As nosas pelis

miércoles, 29 de octubre de 2008

"Windtalkers", de John Woo (2002)

8 de decembro de 1941, Estados Unidos declara a guerra a Xapón. Nos seguintes anos as forzas americanas loitan no Pacífico contra os xaponeses, tomando as illas de forma lenta e cara ás costas de Xapón. Pero o exército xaponés logra romper constantemente as comunicacións militares estadounidenses codificadas no idioma dos indios navallos e retrasar o avance das tropas americanas...
Despois de perder ao seu equipo defendendo unha posición, o cabo Joe Enders é ascendido a sarxento para levar a cabo unha perigosa misión: defender a vida dun cifrador navallo importantísimo para o transcurso da segunda guerra mundial...


FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Non recomendada a menores de 18 anos

"El abuelo", José Luis Garci (1998)

Comeza o século XX nunha pequena vila do Norte, onde as xentes aínda se preguntan: "o honor familiar... ¿qué é?". Don Rodrigo de Arista Potestad, Conde de Albrit, Señor de Jerusa e de Polán, creía sabelo. Ata que regresou de América vello, case cego e arruinado. Con motivo da morte do seu único fillo, entra en coñecemento amargo de que unha das súas dúas netas -Nelly e Dolly- é ilexítima, non leva o sangue noble da súa familia. Don Rodrigo compartirá vivenzas coa sua nora e as duas netas, intentando descubrir cal é a lexítima filla do seu fillo falecido.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Autorizada para tódolos públicos

"Buenos días, noche", de Marco Bellocchio (2005)

Roma, ano 1978. A xoven Chiara múdase ao seu novo apartamento co seu novio. A simple vista ten unha vida normal pero o seu amigo Enzo empeza a sospeitar que non todo é o que parece. De feito, a súa verdadera identidade amosa a un membro dun movemento terrorista italiano extremo, "As brigadas vermellas", que está planeando secuestrar e asasinar ao antiguo Primer Ministro italiano polos supostos crímenes que cometeu. Tódolos acontecementos vense a través dos ollos de Chiara nunha especie de neblina entre a realidade e os soños. Todo sae segundo o planeado mentres que o país se ve inmerso nunha crise que fai que o número de víctimas vaia en aumento. A medida que pasan os días as tensións no grupo aumentan e os terroristas séntense tan prisioneros como o proprio secuestrado. Apaisonados por unha utopía revolucionaria, as sospeitas e as dúbidas de Chiara van aumentando ata o punto de cuestionar emocional e ideoloxicamente os seus actos e compromisos.
Esta película está baseada no asasinato en 1978 do Primeiro Ministro Aldo Moro, crimen que conmoveu a toda unha nación.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Non recomendada a menores de 13 anos

"La zona gris", de Tim Blake Nelson (2001)

Baseada en feitos reais, "La zona gris" é a asombrosa e conmovedora historia do Sonderkommando (Comando especial) número doce de Austchwitz, unha das trece Brigadas Especiais de prisioneros xudíos creadas polos nazis que se enfrentaron ao espeluznante dilema de axudar a exterminar aos seus compañeiros xudíos a cambio de conseguir uns meses máis de vida e outros privilexios totalmente descoñecidos para o resto de prisioneros. A finais de 1944, os membros desta brigada planean unha revolta...

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Non recomendada a menores de 18 anos

jueves, 10 de julio de 2008

"El león de invierno" de Anthony Harvey (1968)

A raiña Leonor de Aquitania sae despois dun encerro de 10 anos polas desavenencias co seu home, o rei de Inglaterra Enrique II Plantagenet. Reúnese con este e cos seus tres fillos e pronto xurdirán as liortas entre todos eles.
É un drama teatral no que os personaxes se van manipulando entre sí para acadar os seus obxectivos. Nestas intrigas pacegas destaca a importancia real dos protagonistas e o trasfondo de verdade que na historia existe. Así foi certo o complot de Leonor e os seus tres fillos para derrocar ó rei o que levou a que este os desherdara.
Os protagonistas:
Enrique II cecáis non sexa moi coñecido pero si a súa muller Leonor de Aquitania, primeiro casada co rei de Francia Luis VII e logo có de Inglaterra, e gran protectora das artes na forma sobre todo dos trovadores provenzais dos que sempre se rodeo e patrocinou. Parece que o ciclo artúrico se transmitiu ata nós grazas ó seu patrocinio.
Dos seus fillos evidentemente todos coñecemos a Ricardo Corazón de León, o rei ausente nas historias de Robin Hood, un rei ben tratado pola novela pero que como gobernante deixou moito que desexar xa que pronto se embarcou na 3ª cruzada. Tamén é famoso o seu irmán Xoan I ou Xoán sen terra o déspota monarca de Robin Hood pero que pasou á historia por asinar ó documento máis importante da historia medieval de Inglaterra e de maior trascendencia no futuro, a "Carta Magna", unha sorte de constitución onde se limita por primeira vez en Europa o poder dos monarcas...
Créditos:
Por certo, na biblioteca temos outra versión.

lunes, 30 de junio de 2008

"Mayerling" de Terence Young (1968)

A traxedia de Mayerling sacudiu ó decadente imperio austrohúngaro a finais do século XIX: o xove herdeiro ó trono aparece morto dun disparo xunto coa súa amante.
A razón parece ser de índole política xa que o xove príncipe (sempre rodeado no seu círculo de amistades por xente contraria ó Imperio) se confabulou para provocar unha secesión no Imperio aspirando a convertirse en emperador do futuro reino húngaro. Descuberto polo seu pai e fracasada a sublevación húngara suicídase xunto coa súa amante.
A película centrase sobre todo no drama sentimental.

"Hitler , el reinado del mal" de Cristian Duguay (2003)

¿Como foi a infancia de Hitler? ¿Como se converteu no monstro que foi? ¿Por que os alemáns o acompañaron na súa tolemia? ¿Que pasou cós que se lle opuxeron?
Estamos diante dunha boa película histórica para abordar unha época poucas veces vista nas abundantes películas sobre o nazismo: o ascenso de Hitler ó poder e de quenes o apoiaron.
Eu destacaría por pouco vistas e moi interesantes as escenas seguintes:
O ambente das cervexerías de Munich onde Hitler empezou a destacar como orador radical...
O putsch da cervexería e o xuizo.
As crecentes desavenencias con Rohm e as SA.
Hindemburg e a crise da democracia que ó final lle encarga formar goberno a Hitler.

miércoles, 14 de mayo de 2008

"Buenas noches, buena suerte" de George Clooney (2006)

Película de George Clooney sobre a vida de Edward Murrow, o periodista que foi o azoute do Maccarthismo, ese gris periodo dos EEUU no que (durante a Guerra Fría) se perseguiu de xeito implacable a todos aqueles comunistas ou simplemente progresistas que había no país, acosando especialmente á xente do mundo da cultura, maiormente do cine e da literatura.

FICHA TÉCNICA

Cualificación: Todos os públicos

martes, 13 de mayo de 2008

"Goya en Burdeos" de Carlos Saura (2000)

O pintor Goya no exilio en Francia, en Burdeos, recorda para a súa filla o que foron os días da súa vida en España, dende a súa xuventude e ois eu ascenso cmo pintor de corte ata as úa madurez cando foi testemuña dos enormes cambios que có século se irán sucedendo en toda Europa e por suposto en España: Revolución Francesa, Guerra de Independencia, Loita pola constitución,...
Se queredes podedes ver a continuación unha das obras mestras da historia da arte universal, os desastres da guerra de Goya
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Rebelión en la granja" de John Stephenson ( 1999)

Baseada de novo na novela de George Orwell temos esta segunda versión rodada con animais reais e que trata dun xeito moi fiel a novela de Orwell.
A historia é unha metáfora da Revolución Rusa traballada a través dunha revolución semellante nunha granxa, a granxa Manor.
O granxeiro facilmente recoñecible no zar, é expulsado da granxa polos seus animais debido á súa dureza e mala xestión. A revolución encabézana os porcos (comunistas), dirixidos polo Vello Maior (Lenin) que pronto morrerá, sendo sustituido por Napoleón (Stalin) que expulsará da granxa ó outro porco que lle supón competencia, Snowball (Trotski).
De como a granxa Manor se transforma do posible paraíso dos animais a unha nova cadea, dirixida esta vez polos porco é do que trata esta maravillosa historia.
Lembremos que o autor da novela, Orwell, era membro do Partido comunista británico e que esta obra xurde como unha crítica terrible ó que estaba a facer Stalin na URSS con esa revolución obreira que para os comunistas do resto do mundo abría tantas portas... e que se converteu nunha tan grande decepción apra todos eles.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Le mystere Picasso" de Henry Georges Clouzot (1956)

Estamos diante dunha auténtica maravilla: a creación de arte por parte do xenial Picasso. Certo que non é de todo espontáneo (e polo tanto "real") xa que Picasso sabe que o están a filmar, o que xuntado ó seu "narcisismo" fai que a película teña unha parte importante de lucimento do artista, pero... Pero esquezámonos disto e disfrutemos: estamos diante dun xenio e podemos observar en directo a súa forma de pintar.
A película fíxose con dúas cámaras que seguen o seu traballo, unha cámara que nos amosa a Picasso traballando (de costas, de lado,...) e outra cámara que enfoca ó papel no qe está a pintar Picasso dende atrás, o cal produce o efecto "máxico" de que as liñas aparecen sen que ninguén as pinte. Segue o fio para ver un fragmento ou observa este ...


CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"El laberinto del fauno" de Guillermo del Toro (2006)

"El laberinto del fauno" mistura de forma maxistral o mundo da fantasía dunha pequena rapaza coa crudeza da época que lle toca vivir. Probablemente é ese maxín o que lle permite sobrevivir nese momento infernal que é o da represión franquista na post-guerra civil española.
O trasfondo histórico no que intervén dende ese militar violento encargado da represión feroz dos fuxidos, ata esos maquis agochados no monte e que son axudados por esa muller (Maribel Verdú) e polo médico, aínda a costa de arrisca-la vida...
Todo é real (aínda que certamente esaxerado e cunha visión un pouco maniquea da época) e boa fé poden dar outras películas ou novelas que temos na biblioteca: "Silencio roto", "Luna de lobos", ...

CUALIFICACIÓN: Maiores 18 anos

"Rembrandt" de Alexander Korda (1936)

Película de tintes biográficos do famoso pintor holandés no momento culme do seu triunfo. No 1642 a súa adorada e rica esposa, Saskia, morre de xeito repentino, as súas obras vanse voltar máis escuras e pesimistas deixando de ser do gusto dos mecenas. Pouco despois estará arruinado. O consolo que encontra na compañía de Hendrickje non é suficiente para chegar ó matrimonio. A pesar do seu illamento encontrará momentos de felicidade.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

"Pollock" de Ed Harris (2000)

O ascenso á fama do controvertido pintor Jackson Pollock, quen a mediados do século XX convertiuse no artista de maior impacto e influencia nos Estados Unidos no marco do denominado expresionismo abstracto.
Pero este eventual éxito non o liberou dos seus problemas co alcoholismo e dos seus frecuentes desvaríos emocionais próximos á esquizofrenia, o que puxo en perigo a súa vida, a súa carreira e a relación coa súa esposa, a prestixiosa pintora Lee Krasner.
Mira a Pollock (Ed Harris) traballando de acordo á técnica de action painting.


FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"El loco del pelo rojo" de Vincente Minnelli (1956)

Vincent Van Gogh, despois de fracasar coma predicador nunha mísera zona mineira, retoma a súa vocación polo debuxo e a arte en xeral.
Dende A Haya trasladase a París onde descobre o Impresionismo e entra en contacto con outros aaristas: Seurat, Monet e o seu mellor amigo, Gauguin.
Xunto ó desenvolvemento da súa obra pictórica, seguimos as súas inestables relacións amorosas, as dificultades económicas e o especial vínculo afectivo co seu irmán Theo.
Disfruta das súas obras escoitando un tema dedicado a él

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

lunes, 5 de mayo de 2008

"El cazador" de Michael Cimino (1978)

Cinco amigos de Pensylvania se separan cando se alistan para ir á guerra de Vietnam. A feliz vida nos Estados Unidos, chea de camaradería e ledicia, vaise truncar cando teñen que enfrontarse á dureza da guerra.
Ningún voltará sendo o mesmo. Cinco Óscar no ano 1978
CUALIFICAIÓN: Maiores de 18 anos
Se queres saber máis sobre a película entra aquí.

"El capitán Kidd" de Randolph V. Lee (1945)

Estamos diante dunha das películas máis famosas sobre o mundo dos piratas. É a historia do Capitán Kidd, un personaxe real que foi o terror dos mares e que parece actuaba como corsario ás ordes do rei de Inglaterra. Por suposto os seus obxectivos foron fundamentalmente os barcos españois que voltaban das Indias cargados de riquezas. O seu final como era de esperar foi a execución pública en Inglaterra no ano 1701.
A película contanos como este célebre pirata convence ó rei de que o contrate para protexer unha carga millonaria cando a súa intención é apoderarse dela.

Ficha técnica

CUALIFICACIÓN: Todos os públicos

martes, 22 de abril de 2008

"Los siete samurais" de Akira Kurosawa (1954)

No Xapón feudal do século XVI, un grupo de campesiños decide rebelarse contra o que parece imposible de evitar, o constante saqueo que os bandidos fan das súas propiedades. A solución pensan pasa por gastar todos os seus aforros para contratar a uns samurais que os defendan.
Permítenos apreciar como sería unha aldea xaponesa medieval e as actitudes e comportamentos de samurais e campesiños.
Nesta película baseouse o clásico western "Los site magníficos".
FICHA TÉCNICA
CUALIFICIÓN: Todos os públicos

"Encadenados" de Alfred Hitchcock (1946)

Despois da Segunda Guerra Mundial, o espía americán Devlin e o seu xefe empregan os encantos de Alicia Huberman, filla dun simpatizante alemán condeado a prisión por traizón ós Estados Unidos, para desmantelar unha organización nazi afincada en Brasil.
A súa misión será seducir a un dos integrantes do grupo nazi, que fai anos estivo namorado dela. Agora precisa sacarlle a máxima información sobre el mesmo e sobre os seus contactos.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAICÓNA.Todos os públicos

"El viaje de los malditos" de Stuart Robertson (1976)

Película basada en feitos reais. No 1939, xudeus alemáns parten do porto de Hamburgo con destino A Habana, na procura dun lugar seguro, lonxe do horror nazi do III Reich. Sinten unha enorme ilusión ó vislumbrar a esperanza para as súas novas vidas. Pero ó chegar a porto, as autoridades non permiten o desembarco e os obrigan a voltar a Alemaña. A viaxe resulta ser un plan froito da propaganda dos nazis.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

miércoles, 16 de abril de 2008

"Senderos de gloria" de Stanley Kubrik (1957)

Baseada nun feito real a película de Kubrik chegou a estar prohibida en Francia debido ó seu durísimo alegato contra a guerra e en concreto (aínda que esto fora o de menos) contra a actitude dos altos mandos franceses cós seus soldados durante a 1ª Guerra Mundial.
O tema central é o xuizo militar a uns soldados franceses por cobardía ante o enemigo, despois duna salto infructuoso a unha posición alemana durante a "guerra das trincheiras".
Ademáis da evidente crítica ás guerras e sobre todo ó rixido e cruel sistema militar, a película ofrécenso unha esplendida visión do que debeu ser o horror das trincheiras durante a guerra de posicións.
Para traballar con esta película na aula dispoñemos en rede deste dossier ou deste outro.
Ficha técnica.
Que quen é Kubrik?
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

sábado, 12 de abril de 2008

"Rojos" de Warren Beatty (1981)

Basada en feitos reais, conta a historia de John Reed, comunista estadounidense, periodista e activista, que non teme en arriscar a súa vida por aquilo no que cre.
Durante a revolución rusa de 1917 coñece a escritora feminista Louise Bryant, xuntos percorrerán o mundo no momento en que se desenvolve a guerra mundial. De volta no seu país foi acusado de espionaxe polo que fuxiu á Unión Soviética. Foi enterrado no Kremlin, ó carón do Mausoleo de Lenin.
O protagonista é o autor do libro Dez días que conmoveron o mundo sobre a revolución rusa.
Seis Óscar de Hollywood
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Forrest Gump" de Robert Zemeckis (1994)

A historia dun home con deficiencias mentais e problemas físicos. O seu percorrido vital abarca tres décadas da historia dos EEUU.
A pesar das súas limitacións, a súa bondade e persistencia levarano a ser unha estrela do fútbol americano, un heroe da Guerra de Vietnam, facer amizade nas altas esferas políticas e sociais, coseguer unha gran fortuna, pero o único que verdeiramente desexa é o amor de Jenny.
Testemuña viva dos acontecementos que pasan o seu redor aínda sen ser consciente da súa transcendencia: a segregación racial, o Ku Klux Klan, o Periodo do Ping-Pong, Kennedy, Elvis Presley, o Apolo XIII, ...
Recoñecer os guiños históricos que fai a película.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

miércoles, 9 de abril de 2008

"Kundun" de Martin Scorsese (1997)

Biografía do actual Dalai Lama, lider espiritual e temporal do Tibet.
En 1937 un neno tibetano é elixido por un grupo de monxes budistas como a decimocuarta reencarnación do Buda da Compaixón. Despois dunha serie de probas é recoñecido como un mestre renacido e, separado da súa familia, será levado ó palacio de Potala en Llasa para ser educado e preparado para asumir o liderado.
Cando a China comunista invade o Tibet, o Dalai, ós quince anos, exiliase na India. En 1989 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El diario de Ana Frank" de George Stevens (1959)

No 1942, na Holanda ocupada polos nazis, a familia Frank escondese nun pequeno ático na cidade de Amsterdam para fuxir da Gestapo. Permanecerán alí ocultos xunto con outros xudeus ata o ano 44, cando foron delatados, detidos e levados a campos de concentración.
Ana conta 13 anos, escribe un diario que será recuperado polo seu pai e publicado. A película, basada no diario, relata as vivencias de Ana e das familias alí agochadas: esperanzas, temores, ilusións, medos, recordos, ....
Visita a páxina web da Casa de Ana Frank onde poderás seguir os pormenores da súa vida.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Vatel" de Roland Joffe (2000)

François Vatel, experto cociñeiro, é o leal e devoto servente do orgulloso pero cada vez máis arruinado Príncipe de Condé. O Príncipe precisa recuperar o favor do rei Luís XIV, o Rei Sol, e que se lle outorgue o mando das tropas nunha nova campaña contra os holandeses.
Conté pon a súa persoa e o seu castelo nas mans de Vatel, na difícil tarefa de recibir a toda a Corte de Versalles no castelo de Chantilly. As festas durarán tres días e tres noites e han ser incriblemente espectaculares, a Vatel correspóndelle organizar as diversións e os banquetes.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Diarios de motocicleta" de Walter Salles (2003)

O periplo por Sudamérica que dous mozos arxentinos, Alberto Granado e Ernesto Guevara, realizan no verán de 1952. Ambos son estudiantes, Alberto de bioquímica, e Ernesto de medicina. Cheos dun romántico espíritu aventureiro toman unha motocicleta e comezan a viaxe.
Entrarán en contacto coa rica e complexa diversidade xeográfica, pero sobre todo humana e social do continente. As vivencias fan que se cuestionen o progreso tal e como o entende algún sistema económico, e iso ha marcar as súas vidas, especialmente a de Ernesto, coñecido simplemente coma o Che.
A canción Ó outro lado do río, escrita por Jorge Drexler, gañou o Oscar de 2005 como mellor canción orixinal
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El hombre que pudo reinar" de John Huston (1975)

Dous amigos do exército británico na India da colonización, nunha época na que gran parte do mundo era aínda unha incógnita, na que o home branco confiaba en si mesmo e na súa tecnoloxía para abrir paso entre selvas e pobos inferiores que estaban destinados a ser dominados polo gran poder cristián.
Son dous bribróns, descarados e sen un pequique no peto, que tras servir á Raíña Victoria deciden servirse a si mesmos. O seu plan será atravesar Afganistán para converterse en reis de Kafiristán, unha rexiónde tribus guerreiras. Desenvolverase unha aventura alucinada, onde a locura, a relixión e a violencia están á orde do día.
Realizada a partir da obra homónima de Rudyard Kipling.
FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Himalaya" de Eric Valli (1999)

Noroeste do Nepal, unha aldea a máis de 5.000 metros de altura. O ancián Tinlé, o máis prominente da rexión, coñece a morte do seu fillo maior, xefe do pobo, coincidindo coa preparación da caravana anual para levar sal e cambialo por grans. Hai que nomear un novo xefe que tamén será o encargado de conducir a caravana. Tinlé ten que facer a elección, pero rexeita a Karma, e decide guiar a caravana el mesmo cos seus fillos. Tampouco Karma renuncia.
Ambos comezarán a marcha por rutas diferentes. A rivalidade e as dificultades do camiño levarannos a situacións extremas.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El nuevo mundo" de Terrence Malick (2005)

A principios do século XVII Norteamérica unha enorme terra salvaxe poboada por unha complicada rede de culturas tribais. Nun día de abril de 1607, tres barcos ingleses chegan a estas terras, as actuais costas de Virxinia, para fundar a colonia de Jamestown, para introducir a súa cultura, relixión e economía. O contacto coa tribu local, os indios powhatan, provocará enfrontamentos.
Sen embargo, cando o capitán Smith é cautivado polos nativos e levado ó seu pobo, xurde unha relación amorosa coa princesa Pocahontas, o que permitirá ter outra visión da natureza e do respeto polo entorno
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El señor de la guerra" de Franklin J. Schaffner (1965)

Na Idade Media, no século XI, o guerreiro normando Chrysagon, tras loitar durante moitos años por Europa, é nomeado polo duque señor dun territorio case inhóspito, permanentemente acosado polos Frisios. Xunto a él, viaxa o seu leal servidor Bors e o seu irmán menor Draco. Un día de cacería enamoraráse dunha fermosa xoven, que está a punto de casar cun dos seus súbditos.
O poder e a lealtade, a superstición, a maxia, a relixiosidade e os códigos de comportamento feudal, aquí exemplificado no dereito de pernada, que causará a rebelión popular, son os puntos fortes desta historia centrada na búsqueda do espíritu e sentimento medieval individual.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"La intérprete" de Sydney Pollack (2005)

Silvia Broome, unha intérprete das Nacións Unidas nacida en África, escoita cómo ameazan de morte a un presidente africano a punto de falar na Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Inmediatamente dase conta de que ela tamén é branco dos asasinos e desesperadamente loita para frustrar os seus plans. Só debe atopar a alguén que a crea. Tobin Keller, o axente federal encargado de protexer a intérprete, non está tan seguro da versión da muller. Ámbolos dous ven a vida desde ópticas diferentes. Ela cre no poder e na inviolabilidade das palabras. El analiza a xente segundo o seu comportamento.
Basta con estar no corredor axeitado e no momento axeitado para que un susurro incline a balanza do poder.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Copying Beethoven" de Agnieszka Holland (2006)

Anna, de 23 anos, estudia no conservatorio de Viena e intenta prosperar no mundo da composición. Consegue traballar como copista do maior músico vivo: Ludwing van Beethoven, que, nestes últimos anos da súa vida, está a traballar na Novena Sinfonía (escoita).
A pesar de que Anna non reúne os requisitos principiais para o artista, é muller e reside nun convento, acabará a se converter nun verdadeiro anxo da garda para o implacable artista. A súa relación cambiará a vida de ambos.
Algunhas licenzas históricas da película.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Pequeño Buda" de Bernardo Bertolucci (1993)

Dúas historias paraledas que en certo modo se entrecruzan.
Unha gistoria do pasado: a xuventude de Siddharta Gautama, que fai 2.500 anos abandonou a súa placenteira vida de príncpe para acadar a iluminación
Unha historia do presente: Jesse, un neno de Seattle, é segundo os lamas de Buthán a reencarnación dun sabio mestre budista morto fai anos. Pese á sorpresa incial, os pais do neno aceptan que viaxe a Asia para comprobar se aquela presunción é realmente certa.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Hamlet de William Shakespeare" de Kenneth Branagh (1997)

Adaptación da obra de Shakespeare tal e como indica o título, pero trasladando os acontecementos a finais do século XIX nun entorno resplandecente, lonxe dos ambientes medievais de sombras e castelos.
Respeta ó máximo o texto orixinal, de modo que todos os recursos visuais e sonoros están ó servicio da palabra.
Hamlet presentase coma un personaxe contradictorio, cobarde, heroico, atractivo, repulsivo, cruel, xeneroso,...., tal e como o serían aqueles que viven atormentados pola necesidade de vingar a morte do seu pai derrocando a figura materna.
Infórmate sobre o Hamlet de Shakespeare
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"El jardinero fiel" de Fernando Meirelles (2005)

Nun remoto lugar de Kenia, unha activista europea, Tessa, aparece brutalmente asasinada. O médico local que a acompañaba non aparece. Todo parece apuntar un crime pasional, pero o viúvo de Tessa, diplomático británico, en contra do esperado, decide limpar o bo nome da súa muller e rematar o que ela comezara. Non tardará en decatarse da existencia dunha trama que xa se cobrou moitas vidas inocentes e que está en conexión coa industria farmaceútica de empresas multinacionais e os seus experimentos no Terceiro Mundo.
Basada nun texto de John Le Carré.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Mediterráneo" de Gabrielle Salvatore (1991)

Comedia italiana que prima os sentimentos e a historia humana fronte á barbarie da guerra.
En 1941, Segunda Guerra Mundial, un grupo de oito soldados italianos chega a unha illa do Exeo: a súa misión consiste en combater os aliados, pero no pobo só habitan anciáns, mulleres e nenos, todos de nacionalidade grega.
Os soldados comprenden que a situación ten as súas vantaxes. A inicial tensión bélica convertese, por un momento, en amizade, compañeirismo e camaradería.
Oscar á Mellor Película Estranxeira no ano 91.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"En el nombre del padre" de Jim Sheridan (1993)

Gerry Conlon, un rebelde mozo irlandés sen traballo nin ideais políticos, ten problemas tanto coas tropas británicas en Irlanda do Norte como có IRA. Fuxe a Londres pero mentres durme nun parque con outros amigos, teñen lugar dous atentados. Pese a ser inocente vese obrigado a confesar a súa participación e condeado a cadea perpetua xunto o resto dos catro de Guildford. O seu pai, Giuseppe, tamén será encarcerado.
Un dos máis lamentables erros legais da historia recente.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"El pacto de los lobos" de Cristopher Gens (2001)

Francia, século XVIII, vintacinco anos antes da Revolución. Unha estraña criatura aterroriza ós campesiños, deixanso os seus cadáveres mutilados. Grégoire de Fronsac é enviado polo rei Luís XV para encontrar a fera e identificala. Vai acompañado dun misterioso indio. Fronsac non manifesta entusiasmo e mostrase abertamente escéptico diante da verdadeira existencia dun monstro. Pero non tardará en encontrar indicios dunha besta similar a un lobo, que lles adentrarán nunha historia que vai camiño de socavar a autoridade do monarca.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Lorca" de Juan Antonio Bardem (1987)

Serie de TVE sobre a vida e a morte de Federico García Lorca.
Partindo da súa infancia e con grandes saltos no tempo, narra a adolescencia e a madurez do poeta para logo deterse, nunha apretada cónica, nos derradeiros días da súa tráxica vida. Foi fusilado en agosto de 1936 e o seu corpo enterrado nunha fosa común.
O guión basase na obra do hispanista Iam Gibson.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"La Via Láctea" de Luis Buñuel (1969)

Dous peregrinos inician a viaxe dende París a Santiago de Compostela seguindo o Camiño. O percorrido levaos máis aló do esperado, por distintas pasaxes relacionados coas herexías que a través do tempo cuestionaron os principios da fe cristiá: a dobre natureza de Cristo, a orixe do mal, o misterio da Trindade, .... Buñuel da realidade visual a estas abstraccións teolóxicas por medio de variados recursos de inxenio e humor.
A rodaxe, realizada en Francia, tivo que ser suspendida pola revolución estudiantil de maio do 68 en París.
Buñuel formouse en Madrid onde foi amigo de Dalí, García Lorca, Juan Ramón Jiménez, entre outros. En París integrouse no grupo surrealista liderado por Bretón
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores 13 anos

"Don Quijote" de Peter Yates (2000)

Don Quijote, Alonso Quijano, soña co lexendario pasado medieval de Cabalerías, pragado de monstros, princesas encantadas e malvados feiticeiros. Determinado a revivir o tempo dos cabaleiros andantes que defendían a xustiza e ao débil, Alonso adopta o nome de Don Quijote de la Mancha e arrastra con el o seu escudeiro, Sancho Panza. Xuntos se embarcarán nun sinfín de esperpénticas aventuras nas que chocará de continuo a idealizada visión de Don Quijote coa realidade mundana do seu tempo.
Unha nova proposta visual da obra de Cervantes.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Juana de Arco" de Luc Besson (2000)

Século XV, Guerra dos Cen Anos. Unha xoven chamada Juana afirma ser a elixida por Deus para liderar o exército francés contra as tropas inglesas a fin de coroar o delfín de Francia (Carlos VII).
Tras a victoria en Orleans, Juana será declarada bruxa pola Inquisición e condenada a morrer na fogueira.
Foi elevada ós altares no 1921.


FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Tiempos de gloria" de Edward Zwyck (1989)

Anos 60 do século XIX, Estados Unidos, Guerra de Secesión. Unha lei prohibía a admisión de soldados de raza negra no exército. Os homes de cor libres dos estados do Norte, querían axudar a toda costa para liberar ós seus irmáns do Sur. Lincoln permitirá a súa integración no exército se ben en batallóns separados.
Esta é a historia dese primeiro batallón: o Reximiento nº54 de Massachussets.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: maiores de 13 anos

"El patriota" de Roland Emmerich (2000)

Carolina do Sur, 1776, no marco da revolución americana. Benjamin Martin é un viúvo, pai de sete fillos, e dono dunha plantacion. Despois de ter participado en moitas batallas, agora a súa principal preocupación é a súa prole. Por iso, cando a Asemblea de Charleston fala de loitar contra Inglaterra para lograr a independencia, Benjamin rexeita apoiar a causa. Pero o seu fillo maior,desafiando ó seu pais, alístase para participar nunha guerra que considera xusta. Isto e outros acontecementos, fará que teña que replantear a súa postura.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores de 13 anos

"El puente de Remagen" de John Guillermin (1969)

Ano 1945, nos momentos finais da Segunda Guerra Mundial: ofensiva no Ruhr. As tropas aliadas teñen un obxectivo: a ponte de Remagen, preto do Rhin. Deste xeito os soldados nazis quedarán atrapados ó outro lado do río.
Ambos nbando teñen moito que gañar nesta ofensiva: os alemáns, a vida de 50.000 homes, e os aliados un rápido fin da guerra, co menor número posible de baixas.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maioes de 18 anos

"El hundimiento" de Oliver Hirschbiegel (2004)

Berlín, abril de 1945. Unha dura batalla librase nas rúas da cidade e o exército soviético avanza imparable. Hitler e o seu círculo de confianza (Eva Braün, Goebbels e a súa familia) permanecen atrincheirados no bunker da Chancelería. Pese a que a resistencia carece xa de sentido, Hitler negase a abandoar a cidade e prepara a súa despedida final.
A película está basada no libro da secretaria persoal de Hitler, Traudl Junge, testemuña dos estertores e do definitivo afundimento do Terceiro Reich.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 18 anos

"En tierra de nadie" de Danis Tanovic (2001)

Guerra de Bosnia, 1993. Nunha das frontes, un soldado bosnio e outro serbio caen na mesma trincheira, situada en terra de ninguén. Para resolver sen mortes a delicada e esperpéntica situación, un sarxento das forzas de intervención da ONU, os cascos azuis da UNPROFOR, incumpre as ordes dos seus superiores, manter o principio de non intervención, e toma a iniciativa. Acompañalle unha xornalista británica, que transforma a anécdota nun show mediático internaional.
Unha intelixente metáfora do sensentido da guerra.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos

"Las cartas de Alou" de Montxo Armendáriz (1999)

Alou, xoven senegalés que entra clandestinamente en España animado polo seu amigo Mulai, vese forzado a traballar en condicións moi precarias en invernadoiros, na venta ilegal, na recollida de froita e en talleres de confección en diversos lugares de España, e durante a súa estancia envía cartas aos seus familiares informando da súa situación. Pero a aventura se interrompe coa súa detención por parte da policía, aínda que de novo cruza o Estreito...

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos