As nosas pelis

domingo, 6 de abril de 2008

"Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro (1989)

Dous nenos, Pancho e Birutas, viven placidamente na mesma aldea e ambos están namorados platonicamente de Xonxa. Pero Birutas ten que emigrar, mentres Xonxa e Pancho seguen na aldea. Cando Birutas regresa, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada.
Unha película que abrangue dende a infancia dos personaxes, no 1947, ata a súa madurez no 1996, e que ten como temática a emigracion nas súas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, a lenda que se confunde coa realidade nunha aldea que vai morrendo nos montes de Galicia.
FICHA TÉCNICA

No hay comentarios: