As nosas pelis

lunes, 7 de abril de 2008

"Goodbye Lenin" de Wolfgang Becker (2003)

Ano 1989: unha convencida socialista da Alemaña oriental (RDA) cae en coma, ó espertar o Muro de Berlín e a mesma RDA xa non existen. A perestroika está a cambiar o bloque soviético e Alemaña é agora un país de réxime liberal e capitalista. Para evitarlle sufrimentos e unha posible recaída, os seus fillos converten a súa casa nun enclave socialista como se nada tivera cambiado.
O que comeza coma unha pequena mentira piadosa acabará nunha gran farsa.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos

"Ricardo III" de Richard Loncraine (1995)

Versión da obra homónima de W Shakespeare, trasladando a acción a unha imaxinaria Inglaterra fascista dos anos 30.
O cruel e cínico Ricardo irá eliminando un a un todos os compoñentes da familia real para facerse coa coroa. É a historia dun hoe obsesionado polo poder, un home ó que a natureza non dotou de encantos físicos e que se serve da conspiración, o engano e o crime para lograr os seus obxectivos.
A célebre frase "o meu reino por un cabalo"

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAICÓN: Maiores de 13 anos

"Con sangre y fuego" de Jerzy Hoffman (1999)

A historia de amor dunha muller atrapada entre dous homes rivais, un oficial do exército polaco e un cosaco ucraíno, no marco da Polonia do s. XVII asolada pola guerra entre os leais ó rei Ladislao IV e os rebeldes cosacos. Estes intentan invadir toda a Ucraína polaca, onde se encontra Galitzia, coa axuda dos tártaros, os otománs, militares polacos descontentos e gran parte dos campesiños ucraínos, fartos de ser explotados pola nobreza.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores de 18 anos

"Grita libertad" de Richard Attemborough (1987)

Donald dirixe un periódico en Sudáfrica e, ademáis, é branco. Unha muller le pon en contacto con Steve Biko, un importante activista negro que loita por acadar a igualdade de dereitos e a convivencia pacífica entre as dúas razas en Sudáfrica. Donald e Steve simpatizan e o periódico comeza publicar noticias da comunidade negra, elaboradas por redactores negros.
A través da relación entre os dous homes amósanse os horrores do apartheid e invita a relexionar sobre o racismo.
Está basada en feitos reais.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAICÓN: Maiores de 13 anos

"Amor inmortal" de Bernard Rose (1995)

Viena, 1927: Beetohoven morre legando todas as súas posesións a unha muller descoñecida, que el chama amada inmortal. O seu secretario e amigo Schlinder trata de encontrala. A única pista inicial é unha carta, será o fío que poida levar ata esa misteriosa muller tan amada polo xenial músico. No curso da investigación irá saíndo á luz a complexa armazón de sentimentos, decepcións e ocultas paixóns da súa vida.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos

"Pan Tadeusz" de Andrej Sekula (2001)

Durante as guerras napoleónicas dúas familias polacas se enfrontan xa que ambas manteñen posición enfrontadas: mentras uns son aliados dos rusos, outro son partidarios da independencia.
O amor entre dous xoves membros destas familias pode unilos.
De fondo temos a vida da nobreza polaca da época, un espello do que sería a vida da corte entre a nobreza do resto de Europa.
Algún comentario sobre esta película.
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos

"El conde de Montecristo" de Josée Dayan (1998)

Edmundo Dantés, cando está a punto de contraer matrimonio, é arrestado por un crime que non cometeu. Encerrado no cárcere do castelo de If, verá pasar os anos ata que finalmente logra fuxir. Azar e destino fano rico e poderoso, isto servirálle para vingarse de todos aqueles que trataron de destruílo.
Basada na novela homónima de Alexandre Dumas.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Apocalypse now" de Francis Ford Coppola (1979)

No marco da Guerra de Vietnam, o capitán Willard é enviado a Camboia para cumprir unha misión: asasinar o coronel Kurtz, que enloquecido e escondido na xungla, ven de converterse nun cruel dictador.
A viaxe emprendida por Willard é un descenso ós infernos, onde o individuo perde os seus valores éticos.
Unha secuencia: o ataque dos helicópteros coa música de Wagner de A cabalgata das Walkirias.
Inspirada na novela de Joseph Conrad, O corazón das tenebras.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN. Maiores de 18 anos

"Sacco e Vanzetti" de Giuliano Montaldo (1971)

Estes dous anarquistas foron inxustamente acusados dun crime cometido no South Braintree, Massachussets. Ambos serán os chivos expiatorios, un erro xudicial deliberado, do reaccionarismo desenfrenado que se extendía por Estados Unidos na década de 1920. A trama lévanos á loita de clases, na que un fiscal ó servicio dos poderes establecidos nun dubida en firmar a condena a morte na cadeira eléctrica dos dous inigrantes italianos, a pesares de carecer de probas suficientes.
No 1977 recoñeceuse o erro e o Estado pediu disculpas ós seus descendentes.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"La reina Margot" de Patrice Chereau (1994)

Francia a finais do século XVI. No reinado de Carlos IX o país está dividido entre católicos e hugonotes.
Margot, de recoñecida beleza, é irmá do rei. Intereses políticos obrígana a casar có protestante Enrique de Navarra. Pero a rexente Catalina de Médicis quere algo maís: neutralizar os protestantes decapitando os seus líderes. Poucos días despois da boda na Noite de San Bartolomé ten lugar a masacre.
Será entón cando ás portas de Margot chame un mozo malferido, é protestante e debería morrer coma o resto. Comeza un apaixoado romance.
Basada na novela do mesmo título de Alexandre Dumas.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"El viento y el león" de John Millius (1975)

A película está baseada en feitos reais. Un cacique rebelde árabe enfrontado có sultán de Marrocos secuestrou a un home de negocios americano, o que provocou a ameaza do presidente dos EEUU Theodore Roosevelt de mandar as súas tropas a Marrocos.
Na película o rebelde é retratado como un heroe mentras que se critica tanto ó sultán de marrocos como a política das potencias europeas neste país.
Ficha técnica e información
Como curiosidade indicar que moitas das esceas do deserto e outras foron rodadas en España.
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"La kermesse heroica" de Jacques Feyder (1935)

Ano 1716, durante o reinado de Felipe III. Nun pequeno pobo de Flandes, o burgomaestre prepara un banquete para a boda da súa filla co carneceiro. A chegada do exército español é anunciada, o que aterroriza aos aldeáns e sobretodo ao burgomaestre, que se fai pasar por morto. A muller do burgomaestre, Cornelia, persoa enérxica e intelixente, xunto coas outras mulleres, decide recibir aos conquistadores españois cun gran festín que nin elas nin os guapos soldados esquecerán...
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Campanadas a medianoche" de Orson Welles (1965)

En Inglaterra, o conde de Northumberland consigue que lord Bolinbroke sexa elixido rei co nome de Enrique IV. Os rumores da sua participación na morte de Ricardo II dividen ao país.
Unha das películas máis sobrecolledoras visualmente de Orson Welles e unha amarga reflexión sobre a decadencia, rodada en España e galardonada co Gran Premio do Aniversario no festival de Cannes de 1966.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Looking for Richard" de Al Pacino (1996)

Esta obra, rodada a modo de documental por Al Pacino, representa o seu debut como director. A película recapacita sobre a preparación necesaria para realizar unha versión cinematográfica da obra de William Shakespeare "Ricardo III". A medida que o director profundiza nesta traxedia e ensaia cos actores, reflexiona ao mesmo tempo sobre Shakespeare, sobre a contemporaneidade dos seus textos e sobre a dificultade para facer as súas obras máis accesibles ao gran público.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos

"Romeo y Julieta" de Baz Luhrmann (1996)

En Verona Beach sucedense os enfrontamentos entre as dúas familias máis poderosas (os Montesco e os Capuleto), para impoñer o se dominio. Dentro dun contexto urbano que non descarta a violencia, Fulgencio Capuleto organiza unha festa a que asiste Romeo Montesco. Durante a festa, os Capuleto intentan que a súa xoven filla Julieta se comprometa co arrogante Dave Paris. Sen embargo, cando Romeo e Julieta se contemplen de forma casual, xurdirá desde o primeiro momento o amor entre eles.
Unha moi pouco convencional adaptaciòn do clásico de William Shakespeare.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores de 13 anos

