
Rebecca, unha xoven estadounidense, despois dunha forte discusión coa súa futura sogra e o seu noivo, métese nun taxi conducido por Hanna para volver á súa casa. Pero Hanna xa fixera plans; debe ir a Xordania para buscar o dineiro que lles debe o Americano, o socio do seu marido. Rebecca decide acompañala. Chegan á ”Free zone” (Zona franca), cerca de Ammán, Xordania, pero non atopan ó Americano. A súa esposa Leila, que é
palestina, dícelles que non ten eses cartos. O seu afillado, Walid fóra ó banco, pero non volvera aínda. Unha road-movie en Oriente Próximo; a historia dun encontro inesperado, unha noite con tres mulleres de culturas diferentes que intentarán, unindo as súas forzas, cambiar o curso dos acontecementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario