As nosas pelis

domingo, 6 de abril de 2008

"La joven de la perla" de Peter Webber (2003)

Adaptación da novela homónima de Tracy Chevalier, inspirada na vida do pintor holandés Johannes Vermeer e na que se especula coa vida da xoven que posou para Vermeer no cadro "La Gioconda del Norte".
A historia desenvólvese en Delft, Holanda, 1665, onde a xoven Griet entra a servir na casa de Johannes Vermeer. Éste, consciente da intuición de Griet coa luz e a cor, a introducirá pouco a pouco no misterioso mundo da súa pintura. Por outro lado, Maria Thins, sogra de Vermeer, vendo que Griet o inspira, permite a relación entre ámbolos dous a fin de aumentar a producción de cadros. Finalmente, o maquiavélico Van Ruijven, consciente do grao de intimidade existente entre o maestro e a criada, encarga a Vermeer que pinte a Griet soa. O resultado será unha das maiores obras de arte xamáis creadas, pero... ¿a que prezo?

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN : Tòdolos públicos

No hay comentarios: