Adaptación da novela de Hans Koningsberger, ambientada na Guerra dos Cen Anos entre Francia e Inglaterra. Heron de Foix, un xoven parisino, emprende un periplo polo país galo coa intención de abanderar unha revolta contra os latifundistas que someten aos campesinos ao seu libre albedrío. Para Heron, poeta vocacional, o seu encontro con Claudia, a filla adolescente dun destes nobles terratenientes, relega a un segundo termo a súa voluntade de loita e búsqueda da xustiza, e prima o seu desexo amoroso ata o punto de se convertir nun firme defensor da paz. Para tratar de evitar a acción dos soldados, Claudia e Heron se refuxian nun castelo medieval. A narración sigue as aventuras da xoven parella a través dunha Europa devastada pola guerra.
A película representou o debut como actriz de Anjelica Huston, filla do realizador John Huston, con 18 años.
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos
CUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos
FICHA TÉCNICA
No hay comentarios:
Publicar un comentario