As nosas pelis

lunes, 7 de abril de 2008

"Los duelistas" de Ridley Scott (1977)

Fiel adaptación da novela curta "The Duel", de Joseph Conrad, na que dous oficiais de cabalería do exército napoleónico (Gabriel Feraud e Armand D’Hubert), comezan unha disputa a partir dun asunto insignificante, que se prolongará duelo tras duelo durante moitos anos, chegándose incluso a esquecer o absurdo motivo da orixe da riña. Co paso do tempo e o temible boca a boca, a historia dos dous duelistas adquirirá dimensións lexendarias e á vez medrará a necesidade dun desenlace que calme as súas ánimas. Pero non será tan facil. As súas carreiras militares van por camiños separados, e as regras da honra e a disciplina impiden os duelos entre contendentes de diferente graduación, polo que só poderán se enfrontar cando os seus camiños se crucen e os ascensos o permitan.
Primeira película de Ridley Scott, que pasou moi desapercibida entre toda a súa filmografía, aínda que é un dos seus mellores logros cinematográficos. Foi galardonada no Festival de Cannes de 1977 co premio á “Mellor Ópera Prima”.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

No hay comentarios: