As nosas pelis

martes, 22 de abril de 2008

"Los siete samurais" de Akira Kurosawa (1954)

No Xapón feudal do século XVI, un grupo de campesiños decide rebelarse contra o que parece imposible de evitar, o constante saqueo que os bandidos fan das súas propiedades. A solución pensan pasa por gastar todos os seus aforros para contratar a uns samurais que os defendan.
Permítenos apreciar como sería unha aldea xaponesa medieval e as actitudes e comportamentos de samurais e campesiños.
Nesta película baseouse o clásico western "Los site magníficos".
FICHA TÉCNICA
CUALIFICIÓN: Todos os públicos

"Encadenados" de Alfred Hitchcock (1946)

Despois da Segunda Guerra Mundial, o espía americán Devlin e o seu xefe empregan os encantos de Alicia Huberman, filla dun simpatizante alemán condeado a prisión por traizón ós Estados Unidos, para desmantelar unha organización nazi afincada en Brasil.
A súa misión será seducir a un dos integrantes do grupo nazi, que fai anos estivo namorado dela. Agora precisa sacarlle a máxima información sobre el mesmo e sobre os seus contactos.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAICÓNA.Todos os públicos

"El viaje de los malditos" de Stuart Robertson (1976)

Película basada en feitos reais. No 1939, xudeus alemáns parten do porto de Hamburgo con destino A Habana, na procura dun lugar seguro, lonxe do horror nazi do III Reich. Sinten unha enorme ilusión ó vislumbrar a esperanza para as súas novas vidas. Pero ó chegar a porto, as autoridades non permiten o desembarco e os obrigan a voltar a Alemaña. A viaxe resulta ser un plan froito da propaganda dos nazis.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

miércoles, 16 de abril de 2008

"Senderos de gloria" de Stanley Kubrik (1957)

Baseada nun feito real a película de Kubrik chegou a estar prohibida en Francia debido ó seu durísimo alegato contra a guerra e en concreto (aínda que esto fora o de menos) contra a actitude dos altos mandos franceses cós seus soldados durante a 1ª Guerra Mundial.
O tema central é o xuizo militar a uns soldados franceses por cobardía ante o enemigo, despois duna salto infructuoso a unha posición alemana durante a "guerra das trincheiras".
Ademáis da evidente crítica ás guerras e sobre todo ó rixido e cruel sistema militar, a película ofrécenso unha esplendida visión do que debeu ser o horror das trincheiras durante a guerra de posicións.
Para traballar con esta película na aula dispoñemos en rede deste dossier ou deste outro.
Ficha técnica.
Que quen é Kubrik?
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

sábado, 12 de abril de 2008

"Rojos" de Warren Beatty (1981)

Basada en feitos reais, conta a historia de John Reed, comunista estadounidense, periodista e activista, que non teme en arriscar a súa vida por aquilo no que cre.
Durante a revolución rusa de 1917 coñece a escritora feminista Louise Bryant, xuntos percorrerán o mundo no momento en que se desenvolve a guerra mundial. De volta no seu país foi acusado de espionaxe polo que fuxiu á Unión Soviética. Foi enterrado no Kremlin, ó carón do Mausoleo de Lenin.
O protagonista é o autor do libro Dez días que conmoveron o mundo sobre a revolución rusa.
Seis Óscar de Hollywood
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Forrest Gump" de Robert Zemeckis (1994)

A historia dun home con deficiencias mentais e problemas físicos. O seu percorrido vital abarca tres décadas da historia dos EEUU.
A pesar das súas limitacións, a súa bondade e persistencia levarano a ser unha estrela do fútbol americano, un heroe da Guerra de Vietnam, facer amizade nas altas esferas políticas e sociais, coseguer unha gran fortuna, pero o único que verdeiramente desexa é o amor de Jenny.
Testemuña viva dos acontecementos que pasan o seu redor aínda sen ser consciente da súa transcendencia: a segregación racial, o Ku Klux Klan, o Periodo do Ping-Pong, Kennedy, Elvis Presley, o Apolo XIII, ...
Recoñecer os guiños históricos que fai a película.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

miércoles, 9 de abril de 2008

"Kundun" de Martin Scorsese (1997)

Biografía do actual Dalai Lama, lider espiritual e temporal do Tibet.
En 1937 un neno tibetano é elixido por un grupo de monxes budistas como a decimocuarta reencarnación do Buda da Compaixón. Despois dunha serie de probas é recoñecido como un mestre renacido e, separado da súa familia, será levado ó palacio de Potala en Llasa para ser educado e preparado para asumir o liderado.
Cando a China comunista invade o Tibet, o Dalai, ós quince anos, exiliase na India. En 1989 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El diario de Ana Frank" de George Stevens (1959)

No 1942, na Holanda ocupada polos nazis, a familia Frank escondese nun pequeno ático na cidade de Amsterdam para fuxir da Gestapo. Permanecerán alí ocultos xunto con outros xudeus ata o ano 44, cando foron delatados, detidos e levados a campos de concentración.
Ana conta 13 anos, escribe un diario que será recuperado polo seu pai e publicado. A película, basada no diario, relata as vivencias de Ana e das familias alí agochadas: esperanzas, temores, ilusións, medos, recordos, ....
Visita a páxina web da Casa de Ana Frank onde poderás seguir os pormenores da súa vida.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Vatel" de Roland Joffe (2000)

François Vatel, experto cociñeiro, é o leal e devoto servente do orgulloso pero cada vez máis arruinado Príncipe de Condé. O Príncipe precisa recuperar o favor do rei Luís XIV, o Rei Sol, e que se lle outorgue o mando das tropas nunha nova campaña contra os holandeses.
Conté pon a súa persoa e o seu castelo nas mans de Vatel, na difícil tarefa de recibir a toda a Corte de Versalles no castelo de Chantilly. As festas durarán tres días e tres noites e han ser incriblemente espectaculares, a Vatel correspóndelle organizar as diversións e os banquetes.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Diarios de motocicleta" de Walter Salles (2003)

O periplo por Sudamérica que dous mozos arxentinos, Alberto Granado e Ernesto Guevara, realizan no verán de 1952. Ambos son estudiantes, Alberto de bioquímica, e Ernesto de medicina. Cheos dun romántico espíritu aventureiro toman unha motocicleta e comezan a viaxe.
Entrarán en contacto coa rica e complexa diversidade xeográfica, pero sobre todo humana e social do continente. As vivencias fan que se cuestionen o progreso tal e como o entende algún sistema económico, e iso ha marcar as súas vidas, especialmente a de Ernesto, coñecido simplemente coma o Che.
A canción Ó outro lado do río, escrita por Jorge Drexler, gañou o Oscar de 2005 como mellor canción orixinal
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El hombre que pudo reinar" de John Huston (1975)

Dous amigos do exército británico na India da colonización, nunha época na que gran parte do mundo era aínda unha incógnita, na que o home branco confiaba en si mesmo e na súa tecnoloxía para abrir paso entre selvas e pobos inferiores que estaban destinados a ser dominados polo gran poder cristián.
Son dous bribróns, descarados e sen un pequique no peto, que tras servir á Raíña Victoria deciden servirse a si mesmos. O seu plan será atravesar Afganistán para converterse en reis de Kafiristán, unha rexiónde tribus guerreiras. Desenvolverase unha aventura alucinada, onde a locura, a relixión e a violencia están á orde do día.
Realizada a partir da obra homónima de Rudyard Kipling.
FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Himalaya" de Eric Valli (1999)

Noroeste do Nepal, unha aldea a máis de 5.000 metros de altura. O ancián Tinlé, o máis prominente da rexión, coñece a morte do seu fillo maior, xefe do pobo, coincidindo coa preparación da caravana anual para levar sal e cambialo por grans. Hai que nomear un novo xefe que tamén será o encargado de conducir a caravana. Tinlé ten que facer a elección, pero rexeita a Karma, e decide guiar a caravana el mesmo cos seus fillos. Tampouco Karma renuncia.
Ambos comezarán a marcha por rutas diferentes. A rivalidade e as dificultades do camiño levarannos a situacións extremas.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El nuevo mundo" de Terrence Malick (2005)

A principios do século XVII Norteamérica unha enorme terra salvaxe poboada por unha complicada rede de culturas tribais. Nun día de abril de 1607, tres barcos ingleses chegan a estas terras, as actuais costas de Virxinia, para fundar a colonia de Jamestown, para introducir a súa cultura, relixión e economía. O contacto coa tribu local, os indios powhatan, provocará enfrontamentos.
Sen embargo, cando o capitán Smith é cautivado polos nativos e levado ó seu pobo, xurde unha relación amorosa coa princesa Pocahontas, o que permitirá ter outra visión da natureza e do respeto polo entorno
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El señor de la guerra" de Franklin J. Schaffner (1965)

Na Idade Media, no século XI, o guerreiro normando Chrysagon, tras loitar durante moitos años por Europa, é nomeado polo duque señor dun territorio case inhóspito, permanentemente acosado polos Frisios. Xunto a él, viaxa o seu leal servidor Bors e o seu irmán menor Draco. Un día de cacería enamoraráse dunha fermosa xoven, que está a punto de casar cun dos seus súbditos.
O poder e a lealtade, a superstición, a maxia, a relixiosidade e os códigos de comportamento feudal, aquí exemplificado no dereito de pernada, que causará a rebelión popular, son os puntos fortes desta historia centrada na búsqueda do espíritu e sentimento medieval individual.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"La intérprete" de Sydney Pollack (2005)

Silvia Broome, unha intérprete das Nacións Unidas nacida en África, escoita cómo ameazan de morte a un presidente africano a punto de falar na Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Inmediatamente dase conta de que ela tamén é branco dos asasinos e desesperadamente loita para frustrar os seus plans. Só debe atopar a alguén que a crea. Tobin Keller, o axente federal encargado de protexer a intérprete, non está tan seguro da versión da muller. Ámbolos dous ven a vida desde ópticas diferentes. Ela cre no poder e na inviolabilidade das palabras. El analiza a xente segundo o seu comportamento.
Basta con estar no corredor axeitado e no momento axeitado para que un susurro incline a balanza do poder.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Copying Beethoven" de Agnieszka Holland (2006)

Anna, de 23 anos, estudia no conservatorio de Viena e intenta prosperar no mundo da composición. Consegue traballar como copista do maior músico vivo: Ludwing van Beethoven, que, nestes últimos anos da súa vida, está a traballar na Novena Sinfonía (escoita).
A pesar de que Anna non reúne os requisitos principiais para o artista, é muller e reside nun convento, acabará a se converter nun verdadeiro anxo da garda para o implacable artista. A súa relación cambiará a vida de ambos.
Algunhas licenzas históricas da película.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Pequeño Buda" de Bernardo Bertolucci (1993)

Dúas historias paraledas que en certo modo se entrecruzan.
Unha gistoria do pasado: a xuventude de Siddharta Gautama, que fai 2.500 anos abandonou a súa placenteira vida de príncpe para acadar a iluminación
Unha historia do presente: Jesse, un neno de Seattle, é segundo os lamas de Buthán a reencarnación dun sabio mestre budista morto fai anos. Pese á sorpresa incial, os pais do neno aceptan que viaxe a Asia para comprobar se aquela presunción é realmente certa.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Hamlet de William Shakespeare" de Kenneth Branagh (1997)

Adaptación da obra de Shakespeare tal e como indica o título, pero trasladando os acontecementos a finais do século XIX nun entorno resplandecente, lonxe dos ambientes medievais de sombras e castelos.
Respeta ó máximo o texto orixinal, de modo que todos os recursos visuais e sonoros están ó servicio da palabra.
Hamlet presentase coma un personaxe contradictorio, cobarde, heroico, atractivo, repulsivo, cruel, xeneroso,...., tal e como o serían aqueles que viven atormentados pola necesidade de vingar a morte do seu pai derrocando a figura materna.
Infórmate sobre o Hamlet de Shakespeare
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El jardinero fiel" de Fernando Meirelles (2005)

Nun remoto lugar de Kenia, unha activista europea, Tessa, aparece brutalmente asasinada. O médico local que a acompañaba non aparece. Todo parece apuntar un crime pasional, pero o viúvo de Tessa, diplomático británico, en contra do esperado, decide limpar o bo nome da súa muller e rematar o que ela comezara. Non tardará en decatarse da existencia dunha trama que xa se cobrou moitas vidas inocentes e que está en conexión coa industria farmaceútica de empresas multinacionais e os seus experimentos no Terceiro Mundo.
Basada nun texto de John Le Carré.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Mediterráneo" de Gabrielle Salvatore (1991)

Comedia italiana que prima os sentimentos e a historia humana fronte á barbarie da guerra.
En 1941, Segunda Guerra Mundial, un grupo de oito soldados italianos chega a unha illa do Exeo: a súa misión consiste en combater os aliados, pero no pobo só habitan anciáns, mulleres e nenos, todos de nacionalidade grega.
Os soldados comprenden que a situación ten as súas vantaxes. A inicial tensión bélica convertese, por un momento, en amizade, compañeirismo e camaradería.
Oscar á Mellor Película Estranxeira no ano 91.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"En el nombre del padre" de Jim Sheridan (1993)

Gerry Conlon, un rebelde mozo irlandés sen traballo nin ideais políticos, ten problemas tanto coas tropas británicas en Irlanda do Norte como có IRA. Fuxe a Londres pero mentres durme nun parque con outros amigos, teñen lugar dous atentados. Pese a ser inocente vese obrigado a confesar a súa participación e condeado a cadea perpetua xunto o resto dos catro de Guildford. O seu pai, Giuseppe, tamén será encarcerado.
Un dos máis lamentables erros legais da historia recente.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"El pacto de los lobos" de Cristopher Gens (2001)

Francia, século XVIII, vintacinco anos antes da Revolución. Unha estraña criatura aterroriza ós campesiños, deixanso os seus cadáveres mutilados. Grégoire de Fronsac é enviado polo rei Luís XV para encontrar a fera e identificala. Vai acompañado dun misterioso indio. Fronsac non manifesta entusiasmo e mostrase abertamente escéptico diante da verdadeira existencia dun monstro. Pero non tardará en encontrar indicios dunha besta similar a un lobo, que lles adentrarán nunha historia que vai camiño de socavar a autoridade do monarca.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Lorca" de Juan Antonio Bardem (1987)

Serie de TVE sobre a vida e a morte de Federico García Lorca.
Partindo da súa infancia e con grandes saltos no tempo, narra a adolescencia e a madurez do poeta para logo deterse, nunha apretada cónica, nos derradeiros días da súa tráxica vida. Foi fusilado en agosto de 1936 e o seu corpo enterrado nunha fosa común.
O guión basase na obra do hispanista Iam Gibson.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"La Via Láctea" de Luis Buñuel (1969)

Dous peregrinos inician a viaxe dende París a Santiago de Compostela seguindo o Camiño. O percorrido levaos máis aló do esperado, por distintas pasaxes relacionados coas herexías que a través do tempo cuestionaron os principios da fe cristiá: a dobre natureza de Cristo, a orixe do mal, o misterio da Trindade, .... Buñuel da realidade visual a estas abstraccións teolóxicas por medio de variados recursos de inxenio e humor.
A rodaxe, realizada en Francia, tivo que ser suspendida pola revolución estudiantil de maio do 68 en París.
Buñuel formouse en Madrid onde foi amigo de Dalí, García Lorca, Juan Ramón Jiménez, entre outros. En París integrouse no grupo surrealista liderado por Bretón
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"Don Quijote" de Peter Yates (2000)

Don Quijote, Alonso Quijano, soña co lexendario pasado medieval de Cabalerías, pragado de monstros, princesas encantadas e malvados feiticeiros. Determinado a revivir o tempo dos cabaleiros andantes que defendían a xustiza e ao débil, Alonso adopta o nome de Don Quijote de la Mancha e arrastra con el o seu escudeiro, Sancho Panza. Xuntos se embarcarán nun sinfín de esperpénticas aventuras nas que chocará de continuo a idealizada visión de Don Quijote coa realidade mundana do seu tempo.
Unha nova proposta visual da obra de Cervantes.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Juana de Arco" de Luc Besson (2000)

Século XV, Guerra dos Cen Anos. Unha xoven chamada Juana afirma ser a elixida por Deus para liderar o exército francés contra as tropas inglesas a fin de coroar o delfín de Francia (Carlos VII).
Tras a victoria en Orleans, Juana será declarada bruxa pola Inquisición e condenada a morrer na fogueira.
Foi elevada ós altares no 1921.


FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Tiempos de gloria" de Edward Zwyck (1989)

Anos 60 do século XIX, Estados Unidos, Guerra de Secesión. Unha lei prohibía a admisión de soldados de raza negra no exército. Os homes de cor libres dos estados do Norte, querían axudar a toda costa para liberar ós seus irmáns do Sur. Lincoln permitirá a súa integración no exército se ben en batallóns separados.
Esta é a historia dese primeiro batallón: o Reximiento nº54 de Massachussets.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: maiores de 13 anos

"El patriota" de Roland Emmerich (2000)

Carolina do Sur, 1776, no marco da revolución americana. Benjamin Martin é un viúvo, pai de sete fillos, e dono dunha plantacion. Despois de ter participado en moitas batallas, agora a súa principal preocupación é a súa prole. Por iso, cando a Asemblea de Charleston fala de loitar contra Inglaterra para lograr a independencia, Benjamin rexeita apoiar a causa. Pero o seu fillo maior,desafiando ó seu pais, alístase para participar nunha guerra que considera xusta. Isto e outros acontecementos, fará que teña que replantear a súa postura.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores de 13 anos

"El puente de Remagen" de John Guillermin (1969)

Ano 1945, nos momentos finais da Segunda Guerra Mundial: ofensiva no Ruhr. As tropas aliadas teñen un obxectivo: a ponte de Remagen, preto do Rhin. Deste xeito os soldados nazis quedarán atrapados ó outro lado do río.
Ambos nbando teñen moito que gañar nesta ofensiva: os alemáns, a vida de 50.000 homes, e os aliados un rápido fin da guerra, co menor número posible de baixas.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maioes de 18 anos

"El hundimiento" de Oliver Hirschbiegel (2004)

Berlín, abril de 1945. Unha dura batalla librase nas rúas da cidade e o exército soviético avanza imparable. Hitler e o seu círculo de confianza (Eva Braün, Goebbels e a súa familia) permanecen atrincheirados no bunker da Chancelería. Pese a que a resistencia carece xa de sentido, Hitler negase a abandoar a cidade e prepara a súa despedida final.
A película está basada no libro da secretaria persoal de Hitler, Traudl Junge, testemuña dos estertores e do definitivo afundimento do Terceiro Reich.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 18 anos

"En tierra de nadie" de Danis Tanovic (2001)

Guerra de Bosnia, 1993. Nunha das frontes, un soldado bosnio e outro serbio caen na mesma trincheira, situada en terra de ninguén. Para resolver sen mortes a delicada e esperpéntica situación, un sarxento das forzas de intervención da ONU, os cascos azuis da UNPROFOR, incumpre as ordes dos seus superiores, manter o principio de non intervención, e toma a iniciativa. Acompañalle unha xornalista británica, que transforma a anécdota nun show mediático internaional.
Unha intelixente metáfora do sensentido da guerra.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Las cartas de Alou" de Montxo Armendáriz (1999)

Alou, xoven senegalés que entra clandestinamente en España animado polo seu amigo Mulai, vese forzado a traballar en condicións moi precarias en invernadoiros, na venta ilegal, na recollida de froita e en talleres de confección en diversos lugares de España, e durante a súa estancia envía cartas aos seus familiares informando da súa situación. Pero a aventura se interrompe coa súa detención por parte da policía, aínda que de novo cruza o Estreito...

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos

"Viva l'Italia" de Roberto Rossellini (1961)

No veran de 1860, Garibaldi, ao fronte da súas mil camisas vermellas, desembarca en Sicilia por Marsala. Inmediatamente numerosos voluntarios van engrosando o seu exército e logrando victoria tras victoria sobre os exércitos borbónicos, até completar o dominio da illa. En agosto, Garibaldi cruza o estreito de Mesina e comeza a invasión de Nápoles. Cúbrese de gloria na batalla de Volturno e pouco despois, na localidade de Teano se atopa con Víctor Manuel II, ao que entrega o reino das Dúas Sicilias.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"La búsqueda" de John Turtelaub (2004)

Un equipo de buscadores de tesouros, liderados polo arqueólogo Ben Franklin Gates, persegue atopar un tesouro oculto nun enorme arcón militar, e supostamente escondido por George Washington, Thomas Jefferson e Benjamin Franklin, coa finalidade de financiar a Guerra da Independencia. Para atopalo, hai que descubrir un código secreto que está na Constitución (e un mapa supostamente debuxado no anverso da Declaración de Independencia).

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Wall Street" de Oliver Stone (1987)

Oliver Stone narra a historia de Bud Fox, un xoven corredor de bolsa que quere triunfar dentro de Wall Street. Cando coñece a Gordon Gekko, todo un tiburón das finanzas, Fox introducirase nun mundo cheo de luxo, diñeiro e ambición. Ante este panorama, Fox corre o risco de perder o rumbo e máis aún cando o propio Gekko lle ofrece un negocio importante co que pode se-enriquecer, pero que é tamén sucio e inmoral.
Unha das mellores películas do mundo da economía e da bolsa de Nueva York. Oscar e Globo de Ouro ao mellor actor para Michael Douglas, pola súa interpretación como cínico e ambicioso 'broker'.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"Marea Roja" de Tony Scott (1995)

Película que trata a obediencia militar como telón de fondo e na que o capitán Frank Ramsey, experimentado comandante do submarino nuclear Alabama, e o seu segundo, o teniente coronel Ron Hunter, comezan a súa propria guerra polo control da nave cando reciben a noticia de que un psicópata nacionalista ruso quere comezar unha terceira guerra mundial contra o goberno dos EEUU e que deben facer uso das armas nucleares na súa defensa.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Titus" de Julie Taymor (1999)


Titus narra a historia do gran xeneral romano Tito Andrónico. Ao volver a Roma, despois de vencer nas súas batallas contra os godos, sacrifica aos deuses o fillo do caudillo enemigo gañándose o odio eterno da súa nai Tamora, que tamén é prisionera. Pero a situación de Tito tornarase delicada cando ocorrupto Saturnino é nomeado emperador e toma a Tamora como esposa.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 18 anos

"El sastre de Panamá" de John Boorman (2001)

Película de intriga baseada na novela do mesmo nome de John Le Carré.
Geoffrey Rush é Harry Pendel, un ex prisionero que se volve famoso como xastre para os poderosos de Panamá. Harry é recoñecido na ciudade onde vive polos seus contos e traxes. Esta vez as súas famosas fábulas traeran repercusións fatais cando se debe converter en espía do axente britanico Osnard.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Kagemusha, la sombra del guerrero" de Akira Kurosawa (1980)

Xapón a finais do século XVI. Os principais señores feudais ou Shoguns, Shingen, Nobunaga y Tokugawa, loitan polo poder. O señor de Shingen é ferido, solicitando antes de morrer que a súa morte se manteña oculta durante tres anos. Kagemusha, un preso salvado da forca polo seu extraordinario parecido do señor de Shingen, será quen exerza de dobre. Unha das mellores realizacions de Kurosawa, con unha espléndida e reconstrucción de época.
Kurosawa puido rodar esta película grazas ao respaldo financieiro de Francis Ford Coppola e George Lucas, dous dos seus discípulos máis famosos.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"Alejandro Magno" de Oliver Stone (2004)

A vida de Alejandro Magno, un home que ós 25 anos xa conquistara o 90% do mundo coñecido. Levou o seu exército de soldados gregos, macedonios e posteriormente orientais ao longo de 35.000 km. de asedios e conquistas en só oito anos, creando un imperio sen igual antes da sua misteriosa e solitaria morte a idade de 32 anos. Ambientada no mundo pre cristiano de costumes sociais e morais moi distintas das de hoxe, a película explora unha época dunha beleza e brutalidade increíbles, con grandes ideais e terribles traicións. Examina a vida de Alejandro e a súa relación coa sua familia e persoas máis próximas. A extraordinaria viaxe comeza cando Alejandro lanza a invasión desde Macedonia e vence ás poderosas forzas persas que controlaban Asia Occidental. Posteriormente ampliará o seu imperio as descoñecidas terras da actual Asia Central até o Hindu Kush –chegando máis lonxe que calquera outro occidental– e despois continuará as súas conquistas no mundo exótico da India. Alejandro nunca foi derrotado e é quizás un caso único na historia militar mundial.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores 13 anos

"Doctor Zhivago" de Giaccomo Campiotti (2002)

Inspirada na exitosa novela do mesmo nome de Boris Pasternak. A historia dun apaisonado, bello e desgraciado amor, durante a Revolución Rusa, entre un médico, amante da poesía e unha bella enfermeira. Unha superproducción convertida en todo un clásico do cine. Gañadora de cinco Oscar da Academia en 1965 (guión, banda sonora, fotografía, dirección artística e vestuario) e Globos de Ouro, entre eles a mellor película e mellor dirección. Un reparto excepcional encabezado por Omar Sharif e Julie Christie e que completan Geraldine Chaplin, Tom Courtenay, Alec Guinness, Rod Steiger e Ralph Richardson, entre outros.
Esta película foi rodada en España. Podedes consultar algunhas curiosidades sobre a rodaxe de Doctor Zhivago pinchando aquí: curiosidades sobre a rodaxe da película.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos


"Neron" de Marcus Paul (2004)

A vida de Nerón, o derradeiro emperador da dinastía Xulio-Claudia. Como sobriño de Calígula non parecía ter posibilidades de acceder ó trono, pero os asasinatos e as intrigas, especialmente da súa nai Agripina, fixeron que o lograra con tan só 17 anos.
Se os primeiros anos de goberno foron bastante positivos, pronto as tensións internas na familia, o abandono de Séneca e a propia enaxenación deron paso a un réxime de terror con múltiples condenas, execucións, confiscacións e todo tipo de extravagancias.
O seu gusto pola poesía e a arpa, non impediron que pasara á historia como perseguidor de cristiáns e posible causante do espectacular incendio de Roma que durou seis días e arrasou a cidade.
FIHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores 18 anos

"Augustus" de Roger Young (2003)

Xulio César é asasinado. Nas súas últimas vontades apunta como herdeiro a Octavio, un mozo tímido pero con vontade de ferro. Regresa a Roma e, apoiado polas lexiós, forza ó Senado a nomealo Cónsul con tan só 19 anos. Xunto con Marco Antonio, amante da raiña Cleopatra, vence os asasinos de César e ambos repártense o mundo.
Pero o destino de Octavio será converterse no futuro emperador Augustus e dar inicio a un novo imperio.
Saber máis: os amores tráxicos de Marco Antonio e Cleopatra
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"El león en invierno" de Andrei Konchalovsky (2003)

As intrigas en torno da sucesión de Enrique II quen, dono de Gran Bretaña e da metade de Francia, non puido nunca controlar a súa familia.
Cando nas Navidades de 1183 coa presencia da súa esposa Leonor de Aquitania, encarcerada por conspirar contra el, pretende nomear herdeiro entre os tres fillos: o valente Ricardo, o oportunista Godofredo e o inútili Juan, espertan os odios, as intrigas, as loitas e as chantaxes entre os seus parentes.
Afondar no papel da muller medieval
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El americano impasible" de Philipp Noyce (2002)

Alden Pyle é un voluntario americano que chega a Saigón no outono de 1952, cando a loita dos vietnamitas por se-liberar do poder colonial francés acada o seu punto álxido. Entusiasmado coa su misión de axudar ao pobo vietnamita e ansioso por coñecer a situación do país, Pyle entabla amizade con Thomas Fowler, corresponsal do London Times.
Sen embargo, pronto séntese atraído pola xoven e bella amante vietnamita de Fowler, Phuong, e os tres vense envoltos nun triángulo amoroso que levará a sorprendentes revelacions e finalmente – ao asasinato.
Nada é o que parece nesta adaptación do clásico de Graham Greene, una historia profética sobre o amor, a traición, o asasinato e a orixe da guerra dos americanos no sudeste asiático.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"Oliver Twist" de Roman Polanski (2005)

As difíciles condicións de vida nun orfanato no Londres do século XIX forzan a fuxida do pequeno Oliver. A partir de entón, o rapaz entra en contacto con toda unha serie de personaxes dos baixos fondos da cidade ata formar parte dun grupo de pequenos rateiros dirixidos polo malvado Fagin.
Basada na obra de Charles Dickens
Máis detalles: ficha técnica, Londres no XIX, os personaxes, trailer,..
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Las brujas de Salem" de Joseph Sargent (2002)

En 1622, no período colonial dos EEUU e no contexto do fanatismo puritano, o reino do terror apoderase de Salem, pequena aldea do actual Estado de Massachussets, marcando un dos capítulos máis negros da historia.
Cando varias mozas da comunidade comezan a ter convulsións, a xente pensa no sobrenatural como posible causa. Guiados polo reverendo Samuel Parris, pai dunha das rapazas, deciden acabar coas bruxas.
En dez meses, entre 150 e 200 persoas foron acusadas de bruxería e sometidas a xuízo, 25 foron condenadas á forca.
Basada na obra de teatro publicada por Arthur Miller no 1953, quen a definiu como unha alegoría do mccarthismo.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Troya" de Wolfgang Petersen (2004)

O rapto de Helena, esposa do rei Menelao de Esparta, polo príncipe troiano París, desencadeará unha guerra: a guerra de Troia.
Os príncipes aqueos, despois dun longo asedio e servíndose da ofrenda dun cabalo en madeira, invaden a cidade. Deuses e homes participan no conflicto, destacando entre eles Aquiles.
Basada no poema de Homero, a Ilíada, onde se mesturan historia, lenda e mitoloxía. A película céntrase na cólera de Aquiles.
Saber máis: Schliemann e o descubrimento de Troia, o contexto histórico da guerra, o mito de Helena de Troia.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos


"El príncipe de Homburg" de Marco Bellocchio (1997)

O príncipe de Homburg é un xeneral que desobedece as ordes recibida e envía os seus homes á batalla antes de tempo. A pesares da victoria é condenado a morte. Sabe que vai morrer e vese dominado polo medo. Loita por sobrevivir esquecendo literalmente quen é e quen era: un heroe para a súa patria.
Contexto histórico: Guerra dos Trinta Anos

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Las afinidades electivas" de Paolo e Vittorio Taviani (1996)

Durante as guerras napoleónicas, un arquiteto se traslada a Toscana a pasar unha temporada na finca dun vello amigo felizmente casado e cuxa finca na que reside va restaurar. Todo va moi ben ata que Eduardo se namora da filla adoptiva da muller do seu amigo.
Maxistral adaptación da clásica obra homónima de Goethe, dirixida por dous dos realizadores máis interesantes de Italia, os irmánsTaviani.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores de 13 anos