalmente pola guerra, pero en busca de si mesmo en Craiglockart mentres aproveita para publicar un escrito de proclamación en contra de tan sanguenta loita.
Wilfred Owen, cuxas confidencias a Sassoon serviránlle para loitar contra a súa enfermidade e para converterse no máis importante poeta da época.
Billy Prior, un oficial ascendido polos seus méritos na fronte pero ao que o horror de todo o visto transformou nun ser moito máis maturo.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

domingo, 6 de abril de 2008

"Sin novedad en el frente" de Lewis Milestone (1930)

"Este relato non é unha confesión nin tampouco unha acusación e, moito menos, unha aventura, xa que a morte non é ningunha aventura para quen se enfronta a ela cara a cara. Soamente trata de falar dunha xeración de homes a quen, a pesar de ter escapado das bombas, a guerra destruíu". Con estas palabras comenza "Sen novidade na fronte", a mellor película antibelicista da historia do cine, baseada na novela de Erich María Remarque, que narra a vida dun grupo de mozos alemáns durante a 1ª Guerra Mundial.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

sábado, 29 de marzo de 2008

"Gallipolli" de Peter Weir (1981)

Mel Gibson ofrece unha impresionante actuación nesta historia de amizade e aventuras entre dous atletas australianos en 1915.Ambos cruzan continentes e grandes océanos, para unirse ó seu reximento na fatídica batalla de Gallipoli. Feitos históricos mestúranse co destiño dos amigos, ó formar parte do lexendario enfrontamento entre Australia e os turcos aliados dos alemáns, durante a Primera Guerra Mundial, unha batalla que para os australianos é o equivalente de El Álamo para os norteamericanos. Un idealista e un escéptico unidos nunha loita sen sentido que os leva a un fatídico final. Unha das primeiras obras do director Peter Weir.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Adiós a las armas" de Frank Borzage (1932)

Durante a I Guerra Mundial, un militar italiano e outro estadounidense chegan a trabar unha gran amistade. Pouco despois, o norteamericano cae ferido e nel hospital onde se recupera enamórase de a enfermeira que coida del. As circunstancias da guerra obligalles a se separar.
A impecable realización do seu director Frank Borzage transformou esta adaptación da novela de Ernest Hemingway nun clásico do cine bélico. Magníficos traballos dos seus protagonistas.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos