As nosas pelis

Mostrando las entradas para la consulta shakespeare ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas para la consulta shakespeare ordenadas por relevancia. Ordenar por fecha Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de abril de 2008

"Hamlet de William Shakespeare" de Kenneth Branagh (1997)

Adaptación da obra de Shakespeare tal e como indica o título, pero trasladando os acontecementos a finais do século XIX nun entorno resplandecente, lonxe dos ambientes medievais de sombras e castelos.
Respeta ó máximo o texto orixinal, de modo que todos os recursos visuais e sonoros están ó servicio da palabra.
Hamlet presentase coma un personaxe contradictorio, cobarde, heroico, atractivo, repulsivo, cruel, xeneroso,...., tal e como o serían aqueles que viven atormentados pola necesidade de vingar a morte do seu pai derrocando a figura materna.
Infórmate sobre o Hamlet de Shakespeare
FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"Looking for Richard" de Al Pacino (1996)

Esta obra, rodada a modo de documental por Al Pacino, representa o seu debut como director. A película recapacita sobre a preparación necesaria para realizar unha versión cinematográfica da obra de William Shakespeare "Ricardo III". A medida que o director profundiza nesta traxedia e ensaia cos actores, reflexiona ao mesmo tempo sobre Shakespeare, sobre a contemporaneidade dos seus textos e sobre a dificultade para facer as súas obras máis accesibles ao gran público.
FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Tódolos públicos

miércoles, 18 de febrero de 2009

"Trono de sangre" de Akira Kurosawa (1957)

Adapatación do dram de Shakespeare "Macbeth" ambientado no Xapçon medieval.
En plemas guerras civís no Xapçon dous xenerais, Washizu e Miki regresan da guerra. Unha anciá revélalles o seu futuro. Un será rei e será sucedido polo fillo do seu amigo que o matará. Esto desperta a guerra entre ambos.
É unha boa oportunidad de disfrutar dun clásico shakesperiano ó mesmo tempo que vemos como sería o Xapón medieval.
Na wikipedia podesdes atopar moita información sobre esta película e sobre a obra de Shakespeare. Se aínda queredes saber máis entrade na seguinte páxina.

sábado, 29 de marzo de 2008

"Shakespeare in love" de John Madden (1998)

Historia de ficción a cerca da xuventude de Shakespeare, un autor teatral desesperado por atopar a inspiración que necesita para seguir escribindo a obra que lle prometera o director do "Teatro da Rosa", para quen traballa. A chegada á súa vida da noble Lady Viola, da cal se enamora , soluciona o problema: apasionado, comeza a escribir "Romeo e Xulieta". Para satisfacer a súa pasión polo teatro e estar máis cerca do seu amado, Viola disfrazarase de home co fin de intepretar o papel de Romeo, xa que ás mulleres lles estaba prohibido ser actrices. Pero este segredo pronto será descuberto...
Acción, enredo, amor e humor son parte importante desta película ganadora de sete Óscars.

Se queres ver imaxes da película.

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

domingo, 6 de abril de 2008

"Mucho ruido y pocas nueces" de Kenneth Branagh (1993)

Romántica historia de amor e combate dialéctico concebida por William Shakespeare fai máis de 400 años, onde se relatan dous romances apaixoados: un mordaz e divertido (Beatrice e Benedicto) e outro doce e enganoso (Hero y Claudio).
Logo dunha importante batalla, Don Pedro de Aragón regresa a casa do seu amigo Leonato, unha fermosa vila da campiña italiana. Entre os homes que o escoltan atópanse o seu íntimo amigo, Benedicto, quen só encontra diversión en ter disputas dialécticas con Beatriz, a sobriña de Leonato, e un mozo chamado Claudio, que se namora perdidamente de Hero, a filla do anfitrión.
O director, Kenneth Branagh, ofrécenos un film cheo de alegria, con cores vivas, brancos luminosos, sol omnipresente, paisaxes exhuberantes... Todo invita a vivir nesta comedia na que os enredos están moi presentes. A destacar a actuación do propio Branagh e da súa muller, Emma Thompson.

Ver imaxes da película

Ficha Técnica

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"Romeo y Julieta" de Baz Luhrmann (1996)

En Verona Beach sucedense os enfrontamentos entre as dúas familias máis poderosas (os Montesco e os Capuleto), para impoñer o se dominio. Dentro dun contexto urbano que non descarta a violencia, Fulgencio Capuleto organiza unha festa a que asiste Romeo Montesco. Durante a festa, os Capuleto intentan que a súa xoven filla Julieta se comprometa co arrogante Dave Paris. Sen embargo, cando Romeo e Julieta se contemplen de forma casual, xurdirá desde o primeiro momento o amor entre eles.
Unha moi pouco convencional adaptaciòn do clásico de William Shakespeare.

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAIÓN: Maiores de 13 anos

domingo, 6 de abril de 2008

"El mercader de Venecia" de Michael Radford (2004)

Enmarcada na Venecia do século XVI, este eterno drama de Shakespeare sigue o destino e a fortuna dun grupo de nobres cristiáns e a súa relación co prestamista xudeu Shylock. Antonio acepta dinero prestado de Shylock para axudar ó seu arruinado amigo Bassanio a conquistar a man da fermosa Porcia Ó non selle devolto o préstamo e furioso polo antisemitismo da época, Shylock reclama que se lle resarza cunha libra da carne do propio Antonio.
A destacar, o reparto: Al Pacino, Jeremy Irons, Joseph Fiennes...

Ficha técnica
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

"Othello" de Oliver Parker (1995)

Adaptación do clásico de Shakespeare, onde a trama xira en torno aos celos. Otelo, un oficial moro namorado de Desdémona, deixa Venecia para dirixir o exército de Venecia en Chipre. Pero Desdémona, filla do noble mercader Brabancio, desafía a proibición do seu pai para entregarse a su amado, e xunto con Casio, se unen a Otelo en Chipre. Esta secreta unión é observada por Yago, ferido no seu honor por non ser elixido como man dereita de Otelo, ao que convence de que Desdémona foi infiel con Casio...

FICHA TÉCNICA
CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"Ran" de Akira Kurosawa (1985)

No Xapón feudal da Era Sengoku ten lugar a caída do poderoso clan Ichimonji despois de que o seu patriarca, dono de moitas terras e castelos, decida repartir a súa herdanza entre os seus tres fillos. O castelo que recibirá cada un deles non colma as súas ambicións. O reino desíntegrase como culminación da vinganza e a traizón.
Translación da obra teatral O rei Lear de W. Shakespeare á que se suman antigas lendas xaponesas. Ran en xaponés significa caos.
Algunhas curiosidades da rodaxe

FICHA TÉCNICA

CUALIFICACIÓN: Tódolos públicos

domingo, 6 de abril de 2008

"Enrique V" de Kenneth Brannagh (1989)

Enrique V, recén proclamado rei de Inglaterra, non é máis que un títere dos poderosos: convencido para invadir Francia, decídese a entrar en guerra para reivindicar o trono do país veciño. A guerra culmina na sanguenta batalla de Agincourt y, pouco a pouco, o rei debe loitar contra a moral cada vez máis baixa das súas tropas e contra as súas propias dúbidas.A película amósanos a brutalidade dos conflictos medievais e as complexas reaccións dos homes que en ocasións non están seguros nin tan sequera da xustiza da súa propia causa.
É tamén intresante ver a magnífica adaptación que o gran actor e director teatral, Kenneth Branagh fai da inmortal obra de Shakespeare.
Para saber un poco máis da guerra durante a Idade Media
Ficha técnica
CUALIFICACIÓN : Tódolos públicos

lunes, 7 de abril de 2008

"Ricardo III" de Richard Loncraine (1995)

Versión da obra homónima de W Shakespeare, trasladando a acción a unha imaxinaria Inglaterra fascista dos anos 30.
O cruel e cínico Ricardo irá eliminando un a un todos os compoñentes da familia real para facerse coa coroa. É a historia dun hoe obsesionado polo poder, un home ó que a natureza non dotou de encantos físicos e que se serve da conspiración, o engano e o crime para lograr os seus obxectivos.
A célebre frase "o meu reino por un cabalo"

FICHA TÉCNICA
CUALIFICAICÓN: Maiores de 13 anos