As nosas pelis

miércoles, 25 de marzo de 2009

"El joven Lincoln" de John Ford (1939)

Baseada nos anos mozos de Abrahan Licolm, cando loitaba por prosperar como abogado e empezou a destacar pola defensa dos dereitos dos máis humildes.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"El año en que vivimos peligrosamente" de Peter Weir (1982)


Ó periodismo australiano Guy Hamilton (Mel Gibson) preséntaselle a oportunidade da súa vida cando lle mandan como enviado especial a Indonesia. No turbulento escenario da insurrección de 1965 contra o presidente Sukarno, o periodista conocerá a un enigmático fotógrafo, Billy Kwan (Linda Hunt), e a unha atractiva muller, Jill Bryant, (Sigourney Weaver) que traballa na Embaixada inglesa. Ambos vivirán unha historia de amor nun país que se debate entre o comunismo ou a dictadura militar.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Non recomendada menores de 13 anos

"La búsqueda 2" de Jon Turteltaub (2006)


Nesta segunda parte, o buscador de tesouros Ben Gates (Cage) vese de novo metido nunha incríble aventura na que se relacionan capítulos descoñecidos da historia con tesouros ocultos. Cando unha páxina do diario de John Wilkes Booth, o asasino de Abraham Lincoln, sae á luz, o tataravó de Ben vese implicado como o principal conspirador do magnicidio. Decidido a probar a inocencia do seu ancestro, Ben e o seu equipo emprenden unha viaxe para intentar descubrir un dos tesouros máis buscados do mundo.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"El último tren a Auschwitz" de Joseph Vilsmaier (2006)


Ano 1943. Os nazis queren “limpar” Berlín de xudeus definitivamente. Máis de 70.000 xa foran deportados da cidade. En abril de 1943 sae da estación de Grunewald un tren con 688 xudeus cara a Auschwitz. A viaxe dura seis días. No tren comeza unha loita contra o calor, a fame e a sede. Na súa desesperación, algúns intentan fuxir; entre eles, Henry , Lea e Ruth . Pero o tempo apremia e Auschwitz acércase cada vez máis...

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Non recomendada menores de 13 anos

"El Buen Pastor" de Robert de Niro (2007)


O filme relata a vida de James Wilson, un graduado da Universidade de Yale, que se convertiu nun dos fundadores de la CIA. O personaxe está baseado no lexendario, astuto, pero paranoico, xefe de intelixencia James Jesús Angleton. A historia conta os cuarenta anos de carreira deste personaxe a través da Guerra Fría e detalla os problemas emocionais que sufriu el e a súa familia.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Non recomendada menores de 13 anos

"Modigliani" de Mick Davis (2004)


Ano 1919. A Gran Guerra acabara e o café Rotonde convertérase no refuxio da elite artística: Picasso, Rivera, Soutine, Modigliani, etc. "Modigliani"é a historia xamás contada da ácida rivalidade entre Picasso e Modigliani, marcada pola xenialidade, a arrogancia e as pasións. Jeanne Hébuterne é unha bela católica, cuxo error foi namorarse de Modigliani, un xudeu. O pai desta, levado polo fervor relixioso, envía secretamente ó fillo de Modigliani e Jeanne, a un convento . Modigliani, tratando de sacar á súa familia da pobreza, inscríbese no certamen anual de arte e Picasso, guiado por esa rivalidade, inscríbese tamén...

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

jueves, 19 de marzo de 2009

"Los fantasmas de Goya" de Milos Forman (2006)


Os Fantasmas de Goya transcurre en España, no ano 1792. Conta a historia dun grupo de persoas que conviven nunya época de convulsión política e cambios históricos. Goya (Stellan Skarsgard) era o pintor máis famoso do país. Desátase o escándalo cando a súa musa adolescente (Natalie Portman) é acusada de herexía por un monxe (Javier Bardem), importante membro da Inquisición.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"Esquilache" de Josefina Molina 1998


A directora trata de facer un relato fiel da españa do século XVII e do movemento ilustrado. Con este fin narra os feitos acontecidos en Madrid, en 1766, que provocaron o Motín de Esquilache, mostrando unha especial incidencia nas relacións de Carlos III con este ministro italiano.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Emma" de Douglas McGrath 1996)

A película narra a historia de Emma, unha xoven que tras considerarse artífice da boda da súa mellor amiga, a señorita Taylor, decide emparellar ós solteiros da cidade de Highbury, unha pequena e pacífica localidade inglesa. Non obstante, pronto comprobará que os seus conñecementos acerca dos sentimentos do próximo son tan escasos como os que ela ten do seu propio corazón. A historia baséase nun libro da escritora Jane Austen.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN Todos os públicos

lunes, 2 de marzo de 2009

"Las montañas de la luna" de Bob Rafelson (1990)

A historia da búsqueda das míticas fonte sdo Nilo, citadas polos historiadores da antiguedade e que non foron atopadas ata o 1958 polos exploradores, Burton e Speke, os protagonistas da película.
Trátase dun film no que se narra de xeito moi realista a expedición de ambos personaxes, incluíndo a polémica que envolveu a esta viaxe e que logo porvocou a ruptura da amizade entre os dous. Durante a exploración do Lago Tanganika, Speke, mentras Burton xace enfermo, atopa o lago Victoria ó que considera verdeaira fonte do Nilo. Rompendo o compromiso previo firmado entre ambos de compartir a gloria do descubrimento, Speke que chega antes a Europa dao a coñecer, quedando con toda a gloria.
Estamos diante dun bo exemplo do que poderían ser as expedicións científicas do século XIX no interior de África.