"Ran" de Akira Kurosawa (1985)

No Xapón feudal da Era Sengoku ten lugar a caída do poderoso clan Ichimonji despois de que o seu patriarca, dono de moitas terras e castelos, decida repartir a súa herdanza entre os seus tres fillos. O castelo que recibirá cada un deles non colma as súas ambicións. O reino desíntegrase como culminación da vinganza e a traizón.
Translación da obra teatral O rei Lear de W. Shakespeare á que se suman antigas lendas xaponesas. Ran en xaponés significa caos.
Algunhas curiosidades da rodaxe

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Regeneration" de Gillies Mckinnon (1997)

Durante a I Guerra Mundial, un hospital militar acolle catro homes:
O Doctor William Rivers, que comezou a explorar os tráxicos resultados da contienda nos seus xóvenes pacientes.
O eminente poeta Siegfried Sassoon, brillante e heróico soldado non afectado mentalmente pola guerra, pero en busca de si mesmo en Craiglockart mentres aproveita para publicar un escrito de proclamación en contra de tan sanguenta loita.
Wilfred Owen, cuxas confidencias a Sassoon serviránlle para loitar contra a súa enfermidade e para converterse no máis importante poeta da época.
Billy Prior, un oficial ascendido polos seus méritos na fronte pero ao que o horror de todo o visto transformou nun ser moito máis maturo.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Cromwell" de Ken Hughes (1970)

O monarca Carlos I de Inglaterra decide se aliar cos católicos de Irlanda ante a ameaza dun conflicto con Escocia. Oliver Cromwell, avogado protestante contrario á política relixiosa do monarca e defensor da liberdade, enfréntase ao rei inglés, á opresión política e á corrupción imperante, desencadenándose unha guerra civil.
A película foi gañadora dun Oscar ao mellor vestiario

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Evasión o victoria" de John Huston (1981)

Película dirixida polo xenial John Huston e ambientada na 2ª Guerra Mundial. Nela, un oficial alemán visita o campo de concentración de Gensdorff. Un grupo de prisioneros está xogando ao fútbol e ao oficial, que foi xogador antes da guerra, ocúrreselle organizar un encontro entre unha selección alemana e os prisioneros. Os aliados nun principio se negan, pero logo comprenden que pode ser unha ocasión única para se evadir e terminan por aceptar o reto. O partido se celebra e ...
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Bailando con lobos" de Kevin Costner (1990)

EEUU, ano 1860, época de grandes cambios históricos e momento no que os colonos comezan a emigrar cara ao Oeste, aos territorios dos indios. Empuxado polo desexo de coñecer a última fronteira antes da súa desaparición, John J. Dunbar, soldado da Unión, entra en contacto cos Sioux. Entre eles hai, de pé e co puño en alto, unha muller branca adoptada pola tribu cando era pequena. Pouco a pouco, Dunbar e os Sioux empezan a sentir respeto e admiración mutua...
Esta impresionante película foi premiada con 7 Oscars á mellor película, director, guión adaptado, fotografía, son, B.S.O. e montaxe.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Guerreros" de Daniel Calparsoro (2002)

Kosovo, inverno de 1999, despois do bombardeo da OTAN. A KFOR (Forza Internacional de Seguridade para Kosovo) realiza a súa tarefa humanitaria e técnica tratando de manter unha dificil neutralidade a medio camiño entre os albanokosovares e os serbios. Neste entorno, un pelotón de enxeñeiros do Exército Español vese implicado sen querer nunha espiral de violencia entre ámbolos dous bandos, e é arrastrado cara ao corazón da traxedia.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Los duelistas" de Ridley Scott (1977)

Fiel adaptación da novela curta "The Duel", de Joseph Conrad, na que dous oficiais de cabalería do exército napoleónico (Gabriel Feraud e Armand D’Hubert), comezan unha disputa a partir dun asunto insignificante, que se prolongará duelo tras duelo durante moitos anos, chegándose incluso a esquecer o absurdo motivo da orixe da riña. Co paso do tempo e o temible boca a boca, a historia dos dous duelistas adquirirá dimensións lexendarias e á vez medrará a necesidade dun desenlace que calme as súas ánimas. Pero non será tan facil. As súas carreiras militares van por camiños separados, e as regras da honra e a disciplina impiden os duelos entre contendentes de diferente graduación, polo que só poderán se enfrontar cando os seus camiños se crucen e os ascensos o permitan.
Primeira película de Ridley Scott, que pasou moi desapercibida entre toda a súa filmografía, aínda que é un dos seus mellores logros cinematográficos. Foi galardonada no Festival de Cannes de 1977 co premio á “Mellor Ópera Prima”.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Dersu Uzala (el cazador)" de Akira Kurosawa (1975)

É o ano 1910. Entre árbores taladas, leñadores, carros, etc., dun lugar de Siberia antiguamente dominado pola natureza, pero que agora será transformado nun poboado no que se vivirá en nome da “civilización”, aparece Vladimir Arseniev, capitán do exército ruso e especialista en xeografía e cartografía, tratando de atopar unha tumba que, tal vez, esté a punto de desaparecer, se non o fixo xa, baixo a maquinaria do progreso e na que está enterrado o seu amigo, o vello cazador mongol Dersu Uzala...
Unha das películas máis aclamadas e recoñecidas de Akira Kurosawa, gañadora do Oscar á Mellor Película Estranxeira do ano 1975 e do Premio do festival de cine de Moscú, e que supuxo a súa recuperación como cineasta e como persoa.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El tormento y el éxtasis" de Carol Reed (1965)

Italia, 1508. Un gran bloque de mármol é transportado dende as canteiras de Carrara ata Roma para o taller de Miguel Ánxo, que traballa sen descanso nas estatuas que gardarán a tumba do Papa Xullo II. Sen embargo, o propio Pontífice obriga ao escultor a abandonar a labor contra a súa vontade para pintar a bóveda da Capela Sixtina. Iniciada a despeito, Miguel Ánxo non tarda en deixar a obra e fuxir ás canteiras de Carrara. Ao final, o Papa convéncelle para que reanude o traballo, o que se converte nunha batalla ideolóxica polas diferentes formas de pensar de ámbolos dous protagonistas. O resultado final será unha das indiscutibles obras mestras da pintura.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolso públicos

"La pelota vasca, la piel contra la piedra" de Julio Medem (2003)

Longametraxe de xénero documental baseado en entrevistas a case setenta persoas sobre os múltiples aspectos do conflicto vasco e realizado en típicos espacios da xeografía de Euskadi: frontóns, acantilados, praias, montes de caseríos. Julio Medem compón un complexo tecido de opinións e momentos históricos con un dobre compromiso ético: a oposición á violencia e a invitación a un diálogo político.
Saber máis: a película como proposta didáctica; a historia da ETA.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

domingo, 6 de abril de 2008

"La sal de la tierra" de Herbert Bibberman (1953)

En xuño de 1951 unha folga paralizou o traballo nunha mina de zinc de Nuevo México, Estados Unidos. A compañía mineira, chamada Empire, rexeitou toda negociación e a folga prolongouse indefinidamente. Os mineiros, organizados nun piquete ante a mina, pedían condicións máis seguras de traballo e melloras sanitarias nas vivendas das familias dos mineiros latinos, a quenes a compañía trataba considerablemente peor que aos mineiros anglos. Empire chegou a obter unha orde xudicial para prohibir o piquete pero alguén advirtiu que o documento no dicía nada sobre as esposas dos mineiros, polo que decidiouse que os piquetes foran integrados por mulleres. A folga prolongouse así ata xaneiro de 1952, cando a compañía aceptou reiniciar as negociacións.
A maior parte dos personaxes foi interpretada polos mineiros locais, esposas e vecinos da zona. Entre eses non profesionais destaca Juan Chacón, presidente do sindicato de mineiros desde 1950, e Clinton Jencks, o activista anglo que defende a unión entre anglos e latinos contra os desexos da empresa e que, tras a rodaxe, tivo que abandonar o seu traballo na mina, pola caza de bruxas.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Paseo por el amor y la muerte" de John Huston (1969)

Adaptación da novela de Hans Koningsberger, ambientada na Guerra dos Cen Anos entre Francia e Inglaterra. Heron de Foix, un xoven parisino, emprende un periplo polo país galo coa intención de abanderar unha revolta contra os latifundistas que someten aos campesinos ao seu libre albedrío. Para Heron, poeta vocacional, o seu encontro con Claudia, a filla adolescente dun destes nobles terratenientes, relega a un segundo termo a súa voluntade de loita e búsqueda da xustiza, e prima o seu desexo amoroso ata o punto de se convertir nun firme defensor da paz. Para tratar de evitar a acción dos soldados, Claudia e Heron se refuxian nun castelo medieval. A narración sigue as aventuras da xoven parella a través dunha Europa devastada pola guerra.
A película representou o debut como actriz de Anjelica Huston, filla do realizador John Huston, con 18 años.
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

FICHA TÉCNICA

"La chaqueta metálica" de Stanley Kubrik (1987)

Película comprometida de Kubrick sobre a guerra de Vietnam. O film está dividido en dúas partes:
A primeira parte narra o duro entrenamento dun pelotón de novatos dos marines en Parish Island, centro de entrenamento da marina Norteamericana, onde tamén está o sarxento Hartmann, duro e implacable, que se encargará de endurecer o corpo e a alma dos reclutas, para que podan se-defender do enemigo. Sen embargo, non tódolos xóvenes soportarán igual os seus métodos.
A segunda parte narra a chegada dese mesmo pelotón ao conflicto bélico, onde entrarán en contacto directo coa cruda realidade da guerra.
Se queredes saber algo máis sobre curiosidades da rodaxe e do estreno da película, clickade eiquí: curiosidades da película.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Maiores de 18 anos

"Enigma" de Michael Apted (2003)

En marzo de 1943, os descifradores de códigos de Bletchley Park, A Estación X, sede dos servicios secretos británicos, enfrontanse ao seu peor pesadelo: inesperadamente, os submarinos nazis cambiaron o código que utilizaban para comunicarse entre eles e co Alto Mando Alemán. Un convoi de barcos de mercancía aliados, que está a cruzar o Atlántico con dez mil pasaxeiros e importantes suministros de comida, está en perigo de ataque. As autoridades recurren a Tom Jericho, xoven e brillante matemático e experto descifrador de códigos...

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Leni Riefenstahl: El triunfo de la voluntad (1934) / Olympiada (1938)" de Leni Riefenstahl

Leni Riefenstahl é unha das cineastas europeas máis importantes por ser a creadora de varias obras tecnicamente xeniais. Estas dúas obras son as máis importantes, espectaculares e rozan case a perfección técnica a pesar da súa temática.
"El triunfo de la voluntad" (1934) é unha película propagandista nazi sobre o congreso do Partido Nacionalsocialista en 1934 en Núremberg que trata sobre o retorno de Alemania á categoría de potencia mundial, con Hitler como unha especie de mesías que devolverá a gloria á nación. As técnicas utilizadas por Riefenstahl (cámaras en movemento, uso de teleobxectivos para crear una perspectiva distorsionada, fotografía aérea e un revolucionario enfoque no uso da música e a cinematografía), elevaron este film á categoría de documental político artístico mellor consumado na historia do cine.
"Olimpiada" (1938) reflicte a exaltación do ideal da raza nos Xogos Olímpicos de 1936 e, ao igual que a anterior, sorprende tecnicamente polos seus planos, enfoques e encadres, polo conxunto da montaxe, polo acople da banda sonora...
Riefenstahl gañou varios premios en Alemania, Estados Unidos, Francia, Suecia e outros países grazas a perfección técnica destas películas que, a pesar de glorificar o réximen nazi responsable de millóns de mortes, se seguirán estudando nas escolas de cine.
CUALIFICAICÓN: Tódolos públicos

"Silencio roto" de Montxo Armendáriz (2001)

Inverno de 1944. Lucía, de apenas 21 años, chega a un pequeno poboado de montaña. Alí, ocultos na serra quedan grupos armados que non aceptan o triunfo do franquismo tras a Guerra Civil Española, os "maquis", que sobreviven grazas a axuda de algúns habitantes. Lucía coñece a Manuel e, a pesar do horror e o silencio, va xurdindo entre eles unha paisón que mantén viva a súa ilusión e a esperanza de que cheguen días mellores.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El misterio Galíndez" de Gerardo Herrero (2003)

Nueva York, República Dominicana, anos cincuenta. Madrid, País Vasco e a República Dominicana outra vez, anos oitenta. Estes son os escenarios e os tempos polos que discurre esta película que mestura feitos reais e ficción.
A finais dos oitenta, Muriel Colber, cidadá estadounidense, chega a España para traballar na súa tese doutoral. Dita tese trata da ética da resistencia, e o seu personaxe principal é Jesús de Galíndez, un vasco exiliado en Estados Unidos tras a Guerra Civil, secuestrado e desaparecido en estrañas circunstancias en Nueva York en 1956.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Amadeus" de Milos Forman (1984)

Antonio Salieri é o músico máis destacado da corte do Emperador José II de Austria. Entregado completamente a música, promete a Dios humildade e castidade se, a cambio, mantén as súas dotes musicais de excepción. Durante algún tempo cre que o seu voto foi escoitado pero, a chegada á corte dun xoven chamado Wolfang Amadeus Mozart, relégalle a un segundo plano. Irritado pola perda de protagonismo, vai facer todo o posible para arruinar a carreira do xoven músico. Mentres, Mozart sorprende a todos coas súas excepcionais dotes musicais e as súas caprichosas excentricidades.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos

"El caballero don Quijote" de Manuel Gutiérrez Aragón (2002)

Tras saber que o Turco baixa pola costa con unha perigosa armada, Don Alonso Quijano, o cabaleiro don Quixote da Mancha, saerá, coa oposición da súa sobrina e da sua ama, a unha nova batalla que empezará na Mancha e terminará na costa. Vestido coa súa armadura, o “tolo” cabaleiro andante emprenderá as súas aventuras co seu fiel escudeiro, Sancho Panza, que incita e halaga os combates imaxinarios do seu amo. Sancho tamén espera recibir a recompensa de se transformar en gobernador dunha illa, una antigua promesa que lle fixera don Quixote. Pero o seu amo só quere desfacer o hechizo da sua amada, a imaxinaria Dulcinea, e para iso irá á cova negra en busca de Montesinos...

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Remando al viento" de Gonzalo Suárez (1988)

Dous poetas ingleses, Mary Shelley e Lord Byron, vense obrigados a marchar de Inglaterra...
Mary Shelley lembra como coñeceu na casa do seu pai adoptivo ao xoven apaixoado poeta Percy Bysse Shelley e como namorouse e fugouse con el. Tamén lembra que seguindo o consello da súa irmanastra, xuntouse con Lord Byron en Suiza... Pero sobre todo lembra aquela noite do mes de novembro de 1816, cando todos reunidos puxéronse a contar historias de terror e ela deu a luz á Criatura, o lexendario monstruo de Frankenstain.. E así a historia volve á búsqueda da Criatura e de si mesma, de Mary Shelley, porque ... ¿quen pode estar seguro que non foi ela mesma A Criatura?

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Danton" de Andrej Wajda (1983)

Tras a declaración dos dereitos do home, en setembro de 1793, o Comité de Saúde Pública, instigado por Robespierre, instaura o réxime do terror. É a paradoxa da revolución francesa, que en teoría predica ‘liberté, egalité, fraternité’, pero deixa tras de si un regueiro de sangue e cabezas cortadas. O film describe a época de dominio de Robespierre e o seu choque con Danton, interpretados maxistralmente por Wojciech Pszoniak y Gérard Depardieu. Trátase dunha parábola nada velada do movemento Solidaridade e o seu choque co comunismo.

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 13 ANOS

FICHA TÉCNICA

"Amistad" de Steven Spielberg (1997)

Ano 1839. Os escravos que transporta o barco español Amistad, liderados por Cinque, se amotinan e esixen ser levados de volta a África. Pero a nave termina recalando en augas estadounidenses. Comeza un xuízo onde pesan os cargos de asasinato, ademáis da reclamación da propiedade dos esclavos por parte dun terrateniente, ao que apoia a corona española. Un grupo de abolicionistas faise cargo da complexa defensa, vendo unha ocasión de ouro para avanzar na supresión do comercio con seres humanos.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Das boot. El submarino" de Wolfgang Petersen (1981)

La Rochelle, Francia. 1941. Os alemáns controlan gran parte do país e usan a cidade como punto de partida para a sua letal flota de submarinos, e para intentar derrotar á Real Marina Británica e acabar coas líneas de suministro de Churchill. O submarino U-96 foi enviado nunha nova misión e esta vez entre os seus tripulantes atópase un periodista en busca de historias de heroísmo e coraxe. Os tripulantes, todos xóvenes e inexpertos, están impacientes por loitar contra o enemigo, mentres que o capitán e o xefe de inxenieiros, amosan a desazón, a desesperanza e, a ratos, a tranquila resignación de quen se sabe morto en vida. Non son pesimistas, son realistas. Despois de todo, Hitler enviou máis de 40.000 homes a bordo de submarinos e menos de 10.000 volveron a casa.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos

"Nacido el 4 de Julio" de Oliver Stone (1989)

Narra a historia verídica de Ron Kovic, un xoven americano que, firmemente convencido do servicio ao seu país, se alista no exército en 1967 para acudir a guerra en Vietnam. Ron regresa sentado nunha silla e paralizado de cintura cara abaixo para sempre. No seu pobo, rodeado pola súa familia e amigos, comeza a cuestionarse o valor das súas conviccións e da política bélica do seu país.



FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Maiores de 13 anos

"El último valle" de James Clavell (1970)

En plena Guerra dos 30 Anos, Europa atópase pragada de enfermidades e mortes derivadas da perpetua batalla que están librando os diferentes Estados.
Un grupo de soldados, protagonistas activos da matanza, chegarán a un fértil e tranquilo val alemán dominado por un elevado espíritu relixioso.
En vísperas do crudo inverno, deciden permanecer durante os fríos meses no pacífico e idílico lugar.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Maiores de 13 anos

"La joven de la perla" de Peter Webber (2003)

Adaptación da novela homónima de Tracy Chevalier, inspirada na vida do pintor holandés Johannes Vermeer e na que se especula coa vida da xoven que posou para Vermeer no cadro "La Gioconda del Norte".
A historia desenvólvese en Delft, Holanda, 1665, onde a xoven Griet entra a servir na casa de Johannes Vermeer. Éste, consciente da intuición de Griet coa luz e a cor, a introducirá pouco a pouco no misterioso mundo da súa pintura. Por outro lado, Maria Thins, sogra de Vermeer, vendo que Griet o inspira, permite a relación entre ámbolos dous a fin de aumentar a producción de cadros. Finalmente, o maquiavélico Van Ruijven, consciente do grao de intimidade existente entre o maestro e a criada, encarga a Vermeer que pinte a Griet soa. O resultado será unha das maiores obras de arte xamáis creadas, pero... ¿a que prezo?

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Tòdolos públicos

"¿Teléfono rojo? volamos hacia Moscú" de Stanley Kubrik (1963)

Durante a Guerra Fría circulan rumores de que a URSS está a traballar na "arma definitiva", unha bomba nuclear capaz de destruir á humanidade. O Xeneral Ripper, decide acabar co complot comunista e manda un ala de bombardeiros atómicos sobre a Unión Soviética. A única solución posible será advertir aos rusos do incidente para que destruan os bombardeiros xa que, do contrario, as bombas dispararían automaticamente "a arma definitiva".

