Cualificación: Todos os públicos
As nosas pelis
miércoles, 14 de mayo de 2008
"Buenas noches, buena suerte" de George Clooney (2006)
Etiquetas:
Guerra Fría,
I. contemporánea s.XX,
macarthismo
martes, 13 de mayo de 2008
"Goya en Burdeos" de Carlos Saura (2000)
O pintor Goya no exilio en Francia, en Burdeos, recorda para a súa filla o que foron os días da súa vida en España, dende a súa xuventude e ois eu ascenso cmo pintor de corte ata as úa madurez cando foi testemuña dos enormes cambios que có século se irán sucedendo en toda Europa e por suposto en España: Revolución Francesa, Guerra de Independencia, Loita pola constitución,...Se queredes podedes ver a continuación unha das obras mestras da historia da arte universal, os desastres da guerra de Goya
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos
"Rebelión en la granja" de John Stephenson ( 1999)
A historia é unha metáfora da Revolución Rusa traballada a través dunha revolución semellante nunha granxa, a granxa Manor.
O granxeiro facilmente recoñecible no zar, é expulsado da granxa polos seus animais debido á súa dureza e mala xestión. A revolución encabézana os porcos (comunistas), dirixidos polo Vello Maior (Lenin) que pronto morrerá, sendo sustituido por Napoleón (Stalin) que expulsará da granxa ó outro porco que lle supón competencia, Snowball (Trotski).
De como a granxa Manor se transforma do posible paraíso dos animais a unha nova cadea, dirixida esta vez polos porco é do que trata esta maravillosa historia.
Lembremos que o autor da novela, Orwell, era membro do Partido comunista británico e que esta obra xurde como unha crítica terrible ó que estaba a facer Stalin na URSS con esa revolución obreira que para os comunistas do resto do mundo abría tantas portas... e que se converteu nunha tan grande decepción apra todos eles.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos
Etiquetas:
comunismo,
I. contemporánea s.XX,
Orwell,
Revolución rusa,
Stalin
"Le mystere Picasso" de Henry Georges Clouzot (1956)
Estamos diante dunha auténtica maravilla: a creación de arte por parte do xenial Picasso. Certo que non é de todo espontáneo (e polo tanto "real") xa que Picasso sabe que o están a filmar, o que xuntado ó seu "narcisismo" fai que a película teña unha parte importante de lucimento do artista, pero... Pero esquezámonos disto e disfrutemos: estamos diante dun xenio e podemos observar en directo a súa forma de pintar.A película fíxose con dúas cámaras que seguen o seu traballo, unha cámara que nos amosa a Picasso traballando (de costas, de lado,...) e outra cámara que enfoca ó papel no qe está a pintar Picasso dende atrás, o cal produce o efecto "máxico" de que as liñas aparecen sen que ninguén as pinte. Segue o fio para ver un fragmento ou observa este ...
CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos
Etiquetas:
arte contemporáneo,
Cubismo,
historia da arte,
Picasso
"El laberinto del fauno" de Guillermo del Toro (2006)
"El laberinto del fauno" mistura de forma maxistral o mundo da fantasía dunha pequena rapaza coa crudeza da época que lle toca vivir. Probablemente é ese maxín o que lle permite sobrevivir nese momento infernal que é o da represión franquista na post-guerra civil española.O trasfondo histórico no que intervén dende ese militar violento encargado da represión feroz dos fuxidos, ata esos maquis agochados no monte e que son axudados por esa muller (Maribel Verdú) e polo médico, aínda a costa de arrisca-la vida...
Todo é real (aínda que certamente esaxerado e cunha visión un pouco maniquea da época) e boa fé poden dar outras películas ou novelas que temos na biblioteca: "Silencio roto", "Luna de lobos", ...
CUALIFICACIÓN: Maiores 18 anos
Etiquetas:
Guerra Civil española,
I. contemporánea s.XX,
Maquis,
Postguerra
"Rembrandt" de Alexander Korda (1936)
Película de tintes biográficos do famoso pintor holandés no momento culme do seu triunfo. No 1642 a súa adorada e rica esposa, Saskia, morre de xeito repentino, as súas obras vanse voltar máis escuras e pesimistas deixando de ser do gusto dos mecenas. Pouco despois estará arruinado. O consolo que encontra na compañía de Hendrickje non é suficiente para chegar ó matrimonio. A pesar do seu illamento encontrará momentos de felicidade.CUALIFICACIÓN: Todos os públicos
Etiquetas:
Barroco,
historia da arte,
Rembrandt
"Pollock" de Ed Harris (2000)
O ascenso á fama do controvertido pintor Jackson Pollock, quen a mediados do século XX convertiuse no artista de maior impacto e influencia nos Estados Unidos no marco do denominado expresionismo abstracto.Pero este eventual éxito non o liberou dos seus problemas co alcoholismo e dos seus frecuentes desvaríos emocionais próximos á esquizofrenia, o que puxo en perigo a súa vida, a súa carreira e a relación coa súa esposa, a prestixiosa pintora Lee Krasner.
Mira a Pollock (Ed Harris) traballando de acordo á técnica de action painting.
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos
Etiquetas:
arte contemporáneo,
historia da arte,
Pollock
"El loco del pelo rojo" de Vincente Minnelli (1956)
Vincent Van Gogh, despois de fracasar coma predicador nunha mísera zona mineira, retoma a súa vocación polo debuxo e a arte en xeral.Dende A Haya trasladase a París onde descobre o Impresionismo e entra en contacto con outros aaristas: Seurat, Monet e o seu mellor amigo, Gauguin.
Xunto ó desenvolvemento da súa obra pictórica, seguimos as súas inestables relacións amorosas, as dificultades económicas e o especial vínculo afectivo co seu irmán Theo.
Disfruta das súas obras escoitando un tema dedicado a él
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos
Etiquetas:
arte contemporáneo,
historia da arte,
post-impresionismo,
Van Gogh
lunes, 5 de mayo de 2008
"El cazador" de Michael Cimino (1978)
Ningún voltará sendo o mesmo. Cinco Óscar no ano 1978
CUALIFICAIÓN: Maiores de 18 anos
Se queres saber máis sobre a película entra aquí.
Se queres saber máis sobre a película entra aquí.
"El capitán Kidd" de Randolph V. Lee (1945)
Estamos diante dunha das películas máis famosas sobre o mundo dos piratas. É a historia do Capitán Kidd, un personaxe real que foi o terror dos mares e que parece actuaba como corsario ás ordes do rei de Inglaterra. Por suposto os seus obxectivos foron fundamentalmente os barcos españois que voltaban das Indias cargados de riquezas. O seu final como era de esperar foi a execución pública en Inglaterra no ano 1701.A película contanos como este célebre pirata convence ó rei de que o contrate para protexer unha carga millonaria cando a súa intención é apoderarse dela.
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)