As nosas pelis

domingo, 6 de abril de 2008

"La sal de la tierra" de Herbert Bibberman (1953)

En xuño de 1951 unha folga paralizou o traballo nunha mina de zinc de Nuevo México, Estados Unidos. A compañía mineira, chamada Empire, rexeitou toda negociación e a folga prolongouse indefinidamente. Os mineiros, organizados nun piquete ante a mina, pedían condicións máis seguras de traballo e melloras sanitarias nas vivendas das familias dos mineiros latinos, a quenes a compañía trataba considerablemente peor que aos mineiros anglos. Empire chegou a obter unha orde xudicial para prohibir o piquete pero alguén advirtiu que o documento no dicía nada sobre as esposas dos mineiros, polo que decidiouse que os piquetes foran integrados por mulleres. A folga prolongouse así ata xaneiro de 1952, cando a compañía aceptou reiniciar as negociacións.
A maior parte dos personaxes foi interpretada polos mineiros locais, esposas e vecinos da zona. Entre eses non profesionais destaca Juan Chacón, presidente do sindicato de mineiros desde 1950, e Clinton Jencks, o activista anglo que defende a unión entre anglos e latinos contra os desexos da empresa e que, tras a rodaxe, tivo que abandonar o seu traballo na mina, pola caza de bruxas.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

No hay comentarios: