As nosas pelis

domingo, 6 de abril de 2008

"El reino de los cielos" de Ridley Scott (2005)

Tempo das Cruzadas, século XII. En Francia o xoven ferreiro Balian, que ven de perder a súa muller e o seu fillo, recibe a visita do nobre cabaleiro cruzado Godofredo de Ibelin, de quen é fillo iléxitimo. Superando a dor, únese ó seu pai e marcha a Terra Santa. Alí ha tomar partido entre os partidarios de chegar a aordos e manter a paz (Reino dos Ceos) ou loitar ó grito de ¡Deus o quere!
Mestura de feitos e personaxes históricos(Balduino IV o Leproso, Saladino) e fabulación que enaltece as virtudes e defectos do periodo. En todo caso constitúe unha vigorosa defensa da honradez persoal e da tolerancia entre as relixións
Rodada en Marruecos e España: castelo de Loarre, catedral de Ávila, Alcázar de Sevilla, ...
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

No hay comentarios: