As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta Roma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roma. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de febrero de 2009

"Roma" Serie de TV (1ª e 2ª temporada)

Cuatrocientos anos despois de fundar a República, Roma é a ciudade máis rica do mundo, unha metrópole cosmopolita dun millón de persoas, o epicentro dun imperio en expansión. A República fundouse sobre os principios do poder compartido e na feroz competencia persoal, sen permitir nunca a un só home ter o control absoluto. Pero agora, eses cimientos se están a desmoronar, carcomidos pola corrupción e o exceso. Tras oito anos de guerra, os soldados Lucio Voreno e Tito Pullo entrelázanse, sen decatarse, nos feitos históricos da Antiga Roma... a súa amiszade sobrevivirá a numerosas probas.

FICHA TÉCNICA

CALIFICACIÓN: Non recomendada menores de 18

lunes, 7 de abril de 2008

"Titus" de Julie Taymor (1999)


Titus narra a historia do gran xeneral romano Tito Andrónico. Ao volver a Roma, despois de vencer nas súas batallas contra os godos, sacrifica aos deuses o fillo do caudillo enemigo gañándose o odio eterno da súa nai Tamora, que tamén é prisionera. Pero a situación de Tito tornarase delicada cando ocorrupto Saturnino é nomeado emperador e toma a Tamora como esposa.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 18 anos

"Neron" de Marcus Paul (2004)

A vida de Nerón, o derradeiro emperador da dinastía Xulio-Claudia. Como sobriño de Calígula non parecía ter posibilidades de acceder ó trono, pero os asasinatos e as intrigas, especialmente da súa nai Agripina, fixeron que o lograra con tan só 17 anos.
Se os primeiros anos de goberno foron bastante positivos, pronto as tensións internas na familia, o abandono de Séneca e a propia enaxenación deron paso a un réxime de terror con múltiples condenas, execucións, confiscacións e todo tipo de extravagancias.
O seu gusto pola poesía e a arpa, non impediron que pasara á historia como perseguidor de cristiáns e posible causante do espectacular incendio de Roma que durou seis días e arrasou a cidade.
FIHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores 18 anos

"Augustus" de Roger Young (2003)

Xulio César é asasinado. Nas súas últimas vontades apunta como herdeiro a Octavio, un mozo tímido pero con vontade de ferro. Regresa a Roma e, apoiado polas lexiós, forza ó Senado a nomealo Cónsul con tan só 19 anos. Xunto con Marco Antonio, amante da raiña Cleopatra, vence os asasinos de César e ambos repártense o mundo.
Pero o destino de Octavio será converterse no futuro emperador Augustus e dar inicio a un novo imperio.
Saber máis: os amores tráxicos de Marco Antonio e Cleopatra
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

domingo, 6 de abril de 2008

"Cleopatra" de Frank Roddam (1999)

Cleopatra é a intelixente raíña de Egipto. Tras tres años de goberno, os seus irmáns arrincáronlle o trono e agora atópase no exilio. Cleopatra consegue seducir a Cesar, de quen queda embarazada, e recupera o poder. O asasinato do seu poderoso amante leva a Roma á guerra civil, na que un dos seus xenerais, Marco Antonio, destaca sobre o resto asumindo gran poder. Ambos vivirán unha apasionada historia de amor que acabará de forma tráxica coa invasión de Exipto por parte do exército de Octavio Augusto.
Unha nova versión, filmada especialmente para a TV, desta páxina clásica da Historia de Roma.
Ficha técnica
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos

"La vida de Brian" de Terry Jones (1979)

Brian nace en Belén o mesmo día que Xesucristo e debido a unha serie de divertidísimos equívocos terá que levar unha vida paralela á do propio fillo de Deus.
Un simpático percorrido pola Roma do século I que xorde da imaxinación dos Monthy Python, grupo de humoristas británicos que gozaron de gran éxito a finais dos anos 70 debido ás súas disparatadas historias. Esta película estivo prohibida nalgún país por ter sido considerada irreverente.
Fragmentos doutros films escritos e protagonizados polos Monthy Python

Ficha técnica
CUALIFICACIÓN : Tódolso públicos

sábado, 29 de marzo de 2008

"La caída del imperio romano" de Anthony Mann (1964)

Trala morte de Marco Aurelio, o Imperio de Roma inicia a súa decadencia. Cómodo, o novo Emperador, non atende as advertencias do seu conselleiro, o filósofo grego Timónides. Mentres, Lucila, filla de Marco Aurelio, vive un apasionado romance con Livius. A desintegración do Imperio comeza coa presión que sobre as fronteiras exercen os pobos "bárbaros". En Roma, dentro do Senado, prodúcense disputas polo poder.

FICHA TÉCNICA Nesta Ficha técnica poderás ver o trailer da película
CALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Golfus de Roma" de Richard Lester (1966)

Cando un astuto escravo, mentireiro e perezoso descobre que o fillo do seu amo está namorado da viciña, comprométese a axudalo a conquistala a cambio da súa liberdade. Polo camiño atopará unha serie de obstáculos incribles que porán en perigo a súa empresa... Unha comedia musical sobre a antiga Roma e os seus habitantes. Non é unha historia moi realista, pero sí moi divertida e provocativa
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Gladiator"de Riddle Scott

Marco Aurelio morre asasinado na fronteira cós xermanos. Un novo emperador goberna Roma: o seu fillo Cómodo.
O xeneral Máximo "o Hispano" pasa de gran heroe a enemigo do Imperio e fuxe para salva-la vida.
O destino lévao de novo a Roma como gladiador e alí terá a oportunidade de vingarse.
Outra película do gran Ridley Scott, esta vez ambientada no mundo romano pero con toda a monumentalidade que este director imprime ó seu cine. Recorda tamén son súas películas como Alien, Blade Runner, Un lugar en el cielo,...
Eiquí podes enterarte de maís cosas sobre a película.

Uso didáctico e unha reflexión sesuda eiquí.


Gladiator Trailer
by DaniloBatista
CUALIFICACIÓN: mAIORES 13 ANOS