Película baseada na famosa novela homónima do escritor francés Emile Zola, na que un pobo mineiro do norte de Francia se rebela contra a opresión dos patróns a mediados do século XIX. Nesta época os mineiros vivían en pésimas condicións, traballaban moi cedo, como os seus fillos, e arriscaban as súas vidas nas minas debido aos frecuentes derrumbes. Os mineiros cobraban por vagoneta, non por horas, e por iso non se preocupaban de fortalecer os soportes das minas. A situación provocou que os traballadores protestaran e ao final lles pagaran os soportes a parte, pero baixando o precio da vagoneta, co cal sempre saían perdendo frente ao patrono. Estes tratos inhumáns cara aos obreiros desembocaron na aparición da AIT (Asociación Internacional de Traballadores).
Neste entorno, Etienne Lantier, un xoven parado convertido en mineiro, descubrirá en Montsou, ao Norte, a miseria, o alcoholismo e toda unha humanidade en sufrimento condenada polo capital, que o levará a comprometerse coa loita socialista. Pero algo brilla en medio deste caos: o amor que une a Etienne con Catherine. A folga será dominada polo exército, pero Etienne se irá coa esperanza de que todo ese sangue non foi derramado inutilmente.
FICHA TÉCNICACUALIFICACIÓN: Maiores de 13 anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario