As nosas pelis

sábado, 29 de marzo de 2008

"Trece días" de Roger Donaldson (2000)

O momento álxido da Guerra Fría chegou cando o goberno dos EEUU, presidido por Keneddy, comprobou que na illa de Cuba, recén convertida ó sistema comunista, a URSS tentaba instalar misiles nucleares. Durante 13 días o destino do mundo estivo nas mans dos dirixentes das dúas superpotencias: ¿Chegara por fin a temida guerra nuclear? ¿Seguirían os presidentes deses países as instruccións da KGB ou a CIA?
Una gran película de Roger Donaldson, protagonizada por Kevin Costner
Infórmate a cerca deses "trece días que conmoveron ó mundo"
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN : Tódolos públicos

"Stalingrado" de Joseph Vilsmaier (1992)

Finais de 1942: un grupo de soldados alemáns será enviado á fronte rusa para loitar na que será a máis sanguenta batalla de toda a 2ª Guerra Mundial: Stalingrado. Catro amigos deberán defender os seus ideais e o honor do seu país, Alemaña, ó tempo que intentan salvar a súa vida. A pesar do inicial convencemento da xustiza da súa loita, pronto se decatarán da inutilidade da guerra e da crueldade sen sentido do que están a vivir.
O máis interesante é a nacionalidade do film, xermana, o que nos permite achegarnos á visión que este país pode ter a cerca daquela etapa da súa Historia, xa que normalmente só coñecemos a visión norteamericana, ó proceder de EEUU a maior parte das películas coa temática da 2ª Guerra Mundial.
Imáxes da batalla de Stalingrado.
CUALIFICAIÓN : Maiores de 18 anos

"El tambor de hojalata" de Volker Schlondorf (1979)

Oskar é un neno que o día do seu terceiro cumpreanos, xusto ó recibir un tambor, decidiu deixar de crecer e permanecer neno só no aspecto, pois mentalmente naceu completamente maduro, coma un adulto, e tamén carente de toda inocencia.
Oskar cóntanos a crueldade do nazismo, as penurias da época anterior á 2ª Guerra mundial e o sufrimiento diario no transcurso de esta. Pero tamén nos narra as incoherencias da vida adulta que el non quere acadar, a represión, a censura, a hipocresía dos adultos , o sadismo,o sufrimento, o medo, a felicidade... a vida. Película dura e cruel ás veces, amósanos un retrato da Almaña nazi a través dos ollos dun personaxe singular.
Volker Schlondorff consegiu levar adiante a complicada empresa de adaptar á linguaxe cinematográfica a difícil novela do Nobel alemán Gunter Grass, e concedéronlle un Oscar por esta adaptación do ano 1979.

CUALIFICACIÓN: Maiores de 18 anos

"Shakespeare in love" de John Madden (1998)

Historia de ficción a cerca da xuventude de Shakespeare, un autor teatral desesperado por atopar a inspiración que necesita para seguir escribindo a obra que lle prometera o director do "Teatro da Rosa", para quen traballa. A chegada á súa vida da noble Lady Viola, da cal se enamora , soluciona o problema: apasionado, comeza a escribir "Romeo e Xulieta". Para satisfacer a súa pasión polo teatro e estar máis cerca do seu amado, Viola disfrazarase de home co fin de intepretar o papel de Romeo, xa que ás mulleres lles estaba prohibido ser actrices. Pero este segredo pronto será descuberto...
Acción, enredo, amor e humor son parte importante desta película ganadora de sete Óscars.

Se queres ver imaxes da película.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"En busca del fuego" de Jean-Jacques Annaud (1981)

Fai 100000 anos a supervivencia do home dependía da posesión do fogo: a tribo dos Ulam tíñao, pero non sabía crealo, soamente mantelo e usalo. Cando perdan esa preciosa posesión terá chegado o momento de saír na súa procura e loitar con outras tribos e mesmo outras especies de homínidos para recuperar o tesouro perdido.
Ainda que dende que se rodou a película no ano 1981 a investigación a cerca do proceso de Hominización e da Prehistoria evolucionou moitísimo, segue sendo interesante ver nesta película de aventuras a coexistencia de distintas especies humanas e os seus enfrontamentos.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"El verdugo" de Luís G. Berlanga (1963)

O director español Luis Garcia Berlanga é un dos máis respectados directores españois, sobre todo grazas á películas onde conseguía burlar a censura franquista e realizar unha feroz crítica á sociedade baixo unha apariencia costumbrista e inofensiva. Unha das películas máis paradigmáticas é esta mesma. Nela atopamos a José Luis, un mozo que, como tantos na España dos anos 60, pensa en emigrar a Alemaña ata que o seu sogro, verdugo oficial a punto de xubilarse, amósalle que herdar o seu posto pode ser o mellor para el. Deste xeito, aínda que non moi convencido, convértese en verdugo e comeza unha vida nova na que todo é felicidade ata que, un mal día, chega o momento que Jose Luis non esperaba: un preso ten que ser axusticiado en Mallorca. A única esperanza para o desafortunado protagonista é a posibilidade de indulto...
Humor, crítica, moita ironía e unha interpretación estupenda dos mellores actores da época.

CUALIFICAIÓN : Tódolos públicos

FICHA TÉCNICA

"La escopeta nacional" de Luís G. Berlanga (1977)

Madrid, principios dos anos 70. Un fabriante catalán de porteros electrónicos viaxa a Madrid acompañado da súa amante para asistir a unha cacería organizada por el mesmo. A pincipal finalidade é relacionarse coa xente da alta sociedade para así mellorar o seu negocio e, especialmente, que o futuro ministro que participa na xornada de caza lle financie os seus proxectos.
Unha despiadada e satírica crítica do réxime franquista non seus estertores.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores 18 anos

"La caída del imperio romano" de Anthony Mann (1964)

Trala morte de Marco Aurelio, o Imperio de Roma inicia a súa decadencia. Cómodo, o novo Emperador, non atende as advertencias do seu conselleiro, o filósofo grego Timónides. Mentres, Lucila, filla de Marco Aurelio, vive un apasionado romance con Livius. A desintegración do Imperio comeza coa presión que sobre as fronteiras exercen os pobos "bárbaros". En Roma, dentro do Senado, prodúcense disputas polo poder.

FICHA TÉCNICA Nesta Ficha técnica poderás ver o trailer da película
CALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Los vikingos" de Richard Fleischer (1958)

Todo un clásico do cine de aventuras de Hollywwod. a acción está ambientada no século X. Durante a guerra que nantén cos ingleses para conquistar as súas terras, , Einar, fillo do rei vikingo Ragnar, intenta conquistar á fermosa princesa Morgana. Tamén namora dela o fillos ilexítimo de Ragnar. Os dous irmásn, que descoñecen o seu parentesco, enfrontaranse entre sí polo amor desta muller.
¿Sabias que as Illas Británicas estiveron gobernadas polos daneses durante décadas? Se queres coñecer esta historia

FICHA TÉCNICA

CALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Nixon" de Oliver Stone (1995)

Richard Nixon foi un dos presidentes máis controvertidos dos EE UU. Mentres que para uns representou todo o peor da democracia americana, a raíz do escándalo Watergate, para outros foi un sabio incomprendido que instaurou unha nova era nun mundo dividido pola Guerra Fría. Este film tivo 4 nominacións ós Oscar.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"La caída de los dioses" de Luccino Visconti (1969)

O nacionalsocialismo toma o poder en Alemaña. O clan directivo dunha importante empresa siderúrxica discute a súa actuación ante o previsible desenvolvemento dos acontecementos. Soamente Herbert se nega a colaborar co réxime nazi, sobre todo a raíz do incendio do Reichstag, para el unha proba da tiranía que se aveciña. Herbert terá que abandoar o país, acusado de asasinato. Detrás quedan Elizabeth, a súa muller e as dúas fillas do matrimonio. Os propietarios da empresa van atoparse no medio das loitas polo poder.
Unha película do xenial Visconti. Óscar ó mellor guión orixinal.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 18 anos

"La delgada línea roja" de Terrence Malick (1998)

Un grupo de homes da compañia Charlie do exército Norteamericano sufren,cambian e descobren de sí mesmos durante a feroz batalla de Guadalcanal durante a 2ª Guerra Mundial. A pelicula presenta distintos niveis de enfrontamentos bélicos e humanos desenvolvidos en fermosísimos hábitats naturais onde as forzas da destrucción chocan cos seus habitantes, as tribos melinesas das illas Solomon. Película bélica, violenta e con tintes de defensa do pacifismo.
Nominada para 7 Óscar
FICHA TÉCNICA:
CUALIFICACIÓN: Maiores de 18 anos
Le unha crítica a esta película

"El gatopardo" de Luchino Visconti (1963)

Sicilia, segunda metade do século XIX. A loita pola unificación italiana chega para alterar a forma de vida tanto de ricos como de pobres. En medio de esta revolta atópase a figura do Príncipe de Salina, un dos poucos aristócratas que comeza a entender o derrumbe do seu mundo e intenta adecuarse á “nova sociedade” pero sen deixar de ser o nobre, orgulloso e temperamental que corresponde á súa linaxe. Un ser que lamenta encontrarse dividido entre dous mundos e que decide buscar a forma de facer sobrevivir ata as últimas consecuencias toda a súa tradición, mesmo a costa da máis terrible decepción. Visconti levou á pantalla esta obra escrita por Lampedusa a cerca dunha época apasionante na historia do seu país.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"El retorno de Martín Guerre" de Daniel Vigne (1983)

Esta é a historia dun campesiño francés que despois de casar marcha da súa casa e está ausente durante 8 anos. Martín Guerre (Gerad Depardieu) que este é o seu nome, volta ó seu pobo natal en Francia. Logo de tantos anos ninguén pode recoñecelo e ainda que el sabe todos os pormenores da súa vida pasada, os que o coñecían ben sospeitan que non é o verdadeiro Martin...
A historia de Martin Guerre é real e foi contada polo xuiz Jean de Coras e o tema foi tratado múltiples veces na literatura e no cine. Un exemplo desto último é o remake que protagonizou Richard Gere en "Sommersby"
Película gañadora de 1 Óscar e 5 premios César
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"JFK, caso abierto" de Oliver Stone (1991)

Recreación do asasinato do presidente dos EEUU, John Fitzgerald Kennedy, a raiz das investigacións do fiscal de Nova Orleans, Jim Garison, o único que presentou cargos contra algunha persoa polo magnicidio. Na película mantense a tese dunha conspiración na que poderían ter intervenido o FBI, a CIA e o propio vicepresidente Lindon B. Johnson.
Gañadora de 5 Óscar. Película intresante paara os espectadores amantes do cine de intriga política.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

Alghuna das frases máis famosas do famoso presidente Kennedy

"Germinal" de Claude Berri (1993)

Película baseada na famosa novela homónima do escritor francés Emile Zola, na que un pobo mineiro do norte de Francia se rebela contra a opresión dos patróns a mediados do século XIX. Nesta época os mineiros vivían en pésimas condicións, traballaban moi cedo, como os seus fillos, e arriscaban as súas vidas nas minas debido aos frecuentes derrumbes. Os mineiros cobraban por vagoneta, non por horas, e por iso non se preocupaban de fortalecer os soportes das minas. A situación provocou que os traballadores protestaran e ao final lles pagaran os soportes a parte, pero baixando o precio da vagoneta, co cal sempre saían perdendo frente ao patrono. Estes tratos inhumáns cara aos obreiros desembocaron na aparición da AIT (Asociación Internacional de Traballadores).
Neste entorno, Etienne Lantier, un xoven parado convertido en mineiro, descubrirá en Montsou, ao Norte, a miseria, o alcoholismo e toda unha humanidade en sufrimento condenada polo capital, que o levará a comprometerse coa loita socialista. Pero algo brilla en medio deste caos: o amor que une a Etienne con Catherine. A folga será dominada polo exército, pero Etienne se irá coa esperanza de que todo ese sangue non foi derramado inutilmente.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Tierra y libertad" de Ken Loach (1995)

Outono de 1936. David, un xoven comunista en paro, deixa Liverpool e enrólase na sección Internacional da Milicia Republicana no frente de Aragón para loitar contra o fascismo ao comezo da Guerra Civil española. Alí coñecerá a Bernard, Lawrence, Coogan, Blanca, Maite... todos eles miliciáns procedentes de toda Europa e Estados Unidos. David é ferido e hospitalizado en Barcelona, onde comunistas e anarquistas dirixen a súa propria guerra interna. A pesar de todo, David volve ao frente aínda convencido de loitar pola defensa da liberdade, a igualdade entre as persoas e a non existencia das clases sociais. Pero a veces o enemigo non só está entre as filas do bando adversario...

Esta película foi premiada con numerosos premios, entre eles o César á mellor película extranxeira, o premio da crítica internacional e o Goya á mellor actriz revelación (Rosana Pastor).
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Maiores 13 anos

"La misión" de Roland Joffe (1986)

Século XVIII. Os grandes imperios colonialistas, España e Portugal, se disputan o dominio de Ámerica do Sur. O pai Gabriel dirixe unha misión no alto das montañas de Brasil, onde os nativos son evanxelizados e levan unha vida pacífica. Ata alí chega Mendoza, un mercader arrepentido, en busca de redención que, fascinado pola labor do pai Gabriel, se ordena sacerdote. A presión levada a cabo por Portugal obriga a Iglesia a ceder as terras nas que se atopa a misión. O pai Gabriel e Mendoza, aínda que por caminos moi diferentes, farán o imposible por defender a obra e evitar que os nativos sexan esclavizados. Palma de Oro á mellor película no Festival Internacional de Cannes e Oscar á mellor fotografía.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"La odisea" de Andrei Konchalovsky (1997)

Adaptación fiel da Odisea de Homero, que narra as aventuras de Ulises, que debe ir a loitar a Troya, deixando ao seo pequeno fillo Telémaco e a súa amada esposa Penélope. Tras conquistar Troya, Ulises regresa a Itaca, pero no seu camino deberá superar numerosas e perigosas dificultades provocadas polos deuses.
O reparto artístico é notable.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN . Tódolos públicos

"Ser o no ser" de Ernst Lubitsch (1942)

Unha compañía de teatro polaca ensaia en varsovia pouco antes da invasión alemana unha obra sobre Hitler. O actor protagonista Joseph Tura é un dos mellores actores do momento e a súa muller unha das actrices máis famosas.
Cando Alemaña invade Polonia a obra se suspende, pero os homes da compañía vense involucrados nunha trama de espionaxe na que terán que loitar contra os almeán coas súas únicas armas, o teatro.
Sucédense ó longo da película toda unha serie de situacións humorísticas levadas có chamado toque Lubitsch, ou sexa cun humor fino, sen caer na chabacanería nin no sketch doado.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos

"Gallipolli" de Peter Weir (1981)

Mel Gibson ofrece unha impresionante actuación nesta historia de amizade e aventuras entre dous atletas australianos en 1915.Ambos cruzan continentes e grandes océanos, para unirse ó seu reximento na fatídica batalla de Gallipoli. Feitos históricos mestúranse co destiño dos amigos, ó formar parte do lexendario enfrontamento entre Australia e os turcos aliados dos alemáns, durante a Primera Guerra Mundial, unha batalla que para os australianos é o equivalente de El Álamo para os norteamericanos. Un idealista e un escéptico unidos nunha loita sen sentido que os leva a un fatídico final. Unha das primeiras obras do director Peter Weir.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Salvar al soldado Ryan" de Steven Spielberg (1998)

Segunda Guerra Mundial. Tralo desembarco de Normandía, un grupo de soldados americanos asume a súa última misión: salvar a un só home. A patrulla do capitán John Miller debe arriscar as súas vidas para encontrar e devolver á casa ó desaparecido soldado Ryan.
O director Steven Spielberg definiu esta película como un alegato antibelicista, aínda que con tintes patrióticos.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Elizabeth" de Shekar Kapur (2007)

Historia da cruzada que levou a cabo unha muller, Elizabeth I, para controlar o amor, aplastarós seus inimigos e asegurara súa posición hexemónica no mundo occidental. María Estuardo, prima de Isabel de Inglaterra, conspira con Felipe IV para facerse co trono. Sir Francis Walsigham, o fiel conselleiro de Isabel, traballa sen descanso para protexela das numerosas conspiracións. A punto de iniciar unha guerra para defender o seu imperio, Isabel loita para manter o equilibrio entre o seu deber e a súa crecente vulnerabilidade causada pola atracción que sinte por Raleigh.
De factura británica, este feito é unha garantía dunha excelente ambientación histórica.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Rey de reyes" de Nicholas Ray (1961)

Narra todos os acontecementos da vida de Xesús, poñendo especial énfase nos seus momentos máis difíciles,as súas dúbidas entre a acción e a contemplación, así como as ideas a cerca do inconformismo, a liberdade e a violencia. Unha gran superproducción.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN:Todos os públicos

"Excalibur" de John Boorman (1981)

Cando Uther Pendragon seduce á prometida do Duque de Cornualles, conciben a Arturo. Dezaoito anos despois, o cabaleiro Arturo saca accidentalmente a espada encantada, Excalibur, da pedra na que fora introducida trala muerte de Uther. Proclamado o Arturo como rei, disponse a unificar o país levando a Merlín como conselleiro místico.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos
Por se queres ver o tráiler...

"Los miserables" de Josee Dayan (2000)

Película baseada na novela homónima de Víctor Hugo e ambientada na Francia do século XIX, cando o noble e ex-criminal Valjean é condenado por roubar pan e a xustiza lle perseguirá de forma implacable durante toda a súa vida. Esta obra maestra maxistralmente interpretada, combina a acción, a compasión e a dor dun home valeroso que loita contra o sistema xudicial que lle condenou a unha vida triste e sen liberdade.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Juana de Arco" de Christian Duguay (1999)

Juana de Arco, filla de campesinos, de intensa vida espiritual, vese implicada nos tumultuosos feitos guerreiros da Francia de principios do século XV, ao escoitar unha mensaxe de Deus que lle dicía: "Tí debes salvar a nación e ao rei". Grazas a Juana, o Delfín Carlos poido ser coroado como Carlos VII. Ao principio Carlos desconfiaba dela, e disfrazouse de campesino poñendo no seu lugar a outra persoa. Pero, sorprendentemente, Juana recoñeceulle. A doncella soupo dar ánimos aos seus compatriotas nas batallas cos ingleses, que ocupaban naquel momento a cidade de Reims. O prestixio e a piedade da xoven provocaron moitas envexas, e conduxeron a que Juana fora entregada a un simulacro de tribunal relixioso, que acusouna de bruxería e herexía. Morreu na fogueira, aínda que o Papa e o rei de Francia proclamaron a sua inocencia.
Esta estupenda miniserie feita televisiva presenta un increíble despregue de medios, e un enorme esforzo na ambientación e nas escenas de batallas, acompañado todo elo dun gran reparto destacable pola súa magnífica interpretación.

"Los años bárbaros" de Fernando Colomo

En 1947 dous mozos son condeados a varios anos de cárcere por realizar unha pintada antrifranquista na Universidade. O xefe do sindicato de estudantes, un falanxista, logra que os condeen a oito anos. Grazas á axuda dunha francesa colaboracionista conseguen escapar e percorrer o país nun coche descapotable acompañados de dous americanas das que simulan ser os seus guías turísticos.
Unha boa comedia do cineasta español.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Golfus de Roma" de Richard Lester (1966)

Cando un astuto escravo, mentireiro e perezoso descobre que o fillo do seu amo está namorado da viciña, comprométese a axudalo a conquistala a cambio da súa liberdade. Polo camiño atopará unha serie de obstáculos incribles que porán en perigo a súa empresa... Unha comedia musical sobre a antiga Roma e os seus habitantes. Non é unha historia moi realista, pero sí moi divertida e provocativa
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"La locura del rey Jorge" de Nicholas Hytner (1995)

Inglaterra, 1786. O rei Jorge III, soberano dotado dunha excéntrica personalidade vese atacado por unha dolencia física descoñecida que o leva cara á locura. O film, estupendamente ambientado reflexa, en clave de humor, o esforzo do círculo cercano ó monarca, que tenta manter a imaxe de dignidade e repetabilidade da Coroa ante a complexa trama de intrigas que, aproveitando a dolencia real, pretende por en perigo a persoa do rei e o poder da monarquía.
Nominada a catro Óscar gañou un, ademais de obter outros premios diversos.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"El último samurai" de Edward Zwyck (2003)

Tom Cruise protagoniza o papel do capitán Natham Algrem, un heroe da Guerra de Secesión estadounidense que chega a Xapón para loitar contra os samurais, pero que acaba uníndose á súa causa. Ken Watanave interpreta a Katsutmoto, un xefe de samurais que defende un estilo de vida en extinción, cun destino que acaba unido ó do norteamericano. Aventura épica que narra o nacemento do Xapón moderno.
Está ambientada na revolución ou restauración Meiji e o papel de Katsumoto está baseado no personaxe real de Takamori Saigo que se enfrontou ó emperador para intentar manter o sistema feudal (samurai) en Xapón e que despois dunha cruenta batalla na que foi derrotado se suicidou (seppuku). O seu valor foi recoñecido postumamente a pesar de enfrontarse ó propio emperador.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"El tercer hombre" de Carol Reed (1949)

Un novelista fracasado norteamericano chega a unha Viena dividida en zonas polos aliados durante la posguerra (1945), para encontrarse cun amigo da súa infancia. Aquí comunícanlle que o seu amigo falecera. O xefe da policía militar británica insinúalle que o seu amigo estaría implicado na trama do mercado negro. Empeza a investigar os últimos días do seu amigo e descobre que este non morrera atropelado. Baseada na novela de Graham Greene
(autor do guión), nesta ocasión Orson Welles non dirixe senón que interpreta o papel protagonista. Cine negro de factura clásica.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"El extraño" de Orson Welles (1946)

O estranxeiro de quen fala o título é Franz Kindler (o propio Welles), un dos maiores criminais de guerra nazis que trala guerra trasladouse a Harper, un tranquilo pobo estadounidense, vivindo agora seguro baixo unha falsa identidade: Charles Rankin, profesor, que ademais está a punto de casar con Mary. O sempre xenial Edward G.Robinson é Wilson, un axente da Comisión Aliada contra Crímenes de Guerra, que decide deixar escapar a Konrad Meinike, nazi condenado pola comisión, coa esperanza de que lles conduza ata Kindler, un bocado moito máis apetitoso. Unha gran película de cine negro con actores clásicos deste xénero como Edward G. Robinson

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"El acorazado Potemkin" de Serguei M. Einsenstein (1925)

Unha das películas máis aclamadas de todos os tempos. Rodouse na propia URSS para a conmemoración do vixésimo aniversario de la Revolución Rusa de 1905. Narra a sublevación dos mariñeiros do acorazado Potemkin e o apoio que estos recibiron por parte da poboación de Odessa. Unha visión soviética da súa propia historia rodada 5 anos despois do trinfo da Revolución comunista de 1917.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"1492, la conquista del Paraíso" de Ridley Scott (1992)

Expléndida superproducción que narra a expedición e descubrimiento de América por Cristobal Colón, así como os inicios da sua conquista e posterior colonización.
Coa intención de abrir unha nova ruta hacia Asia, Cristobal Colón solicita o apoio de Francia, de Inglaterra e de Portugal, que despois de estudar o proxecto, o descartan. Os expertos españois, despois de estudialo en profundidade, nun principio o rexeitan. Sen embargo e a pesar destes inconvenientes, Colón é apoiado polo pai Marchena e polo armador Martín Alonso Pinzón, de tal xeito que a raíña Isabel de Castilla termina por dar a sua aprobación ao proxecto, e finalmente Colón zarpa rumbo a Asia. A pesar de que a viaxe sexa moito máis longa do que dixera, o 12 de Outubro de 1492, "La Pinta", "La Niña" e "La Santa María" con Colón ao mando, atracan nunha pequena illa do Caribe á que chamarán San Salvador. A partir de aquí comezará unha das grandes historias que cambiará o futuro do mundo.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: No recomendada para menores de 13 anos.

"Gandhi" de Richard Attemborough (1982)

Mahatma Gandhi non gobernou ningún país, pero logrou o que ningúen consiguera antes; conduxo a un país hacia a liberdade e foi a esperanza dun pobo. Mahatma Gandhi, desde os seus inicios como avogado en Suráfrica ata se convertir no famoso líder na India. Tras defender os dereitos dos cidadáns de orixen no europeo en Sudáfrica, decide que os hindúes se converteron en cidadáns de segunda clase na súa propria terra e consigue facer sublevarse ao pobo hindú do réxime do Imperio Británico mediante a doctrina da non violencia. A película recrea con todo detalle a vida de Gandhi, as súas ideas e o poder que acadou. Con escenas tan espectaculares como a masacre de Amristar, onde os británicos dispararon sobre 15.000 homes desarmados, mulleres e nenos, e a increíble marcha hacia o mar na que Gandhi arrastrou a miles de compatriotas para demostrar que o sal do mar lles pertenecía a todos e que non era de uso exclusivo dos británicos. Unha obra mestra, unha mirada ao corazón e ao alma dun home cuxa victoria cambiou o mundo para sempre.
Esta película foi galardonada con oito Oscar da Academia, entre os que destacan mellor película, director, actor e guión orixinal, ademáis de cinco Globos de Ouro e numerosos premios da Academia Británica, de Asociacións de Críticos de cine, etc.

Trailer de la película:


FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN :Tódolos públicos

"Lagaan, érase una vez en la India" de Ashutosh Gowariker (2001)

Ano 1893: India atópase baixo a dominación británica. Os raxás perderon gradualmente poder e son só gobernadores nominais. En canto ós británicos, teñen adoptada unha política dual poa que protexen os territorios dos raxás de calquera invasión e, ademais, administran a lei . En contrapartida, recadan un imposto que deben pagar todos os campesiños do país: o lagaan . A crise chega ata a aldea de Champaner, situada no centro dea India cando os raxás anuncian que van recaudar un imposto doble. Nese momento, a rexión atravesa unha gran sequía. Será entón cando o xoven campesino Bhuvan encabece unha revolta contra a imposición do lagaan. Coa axuda da súa prometida Gauri e a inglesa Elizabeth promoverán unha loita sen derramamentos de sangue. Entre todos idean un curioso sistema mediante o que poderán decidir quén ten razón: trátase dun partido de cricket que enfrentará ós agricultores de Champaner contra os británicos, entre os que se conta o Capitán Russell. Unha historia divertida que axuda a comprender un pouco mellor o imperialismo europeo do século XIX.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El gran dictador" de Charles Chaplin

Un barbeiro resulta ser o dobre exacto do dictador de Tomania, Hynkel. Este fomenta o antisemitismo entre a poboación distraendo a súa atención das graves dificultades económicas do país. Hynkel toma a decisión de invadir Austerlich a pesar dos problemas que iso representa, un dos cales leva por nome Napoloni, e nunha escaramuza disfrazada de cacería de patos, Hynkel é confundido co barbeiro, que toma a identidade do dictador.
Un clásico do cine de tódolos tempos onde Charles Chaplin brinda unha película ambientada no período entre a primeira e a segunda guerra mundiais, entre 1918 e 1939.
Se qaínda queres saber máis sobre Chaplin e disfrutar dos videos dalgunhas das súas películas, clicka eiquí.

Curiosidades de "El gran dictador".

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN:Tódolos públicos

"Adiós a las armas" de Frank Borzage (1932)

Durante a I Guerra Mundial, un militar italiano e outro estadounidense chegan a trabar unha gran amistade. Pouco despois, o norteamericano cae ferido e nel hospital onde se recupera enamórase de a enfermeira que coida del. As circunstancias da guerra obligalles a se separar.
A impecable realización do seu director Frank Borzage transformou esta adaptación da novela de Ernest Hemingway nun clásico do cine bélico. Magníficos traballos dos seus protagonistas.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"55 días en Pekín" de Nicholas Ray

Durante a ocupación de Pekín polas potencias estranxeiras, xurden unha serie de revoltas que obrigan a un grupo de soldados e civís británicos, norteamericáns, e rusos, a se refuxiar no interior da Cidade Prohibida de Pekín. Un marine dos Estados Unidos é o encargado de liderar a resistencia e tratar de gañar o máximo de tempo posible ata que as negociacións entre os gobernos ou a axuda militar se leven a cabo. Conta coa axuda do severo embaixador británico. Durante o tempo que pasan na cidade, respondendo aos ataques dos chineses, ámbolos dous entran en relación cunha atractiva condesa rusa.
Una historia épica narrada con sobriedade, e un dos clásicos de Hollywood.
Nicholas Ray está considerado o director que fai de ponte entre o clasicismo e a modernidade no cine, ademáis de servir de unión entre a maneira de entender o cine dos norteamericáns e a dos europeos.

Para consultar curiosidades sobre a película clickade eiquí:
Curiosidades de la película

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El Cid" de Anthony Mann

Na segunda mitade do século XI, Rodrigo Díaz de Vivar, máis tarde coñecido como "El Cid Campeador", alzouse sobre as disensións de dúas culturas para facer frente a un enemigo que ameazaba con as destruir. O primeiro encontro do xoven Rodrigo cos moros ten lugar durante unha excursión as posesións da familia da súa prometida. Moitas e moi diversas aventuras esperan ao Cid: as intrigas co conde García Ordóñez, o desafio do rei Ramiro de Aragón, os seus amores co Jimena e a morte do rei Fernando I, entre outras. É 1110, cando Castilla era un diminuto condado, o xoven Rodrigo Díaz de Vivar tamén fai súa unha afrenta ao seu pai. A súa fama prospera aínda máis cando fai xurar ao futuro rei Alfonso que non é responsable da morte do seu irmán...
Una gran película de Anthony Mann, dotada dunha heroicidade extraordinaria que envolve a lenda histórica do personaxe do Cid, nunha descrición da Idade Media realmente atractiva e interesante onde se abordan temas como a lealtade, a ambición, o amor, a codicia ou a honestidade.
Luxosa producción con espectacular emprego dos escenarios, épica partitura e boas actuacións en xeral para este percorrido sobre a vida e obra de Rodrigo Díaz de Vivar. A súa rodaxe realizouse en España.
Podedes atopar unha información máis completa sobre a relación entre a historia real do Cid e a película no seguinte documento realizado pola universidade de Alicante:
El Cid, de Anthony Mann, a través del cine histórico y la Edad Media.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN:Tódolos públicos

"Rapa-Nui" de Kevin Reynolds (prov) (1994)


Película sobre a historia dos primeiros poboadores da Illa de Pascua, os constructores dos enigmáticos moais.










Se queres máis información vaite a ...
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Gladiator"de Riddle Scott

Marco Aurelio morre asasinado na fronteira cós xermanos. Un novo emperador goberna Roma: o seu fillo Cómodo.
O xeneral Máximo "o Hispano" pasa de gran heroe a enemigo do Imperio e fuxe para salva-la vida.
O destino lévao de novo a Roma como gladiador e alí terá a oportunidade de vingarse.
Outra película do gran Ridley Scott, esta vez ambientada no mundo romano pero con toda a monumentalidade que este director imprime ó seu cine. Recorda tamén son súas películas como Alien, Blade Runner, Un lugar en el cielo,...
Eiquí podes enterarte de maís cosas sobre a película.

Uso didáctico e unha reflexión sesuda eiquí.


Gladiator Trailer
by DaniloBatista
CUALIFICACIÓN: mAIORES 13 ANOS

"El pianista" de Roman Polanski


A historia real dun músico xudeo que na Varsovia ocupada polos alemanes consigue miragreiramente sobrevivir, pero é testemuña de todo o horror e a crueldade dos nazis durante a guerra. Verá tamén como, un a un, irán desaparecendo todos os seus amigos e familiares e tamén todas aquelas personas que irá coñecendo o longo da película.

Tes máis información eiquí e acolá.

Como sempre a ficha máis completa está en IMDB
CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"Master & Commander" de Peter Weir

A HISTORIA

Estamos durante a guerra entre Francia e Gran Bretaña no ano 1805. A batalla no continente se traslada ó mar.

O capitán Aubrey ten como misión seguir e controlar ó barco francés ”Aucheron” na costa de América do Sur. Sorprendentemente este barco os ataca provocándolle graves desperfectos e algunhas baixas. Decide perseguilo pola Patagonia ata que o alcanza nas illas Galápagos.


CUALIFICACIÓN:Tódolos públicos

AS GUERRAS NAPOLEÓNICAS

Despois da Revolución francesa a maior parte das potencias europeas deciden combatir contra Francia. A pesar da desigualdade das forzas en combate, o exército francés ten grandes éxitos ó mando de sobresaintes militares como Napoleón Bonaparte.

Pero o éxito en terra se convirte en máis dificil no mar. A frota británica amósase como moito máis poderosa que a francesa.

Cando España se convirte en aliada de Francia parece que Napoleón vai ser capaz de vencer ó seu gran enemigo, pero as derrotas na batalla de Finisterre e sobre todo en Trafalgar fará que os franceses teñan que abandonar o seu soño de desembarcar nas Illas Británicas.

A película centrase no momento anterior a esas grandes batallas francoespañolas contra os británicos e vai ser un símbolo do que serán os acontecementos posteriores: o dominio británico dos mares.

O NATURALISTA

Hai unha figura que destaca na película, a do médico e naturalista do barco, Stephen Maturin, o amigo do capitán Aubrey. Non é complicado ver neste personaxe unha prefiguración do que fará algo máis tarde Darwin a bordo do Beagle, na famosa expedición na que asentou as bases da súa famosa teoría da evolución. A súa paixón pola naturaleza, o seu papel de confesor e amigo do capitán e porque non o remate da historia nas Illas Galápagos, todo esto nos recorda o que foi a expedición de Darwin, probablemente a máis famosa viaxe de exploración da historia.

Algúns datos...

¡Só é un xogo!


"La selva esmeralda" de John Boorman (1985)

Película de temática ecoloxista baseada nunha historia real na que un enxeñeiro que traballa na construcción dunha presa na Amazonia ve coma o seu fillo pequeno desaparece.
A película xira en torno ó encontro anos despois de pai e fillo e do choque cultural que entre eles se produec, tendo como pano de fondo, a destrucción da selva do Amazonas e os enormes problemas que eso lle causa ós indíxenas que viven no seu interior.
Unha reflexión sobre a vida dos indíxenas e a súa cultura, pero tamén sobre o desastre medioambental que alí se está aproducir.

Máis información nesta páxina e nesta outra
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El nombre de la rosa" de Jean-Jacques Annaud (1986)

Uns monxes asasinados nun remoto mosteiro ...
Un famoso detective e o seu xove axudante...
Un debate que pode cambiar á historia da cristiandade...
Unha estrana biblioteca e o seu misterioso contido...
A Inquisición disposta a actuar... Segue o fío e observa os métodos inquisitoriais empregados en distintos países.
Se queres saber máis
Baseada na novela do mesmo nome do famoso escritor italiano Umberto Eco.
FICHA TÉCNICA

Disfruta dun fragmento da película
CUALIFICACIÓN: maiores de 13 anos


"La vida es bella" de Roberto Begnini

O cómico Roberto Begnini ofrécenos nesta película unha das mellores reflexións que se pode facer sobre o que foi a terrible barbarie nazi contra os xudeos: a persecución na Italia da 2ª Guerra Mundial que levou a moitos xudeos ós campos de concentración nazi contada a través da historia dun pai que intenta evitarlle ó seu fillo que sepa o terrible e inxusta que é esa situación.
Nunca as bágoas e as gargalladas estiveron tan pretos unhas doutras. Rieste sen poder evitalo, aínda sabendo que te estás a rir de cousas terribles como foi o exterminio dos campos de concentración...
¡Disfrutade dela!
Máis datos en inglés... ou se prefires en castelán. Tamén podes disfrutar do que é o seu trailer (en inglés) clickando eiquí
Por certo se queres ler algún libro sobre a mesma temática ( pero con outro tono) non deixes de ler o bestseller do ano pasado "o neno co píxama a raias" (témolo na nosa biblioteca en galego e en castelán).
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos