As nosas pelis

jueves, 10 de julio de 2008

"El león de invierno" de Anthony Harvey (1968)

A raiña Leonor de Aquitania sae despois dun encerro de 10 anos polas desavenencias co seu home, o rei de Inglaterra Enrique II Plantagenet. Reúnese con este e cos seus tres fillos e pronto xurdirán as liortas entre todos eles.
É un drama teatral no que os personaxes se van manipulando entre sí para acadar os seus obxectivos. Nestas intrigas pacegas destaca a importancia real dos protagonistas e o trasfondo de verdade que na historia existe. Así foi certo o complot de Leonor e os seus tres fillos para derrocar ó rei o que levou a que este os desherdara.
Os protagonistas:
Enrique II cecáis non sexa moi coñecido pero si a súa muller Leonor de Aquitania, primeiro casada co rei de Francia Luis VII e logo có de Inglaterra, e gran protectora das artes na forma sobre todo dos trovadores provenzais dos que sempre se rodeo e patrocinou. Parece que o ciclo artúrico se transmitiu ata nós grazas ó seu patrocinio.
Dos seus fillos evidentemente todos coñecemos a Ricardo Corazón de León, o rei ausente nas historias de Robin Hood, un rei ben tratado pola novela pero que como gobernante deixou moito que desexar xa que pronto se embarcou na 3ª cruzada. Tamén é famoso o seu irmán Xoan I ou Xoán sen terra o déspota monarca de Robin Hood pero que pasou á historia por asinar ó documento máis importante da historia medieval de Inglaterra e de maior trascendencia no futuro, a "Carta Magna", unha sorte de constitución onde se limita por primeira vez en Europa o poder dos monarcas...
Créditos:
Por certo, na biblioteca temos outra versión.

1 comentario:

javier paleo dijo...

ola xan canto tempo sen vernos. vueno vouche contar todo o que pasou estes dias. Xa tou sacando o carne na autoescuela e vou a examen o dia 30 julio. bueno dos compañeiros teño pouca cousa que contarche pero... Adrian xa hay que non o vexo aunque o outro dia fumos a praia. xan vouche decir unha cousa antes de que acabara a escola estaba cansado de aguantar a adrian e ahora que na hai xo voto de menos como se come eso. De alvaro non e que che teña moito que contar pero casi sempre ou o vexo no taller de coches,ou no muelle na casa casi nada. a lorena,a alba e amanda solo as vexo os sabados cando salen por ahi, e a dulce vexoa de vez en cando. ha que se me olvidaba a vere se ves nas festas de celeiro a dar un vistazo por aqui e a ver se nos vemos aunque non o creo pero bueno eu digocho.bueno outra cousa xa estou preparando outra presentacion a si que a ver se a levo algun dia pero tedes que cambiar o programa po microsoft officce 2007 por que si non nada aunque na aula de tecnoloxia aino. ah cando queiras pasoche a foto que che saquei nas festas de covas pero bueno xa mo diras. e por ultimo ¿ hay algun tema de aqui que vamos dar este ano en historia? bueno fixen outro blog que cho vou decir e " http/oblogdejavierpaleo.blogspot.com e se queres entrar entra pero ainda o fixen hoxe dia 21 de xullo bueno .ata outra. chao