As nosas pelis

Mostrando entradas con la etiqueta mundo actual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mundo actual. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de febrero de 2009

"Solo un beso" de Ken Loach (2004)

Casim é un mozo escocés de orixe paquistaní. É un gran disc jockey e apasionado da música. Soña con abrir un club propio co seu mellor amigo, Hammid, un soño que se toma moi en serio. Estudiara contabilidade, pero non quere exercer. Os seus pais, Tariq e Sadia, emigraron ó Reino Unido nos anos sesenta, procedentes de Pakistán. En Glasgow, onde a familia se instala, tenen unha tenda de comestibles e prensa. Tariq e Sadia, musulmans devotos, decidiron que Casim case coa súa prima Jasmine, a sobrina preferida de Sadia. Pero Casim enamórase de Raisin, unha muller católica.
FICHA TÉCNICA

Calificación: Non recomendada menores 13 años

"Zona libre" de Amos Gitai (2005)

Rebecca, unha xoven estadounidense, despois dunha forte discusión coa súa futura sogra e o seu noivo, métese nun taxi conducido por Hanna para volver á súa casa. Pero Hanna xa fixera plans; debe ir a Xordania para buscar o dineiro que lles debe o Americano, o socio do seu marido. Rebecca decide acompañala. Chegan á ”Free zone” (Zona franca), cerca de Ammán, Xordania, pero non atopan ó Americano. A súa esposa Leila, que é palestina, dícelles que non ten eses cartos. O seu afillado, Walid fóra ó banco, pero non volvera aínda. Unha road-movie en Oriente Próximo; a historia dun encontro inesperado, unha noite con tres mulleres de culturas diferentes que intentarán, unindo as súas forzas, cambiar o curso dos acontecementos.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"No sin mi hija" de Brian Gilbert (1991)

En 1984, Betty Mahmoody, unha cidadá americana felizmente casada cun doctor iraní, ia pasar unhas agradables vacacións na casa da familia do seu esposo en Irán. Una vez alí, foi retida coa súa filla e obrigada a quedarse a vivir para sempre nese país. A película conta as aventuras que Betty e a súa filla, Mathob, de seis años, sofren para poder escapar de Irán. A cultura e a lei deste país apoian a decisión do seu esposo e da súa familia, mentres que no mundo occidental é vista como un rapto salvaxe e cruel.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Non recomendada menores 13 anos

"Tráfico humano" de Christian Duguay (2005)

Nadia, unha adolescente rusa de 16 años, es enganada polas promesas dunha axencia de modelos. Fuxindo da súa casa cae nas mans duns proxenetas e é conducida a Nueva York para traballar nun prostíbulo en condicións infrahumanas. Cando unha xoven de dezaseis anos procedente de Ucrania, unha madre solteira orixinaria de Rusia, unha moza de dezasete anos de Rumanía e unha turista son víctimas da rede de tráfico de mujllres para a prostitución, o equipo de axentes de ICE, que loita por desenmascarar a organización que dirixe este horror, descubre unha conspiración de proporcións globais.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Maiores 18 anos

miércoles, 9 de abril de 2008

"Himalaya" de Eric Valli (1999)

Noroeste do Nepal, unha aldea a máis de 5.000 metros de altura. O ancián Tinlé, o máis prominente da rexión, coñece a morte do seu fillo maior, xefe do pobo, coincidindo coa preparación da caravana anual para levar sal e cambialo por grans. Hai que nomear un novo xefe que tamén será o encargado de conducir a caravana. Tinlé ten que facer a elección, pero rexeita a Karma, e decide guiar a caravana el mesmo cos seus fillos. Tampouco Karma renuncia.
Ambos comezarán a marcha por rutas diferentes. A rivalidade e as dificultades do camiño levarannos a situacións extremas.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"La intérprete" de Sydney Pollack (2005)

Silvia Broome, unha intérprete das Nacións Unidas nacida en África, escoita cómo ameazan de morte a un presidente africano a punto de falar na Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Inmediatamente dase conta de que ela tamén é branco dos asasinos e desesperadamente loita para frustrar os seus plans. Só debe atopar a alguén que a crea. Tobin Keller, o axente federal encargado de protexer a intérprete, non está tan seguro da versión da muller. Ámbolos dous ven a vida desde ópticas diferentes. Ela cre no poder e na inviolabilidade das palabras. El analiza a xente segundo o seu comportamento.
Basta con estar no corredor axeitado e no momento axeitado para que un susurro incline a balanza do poder.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El jardinero fiel" de Fernando Meirelles (2005)

Nun remoto lugar de Kenia, unha activista europea, Tessa, aparece brutalmente asasinada. O médico local que a acompañaba non aparece. Todo parece apuntar un crime pasional, pero o viúvo de Tessa, diplomático británico, en contra do esperado, decide limpar o bo nome da súa muller e rematar o que ela comezara. Non tardará en decatarse da existencia dunha trama que xa se cobrou moitas vidas inocentes e que está en conexión coa industria farmaceútica de empresas multinacionais e os seus experimentos no Terceiro Mundo.
Basada nun texto de John Le Carré.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Las cartas de Alou" de Montxo Armendáriz (1999)

Alou, xoven senegalés que entra clandestinamente en España animado polo seu amigo Mulai, vese forzado a traballar en condicións moi precarias en invernadoiros, na venta ilegal, na recollida de froita e en talleres de confección en diversos lugares de España, e durante a súa estancia envía cartas aos seus familiares informando da súa situación. Pero a aventura se interrompe coa súa detención por parte da policía, aínda que de novo cruza o Estreito...

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos

"Wall Street" de Oliver Stone (1987)

Oliver Stone narra a historia de Bud Fox, un xoven corredor de bolsa que quere triunfar dentro de Wall Street. Cando coñece a Gordon Gekko, todo un tiburón das finanzas, Fox introducirase nun mundo cheo de luxo, diñeiro e ambición. Ante este panorama, Fox corre o risco de perder o rumbo e máis aún cando o propio Gekko lle ofrece un negocio importante co que pode se-enriquecer, pero que é tamén sucio e inmoral.
Unha das mellores películas do mundo da economía e da bolsa de Nueva York. Oscar e Globo de Ouro ao mellor actor para Michael Douglas, pola súa interpretación como cínico e ambicioso 'broker'.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"El sastre de Panamá" de John Boorman (2001)

Película de intriga baseada na novela do mesmo nome de John Le Carré.
Geoffrey Rush é Harry Pendel, un ex prisionero que se volve famoso como xastre para os poderosos de Panamá. Harry é recoñecido na ciudade onde vive polos seus contos e traxes. Esta vez as súas famosas fábulas traeran repercusións fatais cando se debe converter en espía do axente britanico Osnard.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Romeo y Julieta" de Baz Luhrmann (1996)

En Verona Beach sucedense os enfrontamentos entre as dúas familias máis poderosas (os Montesco e os Capuleto), para impoñer o se dominio. Dentro dun contexto urbano que non descarta a violencia, Fulgencio Capuleto organiza unha festa a que asiste Romeo Montesco. Durante a festa, os Capuleto intentan que a súa xoven filla Julieta se comprometa co arrogante Dave Paris. Sen embargo, cando Romeo e Julieta se contemplen de forma casual, xurdirá desde o primeiro momento o amor entre eles.
Unha moi pouco convencional adaptaciòn do clásico de William Shakespeare.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores de 13 anos

"La pelota vasca, la piel contra la piedra" de Julio Medem (2003)

Longametraxe de xénero documental baseado en entrevistas a case setenta persoas sobre os múltiples aspectos do conflicto vasco e realizado en típicos espacios da xeografía de Euskadi: frontóns, acantilados, praias, montes de caseríos. Julio Medem compón un complexo tecido de opinións e momentos históricos con un dobre compromiso ético: a oposición á violencia e a invitación a un diálogo político.
Saber máis: a película como proposta didáctica; a historia da ETA.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

domingo, 6 de abril de 2008

"Farenheit 9/11" de Michael Moore (2004)

Película documental que trata de analizar as causas e as consecuencias dos atentados ás Torres Xemelgas nos Esrtados Unidos o 11 de setembro de 2001, facendo referencia á posterior invasión de Iraq. Ademais intenta determinar o alcance dos supostos vínculos das familias de George Bush, presidende dos EEUU no momento dos atentados, e de Osama Bin Laden, acaudalada famila saudí.
O título resulta de sumar a referencia ó libro de Ray Bradbury, Farenheit 451 (representa a temperatura á que arde o papel) e a data dos atentados (mes e día)
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN :Tódolos públicos