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públcios

"Farenheit 9/11" de Michael Moore (2004)

Película documental que trata de analizar as causas e as consecuencias dos atentados ás Torres Xemelgas nos Esrtados Unidos o 11 de setembro de 2001, facendo referencia á posterior invasión de Iraq. Ademais intenta determinar o alcance dos supostos vínculos das familias de George Bush, presidende dos EEUU no momento dos atentados, e de Osama Bin Laden, acaudalada famila saudí.
O título resulta de sumar a referencia ó libro de Ray Bradbury, Farenheit 451 (representa a temperatura á que arde o papel) e a data dos atentados (mes e día)
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN :Tódolos públicos

"La lengua de las mariposas" de José Luís Cuerda (1999)

Comezos de 1936. Nun pequeno pobo galego, Moncho, un neno de oito anos que se vai incorporar a escola, ten medo porque dixéronlle que os maestros pegaban. Don Gregorio en persoa, o maestro que non pega, terá que ir buscalo a súa casa. Don Gregorio inculca aos seus alumnos coñecementos tan pouco académicos como a orixe americana das patacas ou que a lingua das bolboretas ten forma de espiral. Coa primaveira, Don Gregorio da as súas clases no campo. Pero o 18 de xullo todo cambiará e os valores e principios inculcados quedarán relegados.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos

"El lápiz del carpintero" de Antón Reixa (2002)

Galicia, 1936. Daniel da Barca é un médico e intelectual socialista. A súa moza, Marisa, é filla dun home de negocios cercano ós fascistas e oponse á súa relación. Cando comeza a Guerra Civil, Daniel é detido e encadeado. Os presos, sempre vixiados polo sombrío garda Herbal, tentan superar a angustia por medio da imaxinación. O pai de Marisa quere que case cun militar pero ela négase e loita por liberar a Daniel do cárcere.
Comezan os fusilamentos, pronto lle tocará aDaniel. Entón estará nas mans de Herbal, o centinela que se debate entre a violencia e a conciencia e que agocha un perigosos segredo que o une a Daniel.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN :Maiores de 13 anos

"El rey Arturo" de Anthony Fuqua (2004)

Arturo é un romano que desexa retornar á súa cidade natal para disfrutar da anhelada tranquilidade. Este desexo verase truncado cando el e os cabaleiros da Taboa Redonda teñen que enfrontarse ós saxóns para impedir a invasión de Inglaterra. No súa loita contarán coa axuda de Merlín e a valerosa Xenebra.
Unha nova visión do lexendario rei Arturo, cunha moi coidada aposta visua.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro (1989)

Dous nenos, Pancho e Birutas, viven placidamente na mesma aldea e ambos están namorados platonicamente de Xonxa. Pero Birutas ten que emigrar, mentres Xonxa e Pancho seguen na aldea. Cando Birutas regresa, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada.
Unha película que abrangue dende a infancia dos personaxes, no 1947, ata a súa madurez no 1996, e que ten como temática a emigracion nas súas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, a lenda que se confunde coa realidade nunha aldea que vai morrendo nos montes de Galicia.
FICHA TÉCNICA

"El reino de los cielos" de Ridley Scott (2005)

Tempo das Cruzadas, século XII. En Francia o xoven ferreiro Balian, que ven de perder a súa muller e o seu fillo, recibe a visita do nobre cabaleiro cruzado Godofredo de Ibelin, de quen é fillo iléxitimo. Superando a dor, únese ó seu pai e marcha a Terra Santa. Alí ha tomar partido entre os partidarios de chegar a aordos e manter a paz (Reino dos Ceos) ou loitar ó grito de ¡Deus o quere!
Mestura de feitos e personaxes históricos(Balduino IV o Leproso, Saladino) e fabulación que enaltece as virtudes e defectos do periodo. En todo caso constitúe unha vigorosa defensa da honradez persoal e da tolerancia entre as relixións
Rodada en Marruecos e España: castelo de Loarre, catedral de Ávila, Alcázar de Sevilla, ...
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"La batalla de Midway" de Jack Smight (1976)

Segunda Guerra Mundia. Seis meses despois do ataque xaponés á base naval norteamericana de Pearl Harbor, en xuño de 1942 as forzas aeronavais de ambos países enfrontanse de novo.
O plan xaponés era atacar Midway, unha illa no medio do Pacífico, como medida para avanzar cara á costa oeste estadounidense. O plan foi descuberto de modo que permitiu ó almirante Nimitz reforzar a illa concentrando o maior número posible de armas e homes.
O poderío naval xaponés, unha flota de 200 unidades, non conseguiu imporse e despois de tres días de dura loita o xeneral Yamamoto ordenou a retirada. A batalla de Midway foi a primeira gran derrota do Xapón.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos